9 de nov. de 2021

A GUARDA

A comisión organizadora da homenaxe a Eliseo Alonso da por concluído seu labor  

Os actos na lembranza do insigne escritor, etnógrafo, poeta e xornalista, terán lugar na vila de A Guarda, o sábado día 27 de novembro 

 

No centro da imaxe, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, con Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Cultura; Marta Verde Rodríguez, secretaria da Sociedade Filatélica e Numismática Gaurdesa; Antonio Martínez Vicente, membro da Asociación InfoMAXE; e Ricardo Rodríguez Vicente, cronista de A Guarda, son os compoñentes da Comisión Organizadora da Homenaxe a Eliseo Alonso Rodríguez

Foto: Jorge Alonso

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A relación de amizade, apoio á diversas iniciativas, colaboración, difusión e investigación dos valores patrimoniais vencellados coa cultura mariñeira, e as nosas tradicións,…, que ao longo da súa andaina vital mantivo Eliseo Alonso Rodríguez (Goián - Tomiño, 1 de marzo de 1924 – La Habana – Cuba, 18 de novembro de 1996), coas xentes de A Guarda, son, entre outras, algunhas das razóns polas cales, desde fai anos, varias persoas da vila guardesa, relacionadas co mundo da cultura, viñan propoñendo un público recoñecemento institucional á figura do escritor, etnógrafo, poeta e xornalista goianés. Esa proposta foi en boa hora acollida e tida en unánime consideración polos portavoces dos grupos municipais representados na Corporación Municipal do Concello de A Guarda. Partindo desa premisa, foi creada – como xa se informou oportunamente -  unha Comisión Organizadora da Homenaxe a Eliseo Alonso Rodríguez, que ao longo deste ano 2021 viu realizando seu labor, focalizado nas diferentes áreas nas que o ilustre polígrafo desenvolveu súa actividade creativa, divulgadora e investigadora. De xeito paralelo, os componentes da devandita comisión, mantiveron unha constante e fluída relación coa familia de Eliseo Alonso, coñecedora e partícipe, desde o primeiro momento, do obxectivo proposto.   

 A día de hoxe, unha vez concretados os contidos do programa de actos e a data da homenaxe institucional e cívica, a devandita Comisíón Organizadora da por concluido seu labor, pendente únicamente da instalación das exposicións (unha filatélica e outra biobibliográfica), que serán anunciadas oportunamente, e que poderán visitarse na Casa dos Alonso, do 27 de novembro ao 10 de decembro de 2021.   

 Como avance dos actos previstos, podemos adiantar que a homenaxe a Eliseo Alonso Rodríguez terá lugar o día 27 de novembro, ás 11:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello (Praza do Reló, nº 1), de A Guarda. Comezará cunha sesión plenaria extraordinaria da Corporación Municipal, presidida polo alcalde Antonio Lomba Baz. Nesa sesión, segundo o establecido no Regulamento de Honras e Distincisóns,  procederase a declarar a Eliseo Alonso Rodríguez, Fillo Adoptivo de A Guarda, a título póstumo.   

 A continuación será presentada unha nova edición - en galego -,  promovida pola Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda, do libro “Gamelas e Mariñeiros”, de Eliseo Alonso.  

 Momentos despois, terá lugar a inauguración dunha exposición filatélica adicada a Eliseo Alonso, que contará cunha tarxeta postal ilustrada personalizada e franqueada con un selo personalizado; un selo personalizado coa gamela a vela de A Guarda; e un sobre ilustrado co cuño postal conmemorativo.    

 Nesa mostra filatélica participarán os seguintes expositores, coas respectivas coleccións: Luciano Lomba Vicente, con "Enteros postales ilustrados de España"; Marcelino Portela Lorenzo, con "Entretenimientos"; Marta Verde Rodríguez, con "Al son de la gaita"; José Ángel Gándara Rodríguez, con "El fechador de 1842 en Galicia"; Teodosio González Ferreira, con "Jack. Una historia inacabada"; Almudena Taboada Lago, con "Terra Australis Ignota"; Cristina Domínguez Rotea, con "Izando velas, descubrimos y comercializamos"; Alfonso Dorado Senra con "Lorca y su entorno"; e Antonio Martínez Martínez con "Escritores gallegos".   

 Unha vez posto en circulación o material filatélico deseñado específicamente para esta exposición, procederase á inauguración da exposición biobliográfica que leva por título xenérico: Eliseo Alonso. Camiñando cara ao mar da Guarda.   

 Para esa mostra, os organizadores fixeron un labor de síntese da singradura literaria de Eliseo Alonso Rodríguez, ofrecendo unha panorámica da producción (poética, prosística, xornalística,…) deste prezado autor, así como diversos documentos gráficos directamente relacionados coa súa figura, así como con persoaxes como Antonio Fernández Gómez, Eduardo Blanco Amor, Fermín Bouza Brey, Xosé Otero Abeledo (Laxeiro), Xavier Pousa Carrera, Xoán Piñeiro Nogueira,…, e por suposto, algunhas figuras icónicas de A Guarda, como Santiago Baz Lomba (O Tío Santiaguiño), Manuel Cadilla Baz,…, entre outros.    

 Serán, pois, dúas exposicións que foron concibidas para seu desfrute por toda á cidadanía, en xeral, e con vocación do seu aproveitamento polos docentes e escolares de A Guarda e súa contorna.   

 A xornada de homenaxe a Eliseo Alonso terá como colofón á inauguración dun monumento a súa lembranza, realizado por alumnos da Escola de Cantería, da Deputación de Pontevedra. A obra, en pedra do país, será ubicada preto do mar que tanto atraía ao escritor miñoto, e por suposto, preto tamén da veciñanza de A Guarda, coa que Eliseo Alonso mantivo sempre unha especial simbiose.

A GUARDA

A asemblea de traballadores/as da fábrica de IKF, nas Cachadas, aposta por continuar coa folga até lograr un acordo que recolla as súas demandas 

O comité de empresa denuncia a pasividade da Xunta diante da  chantaxe e das presións por parte da transnacional francesa  


Traballadores/as da fábrica de IKF nas Cachadas nunha concentración na praza do Reló, fronte ao Concello de A Guarda

Fotos: CIG

Infogauda / A Guarda

 A asemblea de traballadores/as da fábrica de IKF nas Cachadas (A Guarda) decidiu onte continuar coa folga indefinida até lograr un  acordo que recolla as súas demandas, que pasan por manter os dereitos laborais adquiridos tras décadas de negociación colectiva. Dende o comité de empresa, presidido pola CIG, denuncian "a pasividade da Xunta diante da chantaxe e as presións da transnacional, que insiste en impoñer a  prolongación da dobre escala salarial que suporía diferencias de 5.200 euros anuais entre persoal que desenvolve as mesmas funcións."

 

Grupo de traballadores/as de IKF concentrados diante da fábrica das Cachadas
 

 Os empregados/as de IKF, que levan máis de 60 días de paros, apostan deste xeito por manter a súa  loita para forzar a dirección a dar marcha atrás na súa intención de precarizar as condicións laborais. “Queren cargarse o pacto de empresa que custou 40 anos conseguir; para nós é fundamental a  supervivencia da compañía, pero non a calquera precio; por iso a Xunta ten que volcarse na defensa  do emprego, pero teñen que ser postos de traballo dignos, non en condicións de pobreza e miseria”. 

 Así de contundentes se amosan dende a representación do cadro de persoal e dende a CIG-Construción a medida que pasan os días e o conflito de IKF ameaza con cronificarse como  consecuencia da desidia da Administración autonómica. “É incríbel que dende que os  traballadores/as foron ao Parlamento hai 15 días a conselleira de Traballo aínda non atopase un oco na súa axenda para manter unha xuntanza nin con eles/as nin coa empresa, unha das máis  importantes do Baixo Miño, unha zona cun grave problema de desindustrializaición”, lamentan. 

 Por iso inciden en que a pesar da inacción do Goberno galego, que ten plenas competencias en  materia indistrial, non van permitir “que unha transnacional coma esta, que factura máis de 3000  millóns de euros ao ano, veña a rematar cunha das poucas grandes empresas da comarca que  contaba con certos dereitos laborais”. E censuran que para conseguilo a dirección estea botando  man dunha campaña de “acoso e derribo” baseada na “chantaxe e nas presións”.  

 Lembran que o principal atranco da negociación segue a ser a intención da empresa de prolongar até 11 anos a dobre escala salarial que establece diferencias de 5.200 anuais para as mesmas categorías  laborais. A pesar de que polo de agora esta medida só afecta a tres empregados/as a práctica totalidade do cadro de persoal de produción está a secundar a folga e as mobilizacións en  solidariedade cos compañeiros/as e en defensa das súas condicións de traballo. 

 Neste senso, teñen moi claro que a intención última da empresa é ir desfacéndose dos operarios/as  que lles saen “máis caros/as” para ir contratando persoal con soldos máis baixos. “Pero os  afectados/as están dispostos/as a chegar a onde faga falta para evitalo”. Finalmente, lamentan tamén o papel que están a xogar os medios de comunicación públicos, “que seguen a ocultar o conflito a  pesar de tratarse dunha das principais empresas da bisbarra”.

A GUARDA

ANABAM VÉN DE PUBLICAR UN NOVO NÚMERO DO SEU BOLETIN "CARRIZAL"

Correspondente aos meses de xullo-agosto, 2021



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Ao tempo que dámoslle ás grazas a Agustín Ferreira Lorenzo, presidente da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), e a súa vez director-coordinador da publicación, que novamente tivo a ben achegarnos un exemplar, vimos de receber o nº 8 (Época II), do "Carrizal", correspondente aos meses de xullo-agosto, 2021, sobre o cal queremos facer uns breves apuntamentos.

 "Carrizal", como muitos dos lectores de Infogauda saben, é o boletín informativo de ANABAM, entidade con sede na rúa Calvario, nº 44 – baixo (A Guarda), que ten como principais fins a observación, defensa, protección, estudo, e divulgación do patrimonio natural, etnográfico e cultural do Baixo Miño galego-portugués.

 A publicación leva na portada unha fotografía tirada polo destacado fotógrafo rosalés Luis Dorado Senra, nos “arredores do muíño das Aceñas, río Tamuxe, O Rosal.”

 No interior, ademais da información da composición da xunta directiva da entidade consernacionista, e dos medios de contacto (teléfono, WhatsApp, Messenger, enderezo electrónico,...), infórmase que as persoas socias de ANABAM, están exentas de pagar a cota correspondente ao ano 2021. Retomarase o pago a partir do vindeiro ano 2022.

 Asemade, o boletín - que conta (como consta na contraportada) cunha subvención económica do Concello de A Guarda – informa das “actividades e accións previstas” (sic), ainda que en realidade xa realizadas no momento de sair da imprenta a publicación; acolle nas súas 42 páxinas impresas a toda cor en offset, empregando papel reciclado, o seguinte índice de artigos:

 O sector de Mergelina, de Antón Ferreira Lorenzo.

 Final para o salto de Sela / Barragem de Cela.

Avalación da potencial contaminación no porto da Guarda, de Daniel Zarco Fernández.

Pegadas, rastros e sinais dos animais, de Agustín Ferreira Lorenzo.

 Detección de bacterias degradadoras de hidrocarburos nas augas superficiais da zona portuaria da Guarda, de Nayara Diego Rodríguez.

Sabías que…?

Gaivota cabecinegra viaxeira.

Estudo comparativo da diversidade xenética dunha poboación de Charadrius alexandrinus, de Iria Sanz Berridy.

Escaravellos do Baixo Miño. Typhaeus (Typhaeus) typhoeus, de Javier Blanco-Souto.

A propósito do primeiro rexistro na Guarda dunha gaivota anelada. Recopilada por Antón Ferreira Lorenzo.

Trampas velutina, de Agustín Ferreira Lorenzo.

Sobreiras da Madalena catalogadas como árbores senlleiras.

Cousas de ANABAM

-         Convenio ANABAM – CIFP “A Granxa” – Ponteareas.

-         Aniversario dos proxectos píllara e Borrelho.

-         Protección borrelho no norte portugués 2021.

Apuntes da nosa historia: primeiro cursiño ornitolóxico.

 

 Como se indica no boletín as persoas interesadas en publicar artigos neste boletín poden dirixirse a ANABAM por correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com) ou WhatApp (616 180 557). Os artigos teñem que ter relación directa ou indirecta coa bisbarra do Baixo Miño, dando preferencia a aqueles que traten asuntos da natureza e medio ambiente.

 As persoas que non sexan asociadas a ANABAM poden subscribirse ao "Carrizal", e dese xeito, ademais de apoiar as actividades que realiza ese colectivo, recibirán 6 números/ano. O importe da subscrición é - a día de hoxe - 35 euros/ano.

A GUARDA

A praza de Avelino Vicente converteuse nun novo punto neurálxico da vila  

As seguintes actuacións que o goberno local, presidido por Antonio Lomba ten programadas son: a humanización do entorno da igrexa parroquial; a humanización da rúa Manuel Rodríguez Sinde e a redacción do proxecto de humanización da rúa Joaquín Alonso


Vista da praza Avelino Vicente tras a humanización da rúa Concepción Arenal
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A humanización da rúa Concepción Arenal converteu a praza de Avelino Vicente nun verdadeiro punto neurálxico da vila. Un novo eixe da vida social Guardesa.  

 Na actualidade a praza de Avelino Vicente é un espazo para reunión e o desfrute da cidadanía, que se emprega cada vez máis para a realización de eventos coma presentacións, actos culturais, de promoción económica e talento, feiras ou concertos. Un verdadeiro espazo social para uso e goce dos veciños e veciñas.  

 Trátase dun espazo moi céntrico, que grazas ao seu deseño con árbores, mobiliario e xardineiras está sendo moi utilizado pola cidadanía guardesa. As terrazas alí emprazadas posibilitan ademais o esparcemento e desfrute tanto de familias como dos visitantes e turistas que téñense achegado ata nosa localidade.  

 Ao longo deste 2021 a praza de Avelino Vicente acolleu o II Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño; actuacións musicais promovidas polo CIM (Centro de Información á Muller); concertos; saídas e metas de eventos deportivos; Mostra Creativa do Baixo Miño; entre outros. Tamén está previsto realizar nesta contorna urbana parte da programación de outono e do Nadal 2021/22.  

 Grazas a humanización da rúa Concepción Arenal xeráronse espazos de uso peonil dos que destaca a praza de Avelino Vicente. A humanización doutro punto neurálxico, a praza do Reló, está xerando tamén ao seu arredor rúas de preferencia peonil. 

 "O equipo de goberno municipal seguirá humanizando e gañando espazos públicos para a cidadanía, co obxectivo de crear focos de atracción para as persoas, configurar unha vila máis amable, mellorar a calidade de vida da cidadanía e poñer o noso humilde gran de area para a loita contra o cambio climático fomentando a mobilidade peonil fronte ao uso do vehículo particular", indican desde o executivo municipal de A Guarda. 

 As seguintes actuacións que o goberno local, presidido por Antonio Lomba ten programadas son: a humanización do entorno da igrexa parroquial; a humanización da rúa Manuel Rodríguez Sinde e a redacción do proxecto de humanización da rúa Joaquín Alonso, tamén coñecida como Praza Nova. Para a redacción deste proxecto o concello conta co financiamento da Deputación de Pontevedra por ser unha vila da rede Ágora pola valorización do espazo público. 

A GUARDA

A asociación Érguete Baixo Miño conta coa  declaración de utilidade pública 




Xunta Directiva de Érguete Baixo Miño /  A Guarda

 Froito do traballo de varios anos, o pasado día 04 de novembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 212 a Orde pola que se declara de utilidade pública a Asociación Érguete Baixo Miño.   

 A declaración de utilidade pública é un recoñecemento social da labor que realizan as entidades sen ánimo de lucro como a nosa, e supón o máis importante recoñecemento e a máxima distinción administrativa que se lle pode outorgar a unha ONG en virtude da actual lexislación en materia de asociacións e entidades sen ánimo de lucro.  

 Esta distinción, que nos considera un instrumento dinamizador da realización de actividades de interese xeral, responde a un claro beneficio para a colectividade da Comarca do Baixo Miño.  

 Por outra banda, a declaración de utilidade pública supón un beneficio para os/as doantes que colaboran coa nosa ONG, podendo desgravarse as cotas ou doazóns.   

OIA

PATRIMÓNIO

Considerações paisagistas em Oia  

(170ª parte)    


Vista do mosteiro de Oia
Foto: Santiago Baz Lomba

ENCONTROS POLIORCÉTICOS / Oia    

 Assim  sendo,  um  grupo  de  especialistas  em  conservação,  arquitetura,  urbanismo  e  planeamento  ambiental  encontraram-se  em  Veneza,  em  novembro  do  ano  de  2006,  concordando  em  que  tinha  chegado  o  momento  de  dar  esclarecimento  à  'Carta  de  Veneza  de  1964'  e  à  sua  interpretação  (En  letra  redonda  estará  nuestro  parecer:  son  16  artículos,  algunos  de  ellos  significativamente  revisados):  

  Análise  do  Preâmbulo  e  do  Contraditório  estabelecido:   Preâmbulo  sublinha  'a  responsabilidade  comúm  de  salvaguardar  os  monumentos  antigos  para  futuras  gerações  e  entregá-los  em  toda  a  riqueza  da  sua  autenticidade'.  Agora,  no  entanto,  'entende-se  que  um  qualquer  acto  de  conservação  ou  restauração  é  inevitavelmente  um  acto  de  alteração  baseado  num  conhecimento  historicamente  parcial. (A  segmentação  cronológica,  a  parcialidade,  é  premissa  fundamental  que  não  se  pode  preterir..!!).  Dai  que  'o  objectivo  de  autenticidade  não  se  deve  interpretar  como  a  exigência  de  um  estado  absoluto  de  preservação  de  momentos  pré-categorizados  no  tempo.  Antes  bem,  deve  refletir  o  complexo  padrão  de  câmbio  e  recorrência  através  das  idades,  incluindo  o  presente.  Deve  estabelecer-se  quer  em  materiais  interpretativos,  quer  nas  técnicas  de  uma  correta  conservação'.  (Por  quê  carga  de  água  se  bate  sempre  na  tecla  interesseira  do  "complexo  padrão  de  câmbio"  ou  nas  "idades"  ?).  

Artigo  Um  e  o  seu  Contraditório: 

 'Inclui  sabiamente  as  envolventes  urbanas  e  rurais  na  definição  de  'Monumento  Histórico'.  Opõe-se  como  contraditório  o  seguinte:  'Observamos  que  isto  também  pode  incluir  um  padrão  de  assentamento  único  -  historicamente  -  ou  uma  estrutura  organizativa  dentro  da  paisagem,  o  que  pode  incorporar  conhecimentos  importantes  para  futuros  assentamentos'. (Quere-se  legitimar  a  mistura  dos  enformados  novos  e  velhos,  de  maneira  que  isso  suporá  a  legitimação  da  transversalidade  compositiva  desta  arquitetura  globalizada;  existe  de  facto  um  comensalismo  à  vista).    

Artigo  Dois  e  o  seu  Oponente:  

 'Requere-se  o  recurso  de  todas  as  ciências  e  técnicas  que  possam  contribuir  ao  estudo  e  salvaguarda  do  legado  arquitetónico'.  Responde-se  a  isto:  'Ressalvamos  a  importância  da  investigação  científica,  particularmente  para  o  conhecimento,  -útil,  mas  descurado-, personificado  nos  monumentos  históricos, podendo resultar  relevante  de  maneira  imprevisível  para  os  nossos  desafios  atuais  e  futuros.  A  participação  do  público  nos  intercâmbios  científicos,  educativos  e  políticos  sobre  estos  temas  é  vital'. (Há  múltiples  reticências  nossas  quanto  a  isso,  designadamente  em  Oia).  



 

Artigo  Quatro  e  o  seu  Contraditório:

 'Requere-se  a  manutenção  permanente  dos  monumentos'.  Comentário  opositor  salienta  o  seguinte:  'A  manutenção  que  utilize  elementos  novos  compatíveis  não  é  'falso  historicismo',  desde  que  esses  novos  elementos  possam  ser  facilmente  diferenciados  por  expertos,  o  com  a  ajuda  de  materiais  interpretativos' (Apoio  expresso  à  arquitetura  desimpedida  do  presente  é  aqui  chamada  ao  regozijo).  

Artigo  Cinco  e  o  seu  Contraditório: 

 Na  versão  original  'proibe  câmbios  na  distribuição  de  um  edifício,  mesmo  quando  utilizado  para  algúm  propósito  socialmente  útil'.  Revisionistas  respondem  assim:  'Mas  tais  mudanças  podem-se  permitir  onde  a  alternativa  é  ameaça  para  a  sobrevivência  de  um  edifício,  onde  os  câmbios  não  são  desarmónicos  (no  Artigo  6  pede-se  isto)  e  donde  se  conserve  uma  cuidada  documentação  desses  câmbios.  Na  medida  do  possível,  tais  deveriam  incorporar  a  qualidade  e  estrutura  espacial  original  do  edifício'. (Estarão  a  falar  por  acaso  da  abertura  do  Pátio  dos  Laranjais  em  Oia,  dos  translúcidos?).  

(Continuará)  

Artigo precedente.

OIA

Os Bolechas visitarán Oia o 14 de novembro 

Coa súa nova aventura “O Camiño marciano”

   


Infogauda / Oia

 Os Bolechas visitarán Oia o próximo día 14 de novembro para compartir unha nova aventura coas familias do concello. Nesta ocasión, presentarán a actividade Os Bolechas fan o Camiño Marciano no Centro Cultural de Mougás.  

 Os Bolechas fan o Camiño Marciano é un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de entre 4 a 9 anos e as súas familias. A proposta combina xogo e diversión xunto coa aprendizaxe.  

 As coñecidas personaxes de Pepe Carreiro, Loli, Chispa, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos traen a Oia unha nova aventura: queren facer o Camiño de Santiago, pero resulta que xa teñen percorrido todas as rutas xacobeas. Deberán repetir algunha? Poderán, incluso, crear unha nova?  

 Estas interrogantes despexaranse na representación teatral que terá lugar o domingo 14 de novembro a partir das 18.00 horas no Centro Cultural de Mougás. Esta actividade lúdica e didáctica enmárcase na iniciativa Falaredes 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

O ROSAL

A ruta dos muíños do Folón e do Picón xa é máis accesible  

O veciño do Rosal, Manuel Sobrino, realizou todo o percorrido na cadeira todo terreo que adquiriu o Concello   


Manuel Sobrino na cadeira de rodas todo terreo do Concello do Rosal, desfrutando das paisaxes que ofrece a visita ao conxunto etnográfico dos muiños do Picón e do Folón

O veciño, Manuel Sobrino, rematou a ruta dos muíños do Folón e do Picón  na nova cadeira todo terreo que adquiriu o Concello

Fotos: C.O. R.

Infogauda / O Rosal 

 O Rosal continúa no seu percorrido para converterse nun municipio máis accesible e inclusivo. O veciño, Manuel Sobrino Senra, rematou a ruta dos muíños do Folón e do Picón  na nova cadeira todo terreo que adquiriu o Concello. Un gran salto na inclusividade e accesibilidade dun dos lugares de maior riqueza natural e patrimonial do Rosal que, en palabras de Sobrino, por fin “deixa de ser inaccesible… Non hai palabras para describilo”.  


Cruzando o Río da Cal por un paso de poldras 
A alcaldesa e membros da Corporación Municipal do Rosal, con familiares de Manuel Sobrino e amigas/os do  Club ADN Rías Baixas

 

 A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que nos muíños do Folón e do Picón “a cadeira demostrou que é eficaz en superficies de gran pendente”, e engade que os rosaleiros e rosaleiras con mobilidade reducida “pronto desfrutarán dun servizo permanente para facer sendeirismo de xeito programado acompañado dun equipo de voluntarios e voluntarias”. A rexedora tamén quere agradecer a Manuel Sobrino “o seu esforzo e dedicación”, e ao Club ADN Rías Baixas que “nos acompañarán neste fito para a accesibilidade no noso concello”.  

 Esta aposta polo sendeirismo inclusivo enmárcase dentro do proxecto Cocreando Sociedade, co que o Rosal trata de estreitar lazos entre tecido asociativo, administración local e entidades que traballan a prol da diversidade para deseñar de forma conxunta estratexias e iniciativas inclusivas.

O ROSAL

Producións Teatrais Excéntricas presenta a súa “Estrela do día” no Rosal  

A obra de teatro será o domingo 14 ás 19.00 horas no Auditorio Municipal con entrada de balde ata completar aforo  


Un momento da representación teatral “Estrela do día”

Foto: C.O.R.
 

Infogauda / O Rosal

 O Rosal continúa coa súa programación outonal con máis teatro. O vindeiro domingo 14 de novembro ás 19.00 horas Producións Teatrais Excéntricas representará no Auditorio Municipal a obra “Estrela do día”, unha obra para que o público recupere a fe no teatro, “o único lugar onde o milagre aínda é posíbel”. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir a un espectáculo “moi divertido e con entrada de balde ata completar aforo”.   

 A obra de Excéntricas comeza cunha serie de preguntas... Sabías que se conservan mais de 400 milagres de Santa María, en códices do século XIII en galego? Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis sorprendentes para axudar ás persoas infelices que llo pedían? Sabías que nos tempos de medo e incerteza que estamos a vivir, hai millóns de persoas que seguen a pedir un milagre de María, a Estrela Matutina? Sabías que a maioría dos milagres da Señora serían hoxe condenados pola igrexa e perseguidos polo código penal? 

 “Estrela do día” é unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (asombrosamente parecidos aos daquel século XIII) Volverán a desfilar diante dos nosos ollos, neste retablo do século XX, os soldados que foxen da guerra, a mociña obrigada a casar con quen non quere, os que expulsados dos seus lares son amoreados como gando, os presos por roubar comida, a monxa que foxe do convento, o que cansado deste mundo quere vivir noutro sen morrer, o que perde unha pelota e daría o que ten para seguir xogando, a que foxe da manda de brutos que a acosan, os que perden a compaña do animal que prefiren a calquera humano, a que procura a curación da enfermidade mortal... Dramas resoltos pola intervención milagreira de María con aparicións dignas da mellor estrela do día. 

TOMIÑO

O EXÉRCITO DO AIRE REALIZARÁ EXERCICIOS DE BUSCA E DE SALVAMENTO O DÍA 11 DE NOVEMBRO EN TOMIÑO 

A ZONA ELIXIDA PARA AS PROBAS TERRESTRES ESTÁ NAS PROXIMIDADES DAS POBOACIÓNS DE OS MUROS E  VILACHÁN DO MONTE 


Na imaxe unha unidade de Salvamento Aéreo
Foto: Cedida

Infogauda / Tomiño

 O Centro Coordinador de Salvamento Aéreo de Madrid (ARCC Madrid) do Exército do Aire, realizará en Tomiño o vindeiro xoves (11 de novembro), un exercicio de procura e salvamento aéreo chamado “MADRISAR-21” que constará, tanto dunha fase terrestre, como marítima. 

 Así o comunicou á alcaldesa de Tomiño o capitán Alejandro Álvarez destinado no mencionado centro coordinador de salvamento.  A zona elixida para o exercicio terrestre será nas proximidades das poboacións de Pinzás e de Vilachán do Monte, en horario de 9.00 a 14.30 ou 15.00h.  

 No exercicio en fase terrestre, simularase un accidente aéreo preto da fronteira con Portugal e buscaranse os restos do avión e sobreviventes por varios puntos espallados, para logo rescatalos con helicópteros. Agárdase que participen 1 ou 2 avións e 4 helicópteros.  

 Este exercicio levarase a cabo de forma coordinada coa Delegación do Goberno, Protección Civil, Axega 112, Garda Civil, Cruz Vermella, etc. 

TOMIÑO

A Concellalía de Servizos Públicos leva a cabo obras de saneamento no barrio de San Benito  

A nova intervención suporá un investimento de 45.000 e dará servizo a unha vintena de vivendas, ao longo de medio quilómetro de colectores   


Obras de ampliación da rede  municipal de saneamento no barrio de San Benito
Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño

 A Concellalía de Servizos Públicos leva a cabo obras de saneamento no barrio de San Benito, co fin de ampliar a rede municipal, na que se levan investidos no que vai de ano máis de 200.000 euros.  

 A nova intervención suporá un investimento de 45.000 euros e abastecerá a unha vintena de vivendas, ao longo de medio quilómetro de colectores. Segundo informa o concelleiro da área, Lois Vázquez, as obras durarán aproximadamente un mes; polo que se mantivo hai uns días unha xuntanza cos veciños da zona, que desde hai tempo viñan solicitando poder conectarse á rede municipal.  

 Ao mesmo tempo, estanse a rematar as obras de saneamento en Vilachán, a pe do monte, que darán servizo a outros veciños/as.  

 Paralelamente, continúanse desenvolvendo traballos de mantemento, debido á existencia de problemas de eliminación de augas pluviais que se filtran na rede en época de chuvia. 

CAMINHA

Câmara Municipal abre sorteio para espaços de venda vagos na Feira Semanal de Caminha




Infogauda / Caminha

 Está a decorrer o processo para o sorteio dos espaços de venda vagos na feira semanal de Caminha. Os espaços destinam-se à venda de têxteis, produtos diversos, marroquinaria, bijuteria e retrosaria; calçado, cerâmicas e utilidades domésticas e produtos alimentares. As candidaturas ao sorteio terminam no dia 30 de novembro.  

 Este sorteio contempla vários espaços de venda. No setor 1 estão disponíveis os seguintes espaços: espaço de venda n.º 2 – produtos diversos (mobiliário, tapeçarias, atoalhados, bijutaria, retrosaria e marroquinaria, têxteis, cerâmicas e utilidades domésticas, cestaria, ferramentas, alfaias e equipamentos agrícolas, ferragens e cutelaria) – Área de 30,00 m2; espaço de venda n.º 3 – produtos diversos (mobiliário, tapeçarias, atoalhados, bijutaria, retrosaria e marroquinaria, têxteis, cerâmicas e utilidades domésticas, cestaria, ferramentas, alfaias e equipamentos agrícolas, ferragens e cutelaria) – Área de 30,00 m2; espaço de venda n.º 7 – têxteis – Área de 36,00 m2; espaço de venda nº23 – têxteis - Área de 36,00 m2; espaço de venda n.º 24 – têxteis – Área de 36,00 m2; espaço de venda nº31 - têxteis – Área de 36,00 m2; espaço de venda nº44 - têxteis – Área de 36,00 m2; espaço de venda n.º 45 – têxteis – Área de 48,00 m2; espaço de venda n.º 58 - produtos diversos (mobiliário, tapeçarias, atoalhados, bijutaria, retrosaria e marroquinaria, têxteis, cerâmicas e utilidades domésticas, cestaria, ferramentas, alfaias e equipamentos agrícolas, ferragens e cutelaria e produtos alimentares) – Área de 31,80 m2; espaço de venda nº 61 – produtos diversos (mobiliário, tapeçarias, atoalhados, bijutaria, retrosaria e marroquinaria, têxteis, cerâmicas e utilidades domésticas, cestaria, ferramentas, alfaias e equipamentos agrícolas, ferragens e cutelaria e produtos alimentares) – Área de 45,60m2.  

 No setor 2, encontra-se disponível o espaço de venda nº 29 – têxteis – Área de 36,00 m2.  

 No setor 3 serão sorteados os espaços de venda nº18 – calçado – Área 45,00 m2.  As candidaturas ao sorteio deverão ser apresentadas na Câmara Municipal de Caminha até ao dia 30 de novembro, inclusive, mediante preenchimento do formulário disponibilizado pelos serviços do Município de Caminha ou na página eletrónica do Município de Caminha, em www.cm-caminha.pt. O sorteio terá lugar no dia 6 de dezembro, pelas 11H00.   

 É de salientar que só serão admitidos ao sorteio os feirantes com título de exercício de atividades a que se refere o nº1 do art.º4, do Decreto-Lei nº 10/2015, de 16 de abril, bem como aqueles que tenham a situação regularizada perante o Município de Caminha.

MEDIO AMBIENTE

Sogama presenta a campaña "O marrón, o contedor que devolve vida" para potenciar a separación dos biorresiduos de orixe doméstica  

O obxectivo é potenciar o uso do quinto contedor para a recollida diferenciada da materia orgánica, obrigatoria para os concellos antes do 31 de decembro de 2023

Coincidindo coa Semana Europea da Prevención de Residuos, que se desenvolverá entre o 20 e o 28 de novembro, a Xunta instalará puntos informativos nas localidades de Carballo, Laracha, Cerceda, Arteixo, Oroso e Santa Comba




Infogauda / Santiago de Compostela

 Baixo o lema O marrón, o contedor que devolve vida e no marco da Semana Europea da Prevención de Residuos —que se celebrará do 20 ao 28 de novembro—, a empresa pública Sogama levará a cabo unha campaña orientada a potenciar o uso do quinto contedor —o de cor marrón— nos tres concellos pioneiros na súa implantación (Carballo, Laracha e Cerceda), ademais de en Arteixo, e nos de Oroso e Santa Comba, interesados tamén en sumarse á iniciativa.

 Nos seis municipios habilitarase un punto informativo, que estará atendido por educadores ambientais especializados en xestión sostible de residuos, a fin de abundar nas boas prácticas vinculadas á redución, á reutilización e á reciclaxe e, máis especificamente, na importancia de valorizar a materia orgánica a través da súa transformación en compost de calidade.

 No caso de Carballo, Laracha, Cerceda e Arteixo —onde xa está implantado o quinto contedor—, os monitores centraranse en lembrar o que debe e non debe depositarse neste recipiente, e resolverán as dúbidas trasladadas polos cidadáns en relación á correcta xestión dos refugallos urbanos.

 Pola súa banda, en Santa Comba e en Oroso a acción focalizarase sobre o labor do quinto contedor, que chegará ás rúas destes municipios no seu momento, así como nos beneficios que a recollida segregada dos residuos orgánicos reportará de cara ao cumprimento dos obxectivos de reciclaxe fixados pola UE para os próximos anos.

Rede para a valorización da materia orgánica

 Os concellos, que son os que teñen as competencias en materia de residuos, están obrigados a implantar, antes do 31 de decembro de 2023, a recollida diferenciada da materia orgánica a través do contedor marrón.

 Con todo, a Xunta de Galicia e co fin de axudalos nesta tarefa, deseñou e está executando a través de Sogama unha rede de infraestruturas coa que se posibilitará que a meirande parte dos concellos adscritos a esta empresa pública, e que acollen a máis de 2.240.000 habitantes, teñan acceso á valorización da materia orgánica.

 Deste xeito, a rede estará conformada por catro plantas de biorresiduos: a de Cerceda, na Coruña (xa en funcionamento), e as de Vilanova de Arousa (Pontevedra), Cervo (Lugo) e Verín (Ourense), que contarán co apoio de 13 plantas de transferencia que serán reformadas, adaptadas ou reconstruídas a fin de dotalas dunha tolva específica para o transvase da materia orgánica, que logo será trasladada á planta de compostaxe máis próxima para a súa conversión en compost de alta calidade.

 Preténdese así que os municipios galegos dispoñan dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 km de distancia.

TURISMO

A Deputación de Pontevedra chama en Fairway a "vivir un soño paso a paso" nos cinco camiños oficiais e nos itinerarios culturais que cruzan a provincia 

A presidenta Carmela Silva destaca que nas Rías Baixas vívense "momentos e experiencias únicas" e destaca "as paisaxes, a luz, sons e atmosferas dos camiños" 


A presidenta da Deputación, Carmela Silva, no foro Fairway
Foto: D.PO.

Infogauda / Santiago de Compostela

 O Camiño en Pontevedra é "un soño que se vive paso a paso". A presidenta da Deputación, Carmela Silva, chamou esta mañá no foro Fairway sobre o Camiño de Santiago a visitar a provincia e percorrer as cinco rutas oficiais e os itinerarios culturais que a cruzan para cumprir ese soño e "vivir momentos e experiencias únicas". Acompañada da artista viguesa Roma González e do presidente de Segittur, Enrique Martínez, evocou diante de alcaldes e alcaldesas e de representantes do sector turístico "as paisaxes, a luz, os sons e as atmosferas que ves e sentes cando percorres os camiños" que cruzan as Rías Baixas. Roma pechou o acto coa interpretación en directo do seu éxito "Dale, dale".  

 A presidenta provincial presentou unha nova peza audiovisual da campaña "É o teu momento" con fermosas imaxes aéreas de paisaxes do interior e a costa da provincia cruzadas por camiños. "¿Viron que luz, contrastes e cores? Case podes sentir o recendo da natureza con estas imaxes", destacou, para salientar que "as persoas que percorren os camiños das Rías Baixas senten que están vivas e atópanse consigo mesmas".  Silva lembrou que cruzan a provincia o Camiño Portugués, o da Costa, a Ruta do Mar de Arousa e do Río Ulla, a Vía da Prata e o Camiño de Inverno. "Temos un paraíso multiplicado por cinco", celebrou, ademais de reivindicar este territorio "verde e destino turístico sostible" e lembrar que xunto aos camiños oficiais hai itinerarios culturais como a Ruta do Padre Sarmiento ou o Camiño dos Arrieiros que están a gañar afluencia.  

 "Somos unha terra de camiños onde vivir momentos únicos, porque no fondo trátase diso, de vivir momentos. O que gardas na memoria ou anotas e máis tarde lembrarás. As postas de sol, a enerxía do mar e as fervenzas, as pedras milenarias dos castros, unha copa de albariño ao finalizar unha etapa do camiño, os ‘bos días' ao iniciar a xornada ou ese momento de paz a soas", explicou.  

 Roma contou ao público que soe inspirarse para compor cancións cando sae a camiñar polas paraxes naturais da provincia e fixo referencia aos milleiros de imaxes publicadas por persoas nas redes sociais nos concursos #MomentosRíasBaixas. "Encántame ver eses lugares e encántame que as persoas que nos visitan e fan o Camiño sintan o mesmo que nós", comentou, para mencionar tamén os "lugares incribles que hai na provincia para o turismo activo, o deporte ao aire libre, as actividades saudables en plena natureza".

DEPORTES

Este martes abriuse o prazo para solicitar as axudas da Deputación dirixidas a impulsar a formación de mulleres adestradoras 

A institución destina a esta liña 15.000 euros e as interesadas poderán solicitar as achegas para axudarlles a financiar os seus estudos ata o 1 de decembro


Foto. D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 Trala publicación onte das bases no Boletín Oficial da Provincia, hoxe, martes 9 de novembro, ábrese o prazo para solicitar as novas axudas da Deputación de Pontevedra que teñen como fin impulsar a formación de mulleres para postos de adestradoras ou técnicas na provincia e ás que a institución destina un orzamento total de 15.000 euros.  

 Estas achegas, cuxo procedemento de concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, están dirixidas a fomentar o incremento do número de adestradoras nos equipos femininos e masculinos de base e de elite da provincia e rachar así coas actuais cifras de infrarrepresentación das mulleres neste eido. A institución provincial busca con esta nova liña, amais de paliar a escasa presenza feminina no ámbito do adestramento, fomentar que nun futuro tamén un maior número de mulleres en altos cargos de decisión en organizacións deportivas.  

 Deste xeito, a Deputación ofrece axudas para as mulleres que desexen realizar estes estudos e estean empadroadas na provincia ao menos desde o 1 de xaneiro do 2021. En todo caso, o importe da axuda recibida non poderá superar o 80% da matrícula. As interesadas deberán presentar as solicitudes preferentemente por medios electrónicos a través do formulario na Sede Electrónica da Deputación (sede.depo.gal) e o prazo finalizará o 1 de decembro de 2021.

CULTURA

Escritoras e editoras galegas publican o "Manifesto de Soutomaior" e lanzan un plan de acción para rachar coa desigualdade no mundo literario 

O documento asinado esta pasada madrugada inclúe as reivindicacións de 16 mulleres das letras, da cultura e da política adoptadas tralo "Encontro de Escritoras" promovido pola Deputación de Pontevedra no Castelo de Soutomaior


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, á presidenta da asociación "Clásicas y Modernas", Fátima Anllo, e a deputada de Cultura, Victoria Alonso, cun grupo de autoras e editoras, asinantes do "Manifesto de Soutomaior"

Foto: D.PO.


Infogauda / Soutomaior

 Ata doce decisións, "que serán o motor de traballo futuro para conseguir a igualdade", foron adoptadas esta pasada madrugada por un nutrido grupo de mulleres, autoras e editoras galegas xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e á presidenta da asociación "Clásicas y Modernas", Fátima Anllo, para facer fronte á desigualdade no mundo literario. O "Manifesto de Soutomaior", como así se chama o documento asinado polas 16 mulleres e que toma como exemplo o modelo do manifesto "Seneca Falls" do século XIX, inclúe a denuncia das diferentes situacións de desigualdade no mundo da escrita e propón todo un Plan de Acción para rachar con ela. O documento, que recolle todas as reivindicacións, será remitido de forma inmediata á Xunta de Galicia, aos grupos parlamentarios e á Fegamp para que o faga chegar aos concellos galegos, así como ao sector da cultura para que sexa asinado por todas as mulleres creadoras nos diferentes eidos e os homes que se queiran sumar.

 O "Manifesto de Soutomaior" foi subscrito polas escritoras Edurne Baines, Isabel Blanco, Mariana Carballal, Silvia Cernadas, Ledicia Costas, Mercedes Corbillón, Ana Figueiredo, Inma López Silva, Esperanza Mara, Silvia Penas, Aratnza Portabales, Elvira Ribeiro e Regina Vega, amais de Carmela Silva, Fátima Anllo e Victoria Alonso. Todas elas, que participaron no Encontro do Castelo, coinciden en que "século e medio despois, a discriminación das mulleres continúa en todos os espazos públicos e privados (…). No mundo editorial e literario galego a situación das autoras e editoras é, aínda, desalentadora". Ao respecto, as mulleres asinantes fan referencia a que soamente 6 mulleres ocupan unha das 30 cadeiras da Real Academia Galega, que en toda a historia da Real Academia Española soamente 11 mulleres foron académicas ou que só 6 mulleres foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas fronte a 56 homes. Tamén manifestan que as autoras obteñen menos premios que os homes, que existe unha ausencia case total de mulleres críticas literarias que ocupan espazos relevantes de opinión e que moi poucas chegan a postos de dirección e liderado nas grandes editoriais galegas ou en organismos públicos culturais. Precisamente destes datos, que serven de contexto da desigualdade nas letras, parte a denuncia que formulan as mulleres e que xira arredor da escasa representación nos xurados do principais concursos literarios e de dramaturxia, na Real Academia Galega, no Día das Letras Galegas, nos libros de texto de colexios, institutos e universidades, nas antoloxías de diversos xéneros, nas recensións críticas, nos suplementos culturais, nos espazos de opinión ou en actos e actividades culturais relacionadas coa literatura.  

Un Plan con doce liñas de acción e un Observatorio de Seguimento

 Fronte á inxusta situación das mulleres na escrita, as asinantes do "Manifesto de Soutomaior" formulan doce liñas de acción para rachar contra a desigualdade. Entre elas atópanse esixir que se cumpra o artigo 26 do capítulo 2 da Lei de Igualdade relativo ao fomento da igualdade na creación e produción artística e intelectual e a súa difusión; reclamar paridade nos xurados dos premios literarios que se realicen en Galicia por institucións públicas e privadas e tamén nas edicións de antoloxías; esixir a inclusión obrigatoria de escritoras galegas e as súas obras nos plans de estudo de colexios, institutos e universidades galegas, así como o recoñecemento das obras de escritoras galegas e da súa traxectoria mediante premios, homenaxes, adxudicación de nomes de rúas e creación de monumentos e esculturas.  

 Tamén reclaman que as cadeiras da Real Academia Galega sexan ocupadas por mulleres nos vindeiros dez anos; e esixen da mesma forma que nos próximos dez anos o Día das Letras Galegas homenaxee a mulleres. Igualmente, demandan a incorporación de novos contidos curriculares en todas as etapas educativas; reclaman a participación de mulleres nas recensións críticas e incentivar a crítica literaria realizada por mulleres; fomentar a venda de libros escritos por mulleres e a visibilización de autoras e editoras coa presentacións da  súa obra en espazos públicos e privados, así como revisar o canon literario de forma permanente.  

 As asinantes do documento anunciaron a creación dun Observatorio para o seguimento das reclamacións e avaliación das medidas, e a posta en marcha dun novo encontro no próximo mes de xaneiro para definir pautas de traballo e un calendario de reunións trimestrais. Tamén se confirmou a organización dunha ambiciosa acción coa Asociación Clásicas e Modernas para a posta en valor da figura de María Vinyals e o que significa no ámbito de lexitimación das mulleres da cultura. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Cantadores ao desafio, alunos e DJ 

Este domingo na Casa das Artes de Arcos de Valdevez  

 

Membros de “De Repente Canta a Gente”
Foto: C.M.A. de V.


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 É já no próximo dia 14 de novembro, pelas 16h00, que a Casa das Artes de Arcos de Valdevez recebe o projeto “De Repente Canta a Gente”, que pretende divulgar uma vertente do património imaterial tradicional do Alto Minho - os Cantares ao Desafio.  O projeto é uma iniciativa da CIM- Alto Minho e do Município de Arcos de Valdevez. 

 Após as sessões realizadas nas escolas de Arcos de Valdevez, foram selecionados jovens alunos que demonstraram particular interesse por esta forma de tradição musical, numa ação liderada por Augusto Canário e que procurou ensinar aos mais novos a forma de cantar e os segredos do desafio. 

 No caso específico do concerto da Casa das Artes de Arcos de Valdevez e do projeto realizado neste concelho, teremos ainda a presença de um artista local – o Produtor e DJ arcuense Freak J - cuja performance se insere na vertente de novas abordagens dos Cantares ao Desafio, que vai agregar esta forma de cantar tradicional às novas estéticas da música eletrónica e de DJ. O espetáculo conta ainda com as presenças dos músicos e cantadores locais Carlos Rodrigues e Leiras de Soajo. 

PONTEVEDRA

Maica Larriba informa ás comunidades de montes de que poden continuar ocupando os terreos de dominio público marítimo terrestre  

A subdelegada recomendou ás Comunidades de Montes solicitar unha concesión transitoria para seguir explotando os terreos con total garantía 


A subdelegada do Goberno reuniuse esta mañá con representantes das comunidades de montes situadas na liña de deslinde do dominio público marítimo-terrestre para informarlles da situación xurídica derivada da revisión catastral dos terreos afectados

Foto: S. de G. 


Infogauda / Pontevedra

 A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, reuniuse esta mañá, logo da súa solicitude, cos representantes das comunidades de montes veciñais en man común de San Miguel de Tabagón (O Rosal) e Salcidos (A Guarda), da comunidade de montes de San Xoan de Tabagón (O Rosal) e da Organización Galega de Comunidade de Montes para abordar a situación xurídica derivada da revisión catastral dos terreos afectados polo deslinde do dominio público marítimo terrestre. Xunto á subdelegada, acudiron ao encontró o xefe provincial de Costas e responsables da Xerencia Provincial do Catastro en Pontevedra. 

 A subdelegada quixo aclarar aos representantes das comunidades de montes a orixe e consecuencias xurídicas do envío por parte da Xerencia Provincial do Catastro de Pontevedra dunha serie de misivas informativas sobre a aplicación das liñas de deslinde para o dominio público marítimo terrestre derivadas da última revisión catastral da provincia.  

 Tal e como explicou Larriba, “de conformidade co previsto na lexislación, a Dirección Xeral de Costas delimitou na nosa provincia durante as últimas décadas a liña de deslinde do dominio público marítimo terrestre, producíndose a maior parte destes deslindes entre os anos 1995-1996, e realizándose o último no ano 2010”. A subdelegada lembrou que estes procedementos administrativos de deslinde leváronse a cabo con total garantía xurídica e de acordo ao establecido na Lei de Costas.  

 Non obstante, nos últimos meses a Xerencia Provincial do Catastro de Pontevedra, comunicou aos cidadáns e propietarios afectados polos deslindes realizados ata o momento no litoral costeiro da provincia a súa situación catastral, co obxectivo de garantir a transparencia a información a cidadanía sobre as súas propiedades e outros dereitos. 

 Larriba explicou que se ben “os terreos afectados polos deslindes son bens de dominio público marítimo-terrestre, estes poden continuar sendo explotados como ata o de agora”. Neste sentido, a subdelegada transmitiu aos responsables “tranquilidade e normalidade, xa que poderán continuar a desenvolver as actividades que viñan desenvolvendo, pois estes terreos non pasaron agora a ser de dominio público, se non que en moitos caso hai máis de vinte anos que son públicos e non sucedeu nada”.  

 Non obstante, a subdelegada do Goberno e os técnicos de Costas e Catastros, recomendaron ás comunidades de montes, solicitar unha concesión transitoria para a ocupación destes terreos, “de xeito que poidan continuar a ocupalos e explotalos con total garantía xurídica”.  

 A Lei de Costas prevé un réxime transitorio para os problemas derivados da integración de terreos no dominio público estatal a través da conversión dos dereitos de propiedade en dereitos de aproveitamento mediante concesión. Larriba informou de que, estas concesións, “poderán recoñecer e autorizar aquelas actividades que xa se viñan realizando antes de efectuarse os deslindes”.  

 Pola súa banda, os asistentes a reunión trasladaron á subdelegada a necesidade de modificar o artigo 9 da Lei de Costas para orientala no sentido de que os montes veciñais comunais non sexan considerados como montes de carácter privado e recoñézase a súa titularidade comunitaria. 

Liñas de deslinde para o Dominio Público Marítimo Terrestre 

 O dominio público marítimo terrestre intégrano aqueles bens de dominio público estatal español que a propia Constitución de 1978 e, ao seu amparo, a Lei de Costas determinan mediante o procedemento administrativo do deslinde.  

 Forman parte do mesmo, entre outros, as praias, os sistemas dunares, os cantís, os terreos gañados ao mar por causas naturais ou artificiais, as marismas e os humidais litorais.