12 de abr. de 2021

GOIÁN

O CEMITERIO VECIÑAL DE GOIÁN 

Ben podería contar coa decraración de cemiterio singular


Portal de acceso ao cemiterio veciñal de Goián  
Fotos: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / Goián

 Os cemiterios, como todo o mundo sabe, son recintos onde cando remata o ciclo vital de cada persoa da veciñanza dun pobo ou parroquia, recibirá maioritariamente, sepultura. 

 Hai cemiterios municipais, parroquiais e veciñais. 

 Un cemiterio hoxe en día é - agás excepcións - un espazo colectivo - normalmente pechado perimetralmente, con unha porta de acceso principal, dotado de servizo de auga da traída, alumeado público e mesmo aseos - no que cada sepultura forma parte dunha obra común, poderiamos decir en sentido metafórico, que vaise actualizando con cada enterramento que rexistra e que precisará sucesivas revisións. 

 Normalmente hai unha persoa - que acostuma ser o sepultureiro - que se ocupa periódicamente dos labores de limpeza dos espazos comunitarios. Niso apenas hai diferencias notables entre os diferentes tipos de cemiterios, sexan éstes da titularidade que sexan.

 Desde fai anos, temos craro - e así llo comentamos fai tempo ao  amigo José Manuel Villa Troncoso (Mané) - que a necrópole veciñal de Goián posúe unhas características que a diferencian sensiblemente de outros moitos dos existentes na bisbarra do Baixo Miño e mesmo doutros lugares de Galicia, e que por diversos motivos artísticos, culturais e patrimoniais, merece que se promova súa incorporación a rede europea da Association of Significant Cemeteries of Europe (ASCE) - cuxa presidencia ten seu enderezo en: Cesta XIV. divizije 39/a  2000 Maribor (Slovenia); sendo o enderezo oficial da entidade o seguinte: Association of Significant Cemeteries in Europe Comune di Bologna - Biblioteca del Museo Civico del Risorgimento via de' Musei, 8  40124 Bologna Italy  -, e tamén na European Cemeteris Route (Ruta Europea de Cemiterios), itinerario cultural do Consello de Europa, certificado en 2010.

 No Estado español hai preto dunha veintena de concellos (Arenys de Mar, Avilés, Barcelona,  Zamudio, Córdoba, Donostia, Elche, Igualada, Granada, Lloret de Mar, Lugo, Madrid, Málaga, Monturque, Reus, Santander,  Terrasa, Valencia e Sitges -, asociados a Ruta Europea dos Cemiterios.


Vista parcial do cemiterio veciñal de Goián 


 O cemiterio veciñal de Goián - xestionado por unha Asociación de Veciños - Comisión Cemiterio, con sede na avenida Pío Troncoso, nº 8 (Goián) - está ubicado - desde o comezo das obras en 1893 e súa inauguración en 1910 - na paraxe denominada Padín (polígono 522, parcela 2.559), pertencente ao barrio de Tollo, colindando coa avenida de Brasil, camiño público e propiedades particulares. De acordo co catastro, posúe unha superficie de 7.600 m2, de solo urbano.

 O camiño de acceso ao recinto conta con diversas árbores  e espazos para aparcadoiro de vehículos. Antes de acceder ao interior da necrópole de Goián puidemos observar ao longo de moitos anos que dúas palmeiras flanqueaban as columnas de pedra, do portal de ferro forxado, da entrada. Son detalles que nos evocan o vencello da vila goianesa coa emigración ao continente americano, sobor de todo a América do Sur, e de xeito máis concreto a cidade de Santos, no Estado de Sâo Paulo (Brasil).

 No interior de camposanto predominan as sepulturas provistas de campas. Os nichos son minoría.

 Calquer visitante poderá observar que varias sepulturas presentan unhas características que as fan únicas. 

 Sen menoscabo de ninguén, e co debido respecto, para todas as persoas cuxos restos mortais repousan nese cemiterio, e para súas respectivas familias, podemos apreciar ás sepulturas correspondentes ao pintor Antonio Fernández Gómez, ao escultor Xoán Piñeiro Nogueira, ao escritor Eliseo Alonso Rodríguez, ao pintor Xavier Pousa Carrera e seu irmán Pablo Pousa Carrera,... E tamén as doutras persoas cuxos familiares tiveron a ben encomendar artísticos memoriais.

 Son argumentos, que na nosa opinión, deberan motivar - se así se estima pertinente polas familias representadas na Asociación de Veciños - Comisión Cemiterio - que se solicite a decraración de cemiterio singular e súa inclusión na rede europea da Association of Significant Cemeteries of Europe (ASCE) e na European Cemeteris Route (Ruta Europea de Cemiterios).

Ningún comentario:

Publicar un comentario