9 de nov. de 2021

TOMIÑO

A Concellalía de Servizos Públicos leva a cabo obras de saneamento no barrio de San Benito  

A nova intervención suporá un investimento de 45.000 e dará servizo a unha vintena de vivendas, ao longo de medio quilómetro de colectores   


Obras de ampliación da rede  municipal de saneamento no barrio de San Benito
Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño

 A Concellalía de Servizos Públicos leva a cabo obras de saneamento no barrio de San Benito, co fin de ampliar a rede municipal, na que se levan investidos no que vai de ano máis de 200.000 euros.  

 A nova intervención suporá un investimento de 45.000 euros e abastecerá a unha vintena de vivendas, ao longo de medio quilómetro de colectores. Segundo informa o concelleiro da área, Lois Vázquez, as obras durarán aproximadamente un mes; polo que se mantivo hai uns días unha xuntanza cos veciños da zona, que desde hai tempo viñan solicitando poder conectarse á rede municipal.  

 Ao mesmo tempo, estanse a rematar as obras de saneamento en Vilachán, a pe do monte, que darán servizo a outros veciños/as.  

 Paralelamente, continúanse desenvolvendo traballos de mantemento, debido á existencia de problemas de eliminación de augas pluviais que se filtran na rede en época de chuvia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario