ANABAM VÉN DE PUBLICAR UN NOVO NÚMERO DO SEU BOLETIN "CARRIZAL"
Correspondente
aos meses de xullo-agosto, 2021
Ricardo
Rodríguez Vicente / A Guarda
Ao tempo que dámoslle ás grazas a Agustín
Ferreira Lorenzo, presidente da Asociación Naturalista "Baixo Miño"
(ANABAM), e a súa vez director-coordinador da publicación, que novamente
tivo a ben achegarnos un exemplar, vimos de receber o nº 8 (Época II), do "Carrizal",
correspondente aos meses de xullo-agosto, 2021, sobre o cal queremos facer uns
breves apuntamentos.
"Carrizal", como muitos dos lectores
de Infogauda saben, é o boletín informativo de ANABAM, entidade
con sede na rúa Calvario, nº 44 – baixo (A Guarda), que ten como principais
fins a observación, defensa, protección, estudo, e divulgación do patrimonio
natural, etnográfico e cultural do Baixo Miño galego-portugués.
A publicación leva na portada unha fotografía tirada polo
destacado fotógrafo rosalés Luis Dorado Senra, nos “arredores do muíño das
Aceñas, río Tamuxe, O Rosal.”
No interior, ademais da
información da composición da xunta directiva da entidade consernacionista, e
dos medios de contacto (teléfono, WhatsApp, Messenger, enderezo
electrónico,...), infórmase que as persoas socias de ANABAM, están exentas de
pagar a cota correspondente ao ano 2021. Retomarase o pago a partir do vindeiro
ano 2022.
Asemade, o boletín - que
conta (como consta na contraportada) cunha subvención económica do Concello de
A Guarda – informa das “actividades e accións previstas” (sic), ainda que en
realidade xa realizadas no momento de sair da imprenta a publicación; acolle
nas súas 42 páxinas impresas a toda cor en offset, empregando papel reciclado,
o seguinte índice de artigos:
O sector de Mergelina, de Antón Ferreira Lorenzo.
Final para o salto de
Sela / Barragem de Cela.
Avalación da potencial contaminación no porto da Guarda, de Daniel Zarco Fernández.
Pegadas, rastros e sinais
dos animais, de Agustín
Ferreira Lorenzo.
Detección de bacterias degradadoras de hidrocarburos nas
augas superficiais da zona portuaria da Guarda, de Nayara Diego Rodríguez.
Sabías que…?
Gaivota cabecinegra viaxeira.
Estudo comparativo da diversidade xenética dunha poboación de
Charadrius alexandrinus,
de Iria Sanz Berridy.
Escaravellos do Baixo Miño. Typhaeus (Typhaeus) typhoeus, de Javier Blanco-Souto.
A propósito do primeiro
rexistro na Guarda dunha gaivota anelada. Recopilada por Antón Ferreira Lorenzo.
Trampas velutina, de Agustín Ferreira Lorenzo.
Sobreiras da Madalena
catalogadas como árbores senlleiras.
Cousas de ANABAM
-
Convenio ANABAM
– CIFP “A Granxa” – Ponteareas.
-
Aniversario
dos proxectos píllara e Borrelho.
-
Protección
borrelho no norte portugués 2021.
Apuntes da nosa historia: primeiro cursiño ornitolóxico.
Como se indica no boletín as persoas interesadas en publicar
artigos neste boletín poden dirixirse a ANABAM por correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com)
ou WhatApp (616 180 557). Os artigos teñem que ter relación directa ou
indirecta coa bisbarra do Baixo Miño, dando preferencia a aqueles que traten
asuntos da natureza e medio ambiente.
As persoas que non sexan asociadas a ANABAM poden subscribirse ao "Carrizal", e dese xeito, ademais de apoiar as actividades que realiza ese colectivo, recibirán 6 números/ano. O importe da subscrición é - a día de hoxe - 35 euros/ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario