A asociación Érguete Baixo Miño conta coa declaración de utilidade pública
Xunta Directiva de Érguete Baixo Miño / A Guarda
Froito do traballo de varios anos, o pasado día 04 de novembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 212 a Orde pola que se declara de utilidade pública a Asociación Érguete Baixo Miño.
A declaración de utilidade pública é un recoñecemento social da labor que realizan as entidades sen ánimo de lucro como a nosa, e supón o máis importante recoñecemento e a máxima distinción administrativa que se lle pode outorgar a unha ONG en virtude da actual lexislación en materia de asociacións e entidades sen ánimo de lucro.
Esta distinción, que nos considera un instrumento dinamizador da realización de actividades de interese xeral, responde a un claro beneficio para a colectividade da Comarca do Baixo Miño.
Por outra banda, a declaración de utilidade pública supón un beneficio para os/as doantes que colaboran coa nosa ONG, podendo desgravarse as cotas ou doazóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario