9 de nov. de 2021

OIA

Os Bolechas visitarán Oia o 14 de novembro 

Coa súa nova aventura “O Camiño marciano”

   


Infogauda / Oia

 Os Bolechas visitarán Oia o próximo día 14 de novembro para compartir unha nova aventura coas familias do concello. Nesta ocasión, presentarán a actividade Os Bolechas fan o Camiño Marciano no Centro Cultural de Mougás.  

 Os Bolechas fan o Camiño Marciano é un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de entre 4 a 9 anos e as súas familias. A proposta combina xogo e diversión xunto coa aprendizaxe.  

 As coñecidas personaxes de Pepe Carreiro, Loli, Chispa, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos traen a Oia unha nova aventura: queren facer o Camiño de Santiago, pero resulta que xa teñen percorrido todas as rutas xacobeas. Deberán repetir algunha? Poderán, incluso, crear unha nova?  

 Estas interrogantes despexaranse na representación teatral que terá lugar o domingo 14 de novembro a partir das 18.00 horas no Centro Cultural de Mougás. Esta actividade lúdica e didáctica enmárcase na iniciativa Falaredes 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario