9 de nov. de 2021

TOMIÑO

O EXÉRCITO DO AIRE REALIZARÁ EXERCICIOS DE BUSCA E DE SALVAMENTO O DÍA 11 DE NOVEMBRO EN TOMIÑO 

A ZONA ELIXIDA PARA AS PROBAS TERRESTRES ESTÁ NAS PROXIMIDADES DAS POBOACIÓNS DE OS MUROS E  VILACHÁN DO MONTE 


Na imaxe unha unidade de Salvamento Aéreo
Foto: Cedida

Infogauda / Tomiño

 O Centro Coordinador de Salvamento Aéreo de Madrid (ARCC Madrid) do Exército do Aire, realizará en Tomiño o vindeiro xoves (11 de novembro), un exercicio de procura e salvamento aéreo chamado “MADRISAR-21” que constará, tanto dunha fase terrestre, como marítima. 

 Así o comunicou á alcaldesa de Tomiño o capitán Alejandro Álvarez destinado no mencionado centro coordinador de salvamento.  A zona elixida para o exercicio terrestre será nas proximidades das poboacións de Pinzás e de Vilachán do Monte, en horario de 9.00 a 14.30 ou 15.00h.  

 No exercicio en fase terrestre, simularase un accidente aéreo preto da fronteira con Portugal e buscaranse os restos do avión e sobreviventes por varios puntos espallados, para logo rescatalos con helicópteros. Agárdase que participen 1 ou 2 avións e 4 helicópteros.  

 Este exercicio levarase a cabo de forma coordinada coa Delegación do Goberno, Protección Civil, Axega 112, Garda Civil, Cruz Vermella, etc. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario