5 de mar. de 2011

A GUARDA

A TODA Á OPINIÓN PÚBLICA



Infogauda / A Guarda
Sete días despois da recepción dunha incalificable comunicación, da cal xa demos conta oportunamente, os nosos lectores, e que xerou innumerables testemuñas de apoio e solidariedade connosco, que desde eiquí agradecemos vivamente; queremos que coñezades o contido, que como resposta a devandita comunicación remesamos o mesmo sábado día 26 de febreiro de 2011.
Queremos que saibades igoalmente, que feita á correspondente consulta xurídica por parte de Infogauda, nada do que se pubricou neste modesto medio de información dixital, podía considerarse ofensivo para ninguén, nin tampouco ilícito.
Algúns persoeiros, políticos e non políticos, tentan de xeito torticeiro, incriminar a quen tenta, simple e llanamente, informar, comentar, criticar, salientar,..., todo aquilo que atinxa directa, ou indirectamente, á cidadanía.
Se na súa vaidade, algúns estando onde están, non teñen a humildade necesaria, xa saben o que teñen que faer: Adicarse a actividades de carácter privado.
Polo tanto, como ben saben os lectores deste blogue, en ningún intre fixemos referenza a ninguén "(...) en términos denigrantes y despectivos (...)", nin tampouco faltamos á verdade, nin atentamos a dignidade e honra de ninguén, como de xeito tendencioso se nos indicou no incalificable burofax.
Desde Infogauda apostamos decididamente polas libertades democráticas, e por suposto, pola libertade de expresión. Polo tanto, todo o mundo, incluidos os persoeiros que deron instruccións a un despacho de avogados de Vigo, saben perfectamente, que como calquer outra persoa, tiveron e teñen, en Infogauda, a oportunidade de expresar súa opinión, ou seu dereito a réplica ou de rectificación. En todo caso, seguindo os pasos elementais que deberan guiar de xeito moi especial, a aquelas persoas que ostentan cárregos públicos ou que se adican a función pública. Nunca houbo nin haberá, por parte de Infogauda, o máis mínimo interese en perxudicar a ninguén, nin da crase política nin a quen desempeñe unha labor profisional na Administración, sexa do ámeto que sexa, nin moito menos, a ningún particular; o cal non quer decir que estemos dispostos a asumir como válido todo o que algúns, políticos e profisionais fan na súa actividade diaria.
Tampouco renunciamos o noso dereito á información, que algúns de xeito reiterado ignoran co presunto propósito de limitar nosa labor informativa.
Asemade, non aceptamos que ninguén tente opremer a ningún cidadán que desexe expresar libre e respectuosamente, súa opinión, aínda que ésta non sexa do gosto de algúns rápidos en dar instruccións a un despacho de avogados que traballa para o concello de A Guarda.
Desde Infogauda queremos relembrarlles os clientes do coñecido despacho de avogados que deron expresas instruccións para que se nos requerise os nomes e apelidos, enderezos e números de D.N.I. da persoa ou persoas responsables dos comentarios, viñetas e demáis opinións; que esa potestade non lles corresponde a eles. Ademáis, á labor das persoas que facemos posible Infogauda non é a que eles coidan. É moito máis noble do que eles pensan.
Compre relembrarlles a algúns que non por pretender silenciar o mensaxeiro, á opinión pública de A Guarda e toda a contorna, é allea o que acontece neste pobo e nesta bisbarra.
Non hai máis que ollar o que libremente se reflicte na web laguardiaenimagenes.com para decatarnos do alto grado de coñecemento que teñen os cidadáns de quen é cada quen.
Que o saiban os que desde o despacho oficial poidan imaxinarse que á cidadanía está o servizo deles. Que non esquezan que é xustamente o revés.
É curioso que algúns reaccionen do xeito que o fixeron, xustamente cando veñen de cumplirse 30 anos da intentona golpista que pretendía devolver este país ás tebras.
Se tiveran o que demostraron non ter, endexamais actuarían do xeito arteiro que o fixeron.
O administrador de Infogauda e un veciño como calquer outro. Que desde fai 55 anos, ten tido un enderezo coñecido. Seu número de teléfono figura desde fai máis de 30 anos nas páxinas brancas dunha coñecida empresa de servizos de comunicación.
Non sería máis digno, que en lugar de dar expresas instruccións a un despacho de avogados, se empregase o diálogo como vía idónea para tentar acadar unha solución?
Infogauda
Deseguido transcrebemos o contido da comunicación que vía correo electrónico lle remesou o administrador de Infogauda, na tarde do mesmo sábado día 26 de febreiro de 2011, o despacho dos avogados que representan a D. José Manuel Domínguez Freitas, alcalde do concello de A Guarda, e a D. Hermelindo Martínez González, arquitecto técnico municipal do mesmo concello, logo de haber recibido o burofax con certificación de acuse de recibo, cuio contido coñecen desde o mesmo día da súa recepción, os lectores de Infogauda.


A resposta do administrador de Infogauda foi a seguinte:



INFOGAUDA
infogauda@yahoo.es
A GUARDA


Sr. D.:

Carlos Potel Alvarellos
Ronda de Don Bosco, nº 4 – 3º B
36202 VIGO
E-mail:
potelabogados@gmail.com


Moi Sr. noso:

Como resposta a seu atto. burofax de data 25 do corrente mes, recibido na mañá de hoxe, temos a ben participarlle o seguinte:

1º.- A primeira medida adoitada decontado, foi suprimi-los comentarios pubricados no blogue que habían entrado con anterioridade, labor que continuaremos nos dias sucesivos, toda vez que poida que algúns estén aínda visibles.

2º.- Como proba da nosa mellor vontade, tamén procedemos a suprimi-las viñetas que estaban máis visibles, labor que tamén continuaremos, na medida das nosas posibilidades, nos vindeiros dias.

3º.- Asemade, para evitar no futuro, situacións indesexables para todos, a partires de agora, quedou suprimida a opción pola que calqueira persoa podía remesar comentarios directamente. No sucesivo serán moderados previamente.

4º.- Quedamos a súa enteira disposición e a dos seus clientes, para atenderlles en todo canto sexa humana e legalmente posible, xa que de ningún xeito estamos pola labor de causar inconvintes a ninguén.

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo, na Guarda, a 26 de febreiro de 2011.



RESPOSTA DO DESPACHO XURÍDICO POTEL ABOGADOS



De:

Carlos Potel

potelabogados@gmail.com
para:

Infogauda Un espacio de información

xornaldixital@gmail.com



fecha:

28 de febrero de 2011 18:35
asunto

Re: RESPOSTA A BUROFAX
enviado porgmail.com
firmado porgmail.com

28 feb (hace 5 días)

Buenas tardes

Gracias por su inmediata respuesta, la cual he trasladado a mis clientes para que comprueben la veracidad de la misma y los extremos que estimen oportunos. A la vista de lo que me comenten, le indicaré si se muestran conformes o no con la misma.

Reciba un cordial saludo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario