José Suárez e A Guarda
Proxecto Socheo
A Real Academia Galega das Belas Artes celebrou o inicio do ano José Suárez a quen se lle dedica o Ano das Artes Galegas. Suárez foi un dos fotógrafos máis sobranceiros de Galicia e que ten una especial vinculación coa vila da Guarda. Sería moi interesante que o Concello da Guarda se sumara a estas conmemoracións.
José Suarez naceu en Allariz en 1902. Nos anos 30 visitou A Guarda e daquela xa hai testemuños de fotografías a mariñeiros da Guarda. No ano 36 volveu a visitar A Guarda co cineasta José Velo participando no proxecto do documental Galicia, do que Proxecto Socheo recuperou estas imaxes:
Co estalido da Guerra Civil foise ao exilio e fíxose unha figura da fotografía de recoñecemento mundial. Nos anos 50 regresaría a Galicia e nos anos 60 volvería a facer novas series de mariñeiros e por iso volveu A Guarda outra vez.
Nos últimos anos sufriu moito polo esquecemento do seu traballo e a súa figura. Volvía A Guarda cada certo tempo porque era o lugar onde estableceu un maior nexo entre a súa obra e a súa concepción da realidade.
Finou no Hotel Martin Rey, da Guarda, o 4 de xaneiro de 1974.





Ningún comentario:
Publicar un comentario