29 de xul. de 2021

A GUARDA

O BNG levará ao Parlamento Galego a situación dos traballadores de IKF, das Cachadas 

· Así o anunciou no día de hoxe, o deputado do BNG Manuel Antonio Lourenzo Sobral (Manu) durante a visita ao piquete informativo dos traballadores da fábrica que a multinacional Imerys Kiln Furniture España S.A. (IKF), posúe no termo municipal de A Guarda


O deputado do BNG Manuel Antonio Lourenzo Sobral e o portavoz municipal do BNG na Guarda Anxo Lois Baz Vicente, esta mañá, nun momento da súa visita ao piquete informativo dos traballadores da fábrica das Cachadas, da multinacional IKF

Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de facer público que "levará ao Parlamento Galego a situación dos traballadores da empresa IKF da Guarda, que se atopan en folga dende hai varias semanas trala negativa da empresa a negociar a homologación das condicións laborais e salariais das traballadoras e traballadores."  

 Así o anunciou no día de hoxe, o deputado do BNG Manuel Antonio Lourenzo Sobral (Manu) durante a visita ao piquete informativo dos traballadores da fábrica que a multinacional Imerys Kiln Furniture España S.A. (IKF), posúe nas Cachadas, que realizou xunto ao portavoz municipal do BNG na Guarda Anxo Lois Baz Vicente. 

 "O exemplo de solidariedade obreira dos traballadores e traballadoras de IKF, que xuntos defenden algo tan de xustiza como a igualdade de condicións laborais para as persoas que realizan o mesmo traballo, é meritorio nos tempos que corren. Dende o BNG, queremos amosarlles todo o noso apoio e acompañalos nesta loita que é a loita de toda a comarca do Baixo Miño pola xustiza laboral en IKF", afirmou o deputado nacionalista.  

 Pola súa banda o portavoz municipal do BNG na Guarda Anxo Lois Baz destacou que "defender os dereitos laborais en IKF é defender o futuro de A Guarda e de toda a comarca do Baixo Miño." "Nós - engadiu Anxo Lois Baz - apostamos polo futuro da Guarda e iso pasa por estar a carón das traballadoras e traballadores." 

 O representante do comité de empresa entregoulles aos representantes do BNG un documento coas reivindicacións laborais dos traballadores e co estado das negociacións. "En IKF somos un grupo unido de traballadores, se discriminan a un discrimínannos a todos, e por iso levamos semanas en loita. A empresa debe negociar, e nós estamos dispostos a facelo, pero negociar non é unicamente ceder. Se queren sentarse a falar non teñen máis que descolgar o teléfono. Se non nos deixan máis alternativa que loitar polo futuro dos nosos postos de traballo que non teñan dúbida que chegaremos a onde faga falta."

A GUARDA

APOIO AS REIVINDICACIONS LABORAIS DOS TRABALLADORES DE I.K.F.

Celso Rodríguez Fariñas (concelleiro do Grupo Municipal de CG no Concello de A Guarda): "(...) dende CONVERXENCIA GALEGA, nos poñemos a súa disposición para respaldar todas aquelas propostas que axuden a dar seguridade e estabilidade os postos de traballo (...)"

 

O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega cos traballadores da fábrica de IKF nas Cachadas (A Guarda)


Infogauda / A Guarda

 Como vimos informando neste xornal dixital transfronteirizo, o persoal de Imerys Kiln Furniture España, S. A. (IKF), da fábrica das Cachadas (A Guarda) permanece en folga. No tempo que levan inactivas as diferentes seccións da factoría, as traballadoras e traballadores teñen recibido o apoio de diferentes representantes públicos, pois non en balde, esa fábrica da emprego a un importe número de persoas de A Guarda e súa contorna.

 Dese xeito damos conta que neste xoves día 29 de xullo de 2021, vimos de receber na Redacción de Infogauda, o seguinte comunicado:  

 No día de hoxe, quen abaixo suscribe, en calidade de concelleiro do Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, acudiu o punto de encontro no acceso as instalación da fábrica I.K.F. adicada a producción de materiais refractarios e que levan máis de dúas semáns de folga indefinida na defensa dos seus dereitos consolidados, e que ven perigar nas novas propostas que recibiron por escrito por parte da empresa. Así mesmo, tamén  consideran que é un retroceso o acordo plantexado pola patronal, respecto a doble escala laboral.  

 Fomos informados das propostas feitas por ambas partes, -patronal e sindical- en aras dun entendemento, pero a postura da fábrica é inamovible, o que ten provocado a ruptura das negociacións, aínda que no momento da visita, o Comité de Empresa recibiu unha mensaxe da Dirección de I.K.F., emplazándollos para mañá venres as 11 da mañá.

 Dende CONVERXENCIA GALEGA,  queremos amosar noso total respaldo as reclamacións dos traballadores/as, dereitos que foron conquistados e plasmados en diversos Conveniós Laborais o longo do tempo e que non se poden perder.  

 Ademais, dende CONVERXENCIA GALEGA, nos poñemos a súa disposición para respaldar todas aquelas propostas que axuden a dar seguridade e estabilidade os postos de traballo, así como, a aquilo que sexa preciso levar adiante para darlle tranquilidade as familias e garanten a continuidade dun centro laboral dos máis importantes na nosa bisbarra.  

A Guarda, a 29 de xullo do 2021    

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA 

A GUARDA

A Guarda aposta polo talento creativo da comarca 

· A I Mostra Creativa do Baixo Miño, celebrarase este sábado, 31 de xullo, dende ás 10.00h ata ás 21.30h, na Praza de Avelino Vicente


Daniel Macua e Fátima Rodríguez, responsable de Acontravento e concelleira de Dinamización local, respectivamente, coa lona da I Mostra Creativa do Baixo Miño

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

  A I Mostra Creativa do Baixo Miño, celebrarase este sábado, 31 de xullo, dende ás 10.00 ata ás 21.30h, na Praza de Avelino Vicente. No evento, organizado por Acontraventounha marca de roupa galega fundada no ano 2019 na Guarda - e o Concello de A Guarda, participarán dezanove proxectos creativos da nosa comarca. 

 A I Mostra Creativa do Baixo Miño ten como obxectivos o apoio do talento creador da nosa comarca e o fomento do consumo responsable e de proximidade, ao mesmo tempo que se propicia un lugar de encontro que permita a cooperación e colaboración entre as persoas responsables dos diferentes proxectos que participarán no evento. 




 Daniel Macua e Fátima Rodríguez, responsable de Acontravento e concelleira de Dinamización local, respectivamente, veñen de manter unha reunión informativa cas participantes onde incidiron na importancia do evento tanto para os proxectos como para a nosa comarca. 

 “Moitos proxectos xa son máis coñecidos pero outros acaban de nacer e estas iniciativas son un pulo importante nunha época como na que estamos. Esta primeira edición estará marcada polas medidas anti covid, pero esperamos que moita xente se achegue a coñecer todos estes proxectos.” comentou Daniel Macua. 

 “Queremos que sexa un evento que se manteña ano tras ano e que axude a visibilizar todo o potencial que temos na nosa contorna. Aproveitamos para agradecer a tódalas participantes a súa presenza e invitar a todas e todos a achegarse este sábado” declarou Fátima Rodríguez.

A GUARDA

O Consello climático xuvenil da Guarda celebrou súa segunda reunión

Acudiron o grupo de mozos e mozas que forman parte do mesmo, e tamén Laura Vidal, a persoa encargada de coordinar e apoiar esta acción




Infogauda / A Guarda  

 O executivo municipal vén de facer público que onte mércores día 28 de xullo tivo lugar a segunda reunión do Consello climático xuvenil da Guarda, á que acudiron o grupo de mozos e mozas que forman parte do mesmo e tamén a persoa encargada de coordinar e apoiar esta acción: Laura Vidal, da empresa Dalle que dalle.   

 "O grupo aportou ideas, motivación e ilusión de cara a un proxecto que definen como unha oportunidade para participar directamente nun tema que lles preocupa e do que teñen moito que dicir.  

 Este consello tratará de ser un órgano asesor e consultivo no que xurdan ideas e propostas para levar a cabo no ámbito medioambiental que se encamiñen cara a un desenvolvemento sostible.  

 Así deberán detectar problemas locais e aportar ideas que axuden a solucionalos e tamén sensibilizar á poboación para promover á acción, promover o cambio.   

 O 26 de agosto terá lugar a seguinte cita, na que establecer o regulamento do consello, trazar ou deseñar a imaxe do mesmo, recoller a necesidade de levar a cabo algunha acción…   

 Este consello terá un intenso e motivador percorrido, con reunións mensuais durante os próximos 3 anos, ao que se poderán unir persoas mozas de 15 a 34 anos con inquedanzas arredor do cambio climático e queiran ter voz e espazo para participar."

OIA

PATRIMÓNIO

Considerações paisagistas em Oia 

(161ª parte)   


Caminho de Torres: Fortaleza da Conceição de Osuna, Salamanca

ENCONTROS POLIORCÉTICOS / Oia 

 Qual  será  a  data  da  "feitura"  do  caminho  falso  pela  Guarda,  aquando  se  pôs  em  funcionamento,  em  1995,  o  'ferryboat'  por  acaso?  Sem  pejo  nenhum,  a  consignatária  que  trata  da  negociata  urbanizadora  em  Oia  institui  um  caminho  "monacal"  que  deita  por  terra  qualquer  afiguramento  cabal  destes  senhores.  É  preciso  ter  muita  lata  e  descaramento  para  tentar  concretizar  a  NEGAÇÃO  DO  CARÁTER  MONACAL  DOS  CAMINHOS  PARA  SANTIAGO,  DE  TODOS  OS  CAMINHOS.  Façam  o  dito  percurso  de  livre  escolha,  mas  não  lhe  chamem  caminho  português  da  costa.  Entretanto,  novas  certificações  aparecem  em  Portugal  de  molde  a  patentear  a  sua  pertença  aos  verdadeiros  caminhos  portugueses.    

 Vamos  falar  do  CAMINHO  MINHOTO  RIBEIRO,  constando  dele  três  entradas  desde  Portugal.  Tem  um  caminho  principal  desde  Braga,  passando  por  Vilaverde,  Ponte  da  Barca,  Arcos  de  Valdevez,  Monção  e  Melgaço,  atravessando  os  paços  dos  concelhos de  Padrenda,  Pontedeva,  Cortegada,  Arnoia,  Castrelo  de  Miño,  Ribadavia,  Beade,  Leiro,  O  Carballiño,  Boborás,  Beariz,  Forcarei,  A  Estrada,  Vedra,  Boqueixón  e  Santiago.  Ou  seja,  no  mínimo  um  convento  de  dominicos  em  Ribadavia  e  um  mosteiro  em  Leiro,  de  San  Clodio.  Caminho  portanto  MONACAL. 



     

 Um  outro  percurso  será:  Braga,  Ponte  da  Barca  para  a  Baixa  Limia:  Lobios,  Entrimo,  Castro  Laboreiro  e  Padrenda,  onde  unir-se-á  com  o  antedito  caminho  principal.  A  terceira  entrada  desde  Portugal  será  desde  as  Terras  de  Bouro  até  os  arredores  de  Lobios  indo  para  Entrimo,  Castro  Laboreiro  e  Padrenda,  onde  unir-se-á  igualmente  ao  caminho  principal.  20  anos  de  continuada  pesquisa  da  parte  do  professor  Cástor  Pérez  Casal  e  de  muitas  outras  pessoas  abonam  a  idea  da  necessidade  de  fazer  jacobea  esta  rota.  Contudo,  seria  preciso  dar  maior  atenção  às  indicações  dadas  pelo  insigne  arqueólogo  Carlos  Alberto  Brochado  de  Almeida  relativamente  aos  multifacetados  caminhos  que  se  criam,  através  de  pontes  ou  calçadas  romanas,  no  Entre-Douro  e  Minho.    

 Mais  um  caminho  português:  'CAMINHO  DOS  ARRIEIROS  E  DA  JEIRA  ROMANA',  com  percurso  similar: 1)  Braga- Caldelas; 2)  Caldelas-Campo  de  Gerês;  3)  Campo  de  Gerês-Lobios;  4)  Lobios-Castro  Laboreiro;  5)  Castro  Laboreiro-Cortegada;  6)  Cortegada-Berán;  7)  Berán- Beariz;  8)  Beariz- Codeseda;  9)  Codeseda- Pontevea;  10)  Pontevea- Santiago.    




 Tratemos  igualmente  de  mais  um  caminho  português  para  Santiago,  cujos  conteúdos  poliorcéticos  são  significativos:  CAMINHO  DE  TORRES  (decorrente  da  alusão  ao  Diego  de  Torres  Villarroel).  Com  570  quilómetros  de  caminhada  atravessa  as  mais  díspares  terras,  sendo  que  o  início  começa  em  Salamanca,  passando  por  Robliza  de  Cojos,  San  Muñoz  e  Alba  de  Yeltes,  chegando  às  prazas  de  poliórcese  vária  como  Ciudad  Rodrigo  (  praza  abaluartada  ou  redutos  de  assédio  ),  Gallegos  de  Argañan,  Almeida  ('Estrela  da  Beira'),  Pinhel   ou  Trancoso  (neurobalística  medieva),  continuando  por  Sernancelhe,  Moimenta  da  Beira,  Lamego,  Mesão  Frio,  Amarante,  Guimarães,  Braga,  Ponte  de  Lima,  Rubiães,  Tui,  Redondela  e...Santiago.  Ou  não  fosse  eu  um  caminho  português,  dir-se-ía  !    

 Sinal  disto  tudo  será  a  capacidade  que  os  Caminhos  Portugueses  têm  para  o  ENTRONCAMENTO,  a  BIFURCAÇÃO,  a  MISTURA,  o  TRANÇAMENTO  e  a  CAPTAÇÃO  de  peregrinos  da  Via  da  Prata.  Também  o  EMBARQUE  DE  PEREGRINOS  para  Santiago  em  Aveiro,  Porto  ou  Viana  de  Castelo.  Os  Caminhos  Portugueses  para  Santiago  são  roteiros  bem  antigos,  expressão  nacional  e  tradicional  que  pouco  terá  a  ver  com  essa  estapafúrdia  turistificadora  e  anti-paisagem  vinda  de  Vigo.  

(Continuará)  

Artigo precedente.

O ROSAL

O Rosal lanza a web da súa Memoria Viva 

O portal dá acceso a todo o material que se vaia creando ao abeiro deste proxecto de recompilación do patrimonio inmaterial vivo do municipio

   


Capturas de pantalla da web do proxecto Memoria Viva


Infogauda / O Rosal

 O Concello de O Rosal lanzou a web do proxecto de memoria e patrimonio inmaterial Memoria Viva, un traballo plurianual que busca poñer en marcha un sistema de salvagarda dos bens intanxible do municipio, así como do coñecemento e da memoria que atesouran as persoas maiores do municipio. 

 Nesta páxina estarán dispoñibles os vídeos documentais das persoas de idade que participen, nos que se recollen os coñecementos relativos a unha época, un oficio, unha tradición ou calquera elemento patrimonial de interese. Ademais, tamén poderán atoparse os libros de pequeno formato de cada un dos participantes, para ler na páxina ou descargable en formato PDF e EPUB para libro electrónico. Nesta primeira edición o Concello contou coa inestimable colaboración de Nemesio Castro e Marcola González e das súas familias, sen as que non sería posible ter chegado a realizar os traballos de documentación e gravación. 


 Nemesio Castro

 Nemesio é un pequeno gran home. Forma parte do legado do Rosal e non só polo seu vínculo especial cun valor patrimonial fundamental para o noso pobo como son os muíños. Moi faladeiro, o dono do último muíño activo do Folón e do Picón, fala sempre da súa terra e dos rosaleiros e rosaleiras con orgullo e paixón. 


Marcola González



 Marcola é unha muller avanzada aos seus tempos, que sempre foi un paso por diante da realidade que lle tocou vivir, rachando barreiras e teitos de cristal. A súa é unha historia de impoñerse aos tempos, á idade, ás adversidades e a calquera que a considerara unha persoa do montón. 

 A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández, destacou que este proxecto “nace polo desexo de que non desapareza unha parte importante da nosa memoria individual e colectiva, de conservar esas historias que non están nos libros pero que son tan importantes para nós como rosaleiras e rosaleiros”.

GOIÁN

CONVOCATORIA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA EN TOMIÑO

Para este sábado día 31 de xullo, as 12:00 horas, diante da Galiña Azul, de Goián




Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Tomiño

 Veciñas e Veciños de Tomiño, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Tomiño convoca para este sábado 31 de xullo as 12:00 horas unha concentración para reinvindicar a REAPERTURA do consultorio médico de Goián. O lugar escollido será diante da Galiña Azul, xa que aquí era o antigo Consultorio (por detrás da praza de Abastos). 

 Están programadas varias intervencións de expertos en medicina xeral e o testemuño  dunha usuaria de Goián. Tamén aproveitaremos para poñer de manifesto o mal funcionamento e precariadade do Centro de Tomiño pola falla de profesionais e administrativos. Así mesmo, mostrar todo o noso  apoio pola gran labor que están facendo neste momento tan complicado. 

 Anunciarvos tamén que o vindeiro sábado 7 de agosto as 12:00 horas, faráse unha nova concentración diante do Concello.  

UNIDXS POLA SANIDADE, NON FALTES, É UNHA COUSA DE TODXS.

TOMIÑO

Tomiño pon en marcha cursos para aprender a manexar as app PassCOVID e Sergas Móbil  

O Concello busca axudar á veciñanza no uso das aplicacións sanitarias con actividades de formación de balde na aula CeMIT en agosto   


Casa do Concello de Tomiño
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño quere axudar á veciñanza a xestionar de xeito rápido, áxil e cómodo todas aquelas cuestións sanitarias accesibles a través das novas tecnoloxías. Por este motivo, pon a disposición de tomiñeses e tomiñesas a aula CeMIT, que organizará na primeira quincena de agosto varios cursos gratuítos para aprender a manexar as aplicacións PassCOVID e Sergas Móbil. “Queremos que todos os tomiñeses e tomiñesas teñan acceso á sanidade non só de forma presencial ou telefónica, senón tamén dixital, o que ten unha morea de beneficios para a veciñanza”, salienta a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.  

 Fomentar o emprego destas aplicacións permitirá ademais axudar a desconxestionar a xestión de trámites cotiás nos centros de saúde, que nestes intres están saturados ante a alta demanda de activacións da ‘Chave 365’, necesaria para cuestións como obter o certificado de vacinación COVID. “Cada proceso leva máis de 15 minutos e aínda que nós ofrecémoslle ao Sergas poder realizar como administración este trámite de momento non é posible. Por iso queremos animar e ensinar á veciñanza a empregar estas aplicacións, que permiten realizar diferentes trámites sen ter que acudir ou chamar ao centro de saúde”, explica a rexedora.  

 A aula CeMIT organizará varias quendas deste curso de 2 horas de duración na que as persoas participantes poderán adaptar os horarios ás súas necesidades sempre que coincidan co horario de apertura da aula, de luns a venres de 09.30 a 13.30 horas e os martes tamén de tarde de 16.30 a 20.30 horas.  

 Para inscribirse só é preciso anotarse presencialmente nas instalacións da aula CeMIT, situada no Campo da Feira; chamando ao teléfono 986 62 33 04 ou enviando un correo electrónico a cemit.tomino@xuntal.gal.

LÍNGUA

A Xunta de Galicia presenta o primeiro dicionario galego-ruso  

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o profesor Aleksandr Dziuba dan a coñecer o volume dixital que recompila preto de 11.000 lemas, que se ha completar ata os 40.000, e está dispoñible de balde no Portal da Lingua Galega

O representante autonómico expresa que se trata “dunha importante achega lexicográfica que afianza o vínculo entre o galego e o ruso e incide na proxección internacional e no seu coñecemento”


A Xunta de Galicia presentou hoxe o primeiro Dicionario galego-ruso nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o autor, Aleksandr Dziuba

Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 A Xunta de Galicia presentou hoxe o primeiro Dicionario galego-ruso nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o autor, Aleksandr Dziuba, profesor e auxiliar de conversa na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.

 O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade agradeulle a Dziuba a colaboración “para poñer en marcha esta ferramenta novidosa que constitúe unha importante achega lexicográfica que afianza o vínculo entre o galego e o ruso e que incide, ademais, na proxección internacional e no coñecemento da lingua propia de Galicia”. Valentín García recordou que a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta “ten precisamente na Universidade de San Petersburgo un dos centros de referencia no ámbito internacional na tradución ao galego, dirixido pola profesora Elena Zernova”.

 O Dicionario galego-ruso, concibido no ano 2020, pretende ser a primeira tentativa dun gran dicionario galego-ruso que inclúa tanto o léxico normativo, recoñecido pola RAG, coma palabras e mais expresións que actualmente se atopan fóra da norma estándar, a pesar de se empregaren no discurso escrito e na fala, que ademais aparecen nas obras clásicas e modernas da literatura galega.

Dicionario dixital con acceso libre e de balde

 O novo Dicionario galego-ruso está accesible de balde desde o Portal da Lingua Galega. Ten como persoas destinatarias as especialistas en lingua e cultura galegas, tradutoras, lexicógrafas, romanistas, comparatistas, profesorado e estudantado que aprende galego, e tamén galegos e galegas que aprenden ruso.

 Esta primeira edición conta con case 11.000 lemas organizados por orde alfabética e actualizarase periodicamente ata chegar ás 40.000 entradas. Amais, nas edicións posteriores planéase incluír un apéndice gramatical que conteña toda a información necesaria para saber as regras básicas da lingua galega. Un dos obxectivos principais da obra lexicográfica é crear unha ponte directa entre as culturas galega e rusa, que permita facilitar o proceso de aprendizaxe de ambas as dúas linguas e o traballo de tradución de textos literarios ou específicos de galego a ruso sen ter que acudir aos outros idiomas mediadores (castelán, portugués, inglés etc.).

 O autor, Aleksandr Dziuba, agarda que a publicación axude a aumentar a cantidade de traducións das obras literarias galegas ao ruso, “xa que a fermosa literatura multisecular galega merece moita máis sona no mundo non galegofalante, e ademais provoque unha nova vaga de interese na cultura e lingua rusas entre os galegos e galegas e viceversa”.

TURISMO

A Xunta de Galicia saúda a chegada a Santiago do peregrino 50.000 logo de percorrer o Camiño portugués da Costa  

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recibiu a María Pilar Acuña no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, ao que chegou cun grupo do proxecto Camiño Verde


O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recibiu hoxe no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino a María Pilar Acuña

Fotos: X.G.

A peregrina recibiu a certificación de mans de Segundo Pérez, cóengo delegado de Peregrinacións


Infogauda / Santiago de Compostela

 O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recibiu hoxe no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino a María Pilar Acuña, unha moza de Mos que recibiu a súa acreditación como peregrino 50.000 do ano 2021 logo de percorrer o Camiño Portugués da Costa xunto cos seus compañeiros do proxecto Camiño Verde, unha proposta de Acción Solidaria de Galicia (Asdegal) que forma parte do programa O teu Xacobeo.


A moza chegou a Santiago de Compostela xunto cun grupo de participantes no proxecto Camiño Verde, que partiu o pasado 6 de xullo da Guarda

 María Pilar Acuña, que é a segunda vez que percorre o Camiño de Santiago, recibiu de mans de Segundo Pérez, cóengo delegado de Peregrinacións, a súa Compostela e a certificación como peregrino 50.000 do ano, así como un libro e unha medalla do Ano Santo.

 A moza chegou a Santiago de Compostela xunto cun grupo de participantes no proxecto Camiño Verde, que partiu o pasado 6 de xullo da Guarda e que chegou a Compostela logo de percorrer máis de 160 quilómetros do Camiño Portugués da Costa. Ademais de polo vicepresidente primeiro, o grupo foi recibido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.


Alfonso Rueda saudou a chegada do grupo a Santiago de Compostela

 Camiño Verde é unha iniciativa da organización non gobernamental Asdegal que promove a dignidade das persoas independentemente da súa condición e que leva a cabo accións solidarias e ambientais, de tal xeito que o grupo aproveitou a súa peregrinación para desenvolver tarefas de limpeza e sensibilización ambiental no Camiño.

 Alfonso Rueda saudou a chegada do grupo a Santiago e constatou a progresiva recuperación do Camiño, que no presente mes de xullo contabiliza xa máis de 30.000 camiñantes, unha proba máis de que as rutas xacobeas son unha das opcións máis seguras para facer turismo en tempos de pandemia. Alfonso Rueda animou a María Pilar Acuña e aos seus compañeiros a repetir a experiencia no vindeiro ano, que tamén é Xacobeo.

TURISMO

Arcos de Valdevez no guia de Verão do Jornal Expresso 




 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Guia de Verão Porto e Norte do Jornal Expresso, do dia 23 de julho, na secção dedicada aos Jardins e Ecovias sugere a Ecovia do Vez como uma das propostas a usufruir por parte dos verdadeiros amantes da natureza!   

 “É ao longo dos rios Lima e Vez, rodeados de intenso verde, que corre esta ecopista. (…) Conte com verde refrescante, cursos de água e a imersão na paisagem única do Gerês. 

 Todo o percurso respeita o meio envolvente e ajudou a recuperar património existente ao longo de caminho, que pode também ser apreciado”, pode ler-se. 

 Arcos de Valdevez volta, assim, a destacar-se novamente num jornal de referência nacional pelos melhores motivos, o que vem atestar mais uma vez a oferta turística variada e de qualidade existente no nosso território.

MOAÑA

SUSPÉNDESE O XV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS


O Comité Organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia nun momento da reunión na que decidiu a suspensión do evento

Foto: Culturmar

 O Comité Organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, reunido hoxe con carácter de urxencia, decidiu a suspensión do evento debido á situación sanitaria na vila. A continuación reproducimos o comunicado feito público por este Comité e en breve completaremos esta información con todos os detalles.

Comunidado: Suspensión do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais


 O cambio de situación epidemiolóxico do Concello de Moaña, de nivel medio de restricións a nivel alto anunciado hoxe pola Xunta de Galicia, vendo a tendencia á alza dos datos de casos activos en Moaña e na área sanitaria de Vigo, ante unha posible entrada no nivel extremo na vindeira semana, desde o comité organizador avaliamos que non se dan as circuntancias favorables para desenvolver con plenas garantías o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

 Desde a organización levamos máis dun ano traballando no evento, intentando por todos os medios e ata o último momento celebrar o Encontro, que contribuiría a dinamizar a economía local, a que Moaña desfrutase da cultura e do patrimonio marítimo pesqueiro galego, a mostrar a quen nos visitase a nosa esencia de vila mariñeira; mais a situación sanitaria na que está inmersa Galicia fainos tomar unha decisión difícil e complexa. 

 Somos conscientes de que hai tripulacións e delegacións que xa están en camiño, persoas voluntarias comprometidas coa celebración, colectivos e entidades colaboradoras, por iso lamentamos moito as molestias que lles poida ocasionar esta suspensión e pedimos desculpas polas mesmas.

 Por último, queremos agradecer e recoñecer a todas persoas, entidades e patrocinadoras desta edición o seu compromiso e a súa colaboración. 

Comité Organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais

OIA

Últimos días para reservar praza para o concerto gratuíto de Oscar Ibáñez do sábado en Oia   

A inscrición pode facerse no correo electrónico cultura@concellodeoia.es no teléfono 986 362 125 ou na oficina de turismo ata o venres  


Oscar Ibáñez & Tribo vai presentar o seu espectáculo “Porteláns” en Oia

Infogauda / Oia

 O vindeiro sábado 31 de xullo Oscar Ibáñez & Tribo presenta o seu espectáculo “Porteláns” en Oia a través da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración do Concello de Oia. A cita será ás 21h na Eira do Convento, para a que haberá que reservar entradas a través do correo electrónico cultura@concellodeoia.es, o teléfono 986 362 125 ou na oficina de turismo. O prazo de inscrición remata este venres ás 13.00 horas.   




 Para este concerto a banda Oscar Ibáñez & Tribo estará integrada por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria como Sara Formoso (Circo del Sol), acordeón; Paula Gómez (Triguiñuelas, Xosé Liz Cuarteto), violín; Carlos Calviño (Roi Casal), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; e Carlos Castro (Fía na Roca), batería e percusión. No espectáculo Porteláns colaboran ademais Pepe Romero, Jorge Maño e Adrián García (Banda de Gaitas Suevia), Daniel García e Álvaro Rúa (Banda de Gaitas Nova Era) e a xilofonista Carla Villanueva.   

 O espectáculo “Porteláns” foi creado especialmente en 2020 para conmemorar o centenario do nacemento do célebre Gaiteiro de Viascón Ricardo Portela. Neste espectáculo Oscar Ibáñez & Tribo percorre o repertorio máis característico de Ricardo Portela dende una perspectiva actual aportando arranxos musicais novos e frescos así como a incorporación os timbres da frauta, o violín, o acordeón, a guitarra, o baixo, a batería ou o xilófono á sonoridade das gaitas e a percusión tradicional, propia e única na estética do cuarteto de gaitas característico en Ricardo Portela.   

 A actualización deste xeito do repertorio portelán constitúe un importante fito porque é a primeira vez que se realiza un espectáculo monográfico baseado no repertorio de Ricardo Portela. Ademais, permite traer ao noso tempo a música tradicional nun formato moderno e de altísima calidade presentado dun xeito que resulta atractivo para todos os públicos, e que á vez contribúe á posta en valor dun dos máis grandes referentes da gaita galega de todos os tempos.  

Oscar Ibáñez  

 Oscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista fascinante que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, que ten como resultado un novo e único son. Na súa traxectoria como solista publicou os discos “Alén do mar” (VIR, 2012) e “Aires de Pontevedra” (Inquedanzas Sonoras, 2017) alén doutros traballos de investigación como os libros-CD “Os Montes de Lugo” (Ouvirmos, 2007), “O Quinteto Monterrey” (Dos Acordes, 2009) ou “Xoán Tilve Gaiteiro de Campañó” (aCentral Folque, 2015).   

 A gran calidade da súa banda de directo Oscar Ibáñez & Tribo foi recoñecida en máis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis importantes como: Festival Intercéltico de Lorient (Lorient, Bretaña); Festival Capodanno Céltico (Milán, Italia); Festival Internacional da Máscara Ibérica (Lisboa, Portugal) ou o Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Ortigueira, Galicia), entre outros.

ARCOS DE VALDEVEZ

Arcos de Valdevez em destaque no Programa Somos Portugal da TVI 


Apresentadores/as do programa “Somos Portugal” da TVI
Fotos: C.M.A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Arcos de Valdevez esteve em destaque este fim-de-semana no programa “Somos Portugal” da TVI, que foi transmitido em direto, no domingo, a partir do Largo da Lapa, para Portugal e para o mundo, através da TVI Internacional. 


Esta foi mais uma oportunidade de promover o concelho em direto para milhares de pessoas

 Ao longo de seis horas os apresentadores deram a conhecer à grande audiência da TVI a beleza natural e paisagística, a cultura, a gastronomia e a oferta turística do concelho, sem esquecer as habituais brincadeiras com o público e os interessantes apontamentos de reportagem destinados a desvendar as muitas experiências possíveis de realizar em Arcos de Valdevez. 

 Esta foi mais uma oportunidade de promover o concelho em direto para milhares de pessoas, de dar a conhecer o que de melhor se faz na nossa terra e o muito de bom que o Concelho tem para oferecer. Nesta emissão foram destacados o Património Natural e Cultural, uma gastronomia rica e diversas opções de turismo de natureza, entre as quais se destacaram a Porta do Mezio, porta de entrada para o PNPG, o Soajo, a Peneda, Sistelo, as ecovias e os trilhos, as florestas da Miranda e Rio Frio, o Paço de Giela, as Oficinas de Criatividade Himalaya e o Centro Interpretativo do Barroco.  

 Mereceram igualmente destaque as tradições seculares, o folclore, o artesanato, o fumeiro, o vinho verde e os sabores tradicionais. 

 Com esta iniciativa, o Município pretendeu promover os recursos endógenos do território que, cada vez mais, se assumem como um importante fator de desenvolvimento de Arcos de Valdevez.