17 de xuño de 2025

OPINIÓN

NA PRESENTACIÓN DUN LIBRO, SE SAE, VOLVEREI A REPETIRME E ENGADIREI AO FINAL




Manuel Vázquez de la Cruz 

 Ese libro - se sae publicado -, só pretende ser o froito dalgunhas historias de amor ou amores. E tamén a manifestación pública dun recordo. 

 Aquí, ao lado, viviu un home namorado da vida, da verdade, do progreso, da poesia, da dignidade... Seu pai chámase Juan. Quedou cedo orfo de nai. Como moitos outros, emigrou a Argentina. Alí casou con Juliana, en Pergamino. 

 Voltaron e foron tendo fillos. Puxéronlle os nomes das súa concepción da vida. 

 En Tui, en Pazos de Reis, naceu Gumersindo. Un home valente e bo. Comprometido cos da súa clase. Pero, no decir de uns e outros, quería a todo o mundo e todo o mundo o quería a el. Casou con María, unha muller de ollos craros. 

 Os dous homes foron víctimas do cainismo fascista. As súas mulleres andaron anos e anos de loito e as dúas levaron o mesmo peiteado de moño. Tamén, ás dúas, tiveron que ter agochada a memoria. Sen falar deles como se non tiveran existido nunca. 

 As dúas viviron xuntas os derradeiros anos dax súas vidas. As dúas están enterradas no cemiterio de Caldelas. Eles..., Domingo está, por ordeno e mando dos seus asasinos no val de hipocresía, de los caídos lle chaman. Gumersindo, nunha fosa común no cemiterio de Pontevedra. Por eles os dous sae este libro. É só un gran, e un grito contra o esquecimento. Non porque as cousas que se esquecen poden repetirse, senón porque, se non os recordamos, seremos inxustos con xente moi xusta, mou legal, moi boa… 

 É, ademáis, quero botar fora de min a negrura de - na miña adolescencia - ter vestido cas mesmas roupas que os asesinos de Domingo, Gumersindo,..., de todos os que son dos meus. Os nomes dos de Tui que sofreron persecución están neste libro. E son dos meus, os que defenderon a legalidade republicana ca legalidade das leis. 

 E son dos meus os que proclamaron paz, piedade e perdón.  

 Hoxe penso que os que traicionan ao pobo, e son dos nosos, como Ábalos e súa banda de corruptos e os corruptores, deberían ser condenados por todos nós, os que pensan coma mín, polo tanto millóns que votaron contra PP e Vox, ao silencio como se facía en Roma cos traidores. Os outros, os que se aproveitan e queren cobrar políticamente como M.Rajoy e compañía. Deus meu, coidado con eles. 

 O exemplo siguen sendo outros, que foron e son, bos e xenerosos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario