Camposancos celebrou a Noite de San Xoán
• Coa participación da veciñanza e a actuación do Grupo Lirolai
Infogauda / Camposancos
Organizada por Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos e a Asociación Cultural Rego de Bicosán, onte tivo lugar na Casa de Montes de Camposancos, a celebración de Noite de San Xoán.
Presentou a festa José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da devandita Comunidade de Montes de Camposancos, facendo fincapé “en que despois de moitos anos, quizais poidera ser esta a derradeira, debido a que a avaricia dos veciños da parroquia de Salcidos tentan arrebatarnos no xulgado a propiedade da totalidade do monte iniciando, por detrás, un proceso xudicial.
En fin hoxe [por onte luns, 23 de xuño] estamos de festa, e nesta ocasión é a das cacharelas ou fachos. Non esquezamos que o lume cambiou a nosa forma de vivir”.
Asemade, non esqueceu lembrar que “no día do solsticio de verán non debemos mirar pra outro lado e esquecer que hai cacharelas destructoras, xenocidios, guerras Gaza, Irán,...”.
Rematou dicindo que “as nosas cacharelas son de liberdade e pedindo cordura os políticos”.
Dese xeito, malia a todo, a música e as cantigas xeraron a ledicia do respectable público - formado maioritariamente por persoas veciñas de Camposancos - uníndose a maxia da Noite de San Xoán, motivando unha fermosa foliada arredor da cacharela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario