ACCIÓN REIVINDICATIVA DA ASOCIACIÓN DE VECINOS MALTESES VELLO
• Foi realizada onte, domingo, 22 de xuño
Asociación de veciños de Malteses / A Guarda
Na xornada de onte, 22 de xuño de 2025, a asociación de veciños de Malteses manifestou a súa desconformidade coa xestión municipal do barrio nunha xornada festiva e reivindicativa a partes iguais.
Durante a mañá tomamos a rúa Malteses que permaneceu cortada ao intenso tráfico que habitualmente circula por alí, para colorear con xices cada un das fochancas que nos acompañan durante anos, poñerlles nome e definir a data da súa aparición, algúns no século pasado.
Os veciños decoraron as súas fachadas con bolsas de lixo con lemas tales como “Carrero arranxa a rúa” ou “Fochancas perigosas” para concienciar ao concello e a cidadanía da necesidade de dignificar a zona e poñela en valor.
Por fin, os nenos do barrio saíron a xogar á rúa á pelota e mesmo estiveron sentados no centro de Malteses facendo xogos libres e imaxinativos, demostrando así, que o problema non está na tecnoloxía e os móbiles senón, na falta de zonas seguras para o xogo libre.
Durante toda a mañá, os veciños falaron cos viandantes e curiosos poñendo de manifesto o motivo das súas queixas, o abandono institucional que sofre a zona e a sistemática falta de respecto que sofre o barrio desde hai décadas.
Os veciños reclamamos:
- Accesibilidade universal, reparación de pedras e sumidoiros ruidosas e consolidade o pavimento.
- Limpezas regulares con máquina a presión, control de pragas e papeleiras.
- Control do tráfico, acceso e exceso de velocidade.
- Garantías de accesibilidade a servizos de emerxencias e ambulancias que non poden pasar.
En definitiva, ter os mesmos dereitos que calquera outro barrio.
Non descartamos mobilizacións no futuro de non solicionarse o problema... Forza Malteses!
Ningún comentario:
Publicar un comentario