APOIO AS REIVINDICACIONS LABORAIS DOS TRABALLADORES DE I.K.F.
Celso Rodríguez Fariñas (concelleiro do Grupo Municipal de CG no Concello de A Guarda): "(...) dende CONVERXENCIA GALEGA, nos poñemos a súa disposición para respaldar todas aquelas propostas que axuden a dar seguridade e estabilidade os postos de traballo (...)"
Infogauda / A Guarda
Como vimos informando neste xornal dixital transfronteirizo, o persoal de Imerys Kiln Furniture España, S. A. (IKF), da fábrica das Cachadas (A Guarda) permanece en folga. No tempo que levan inactivas as diferentes seccións da factoría, as traballadoras e traballadores teñen recibido o apoio de diferentes representantes públicos, pois non en balde, esa fábrica da emprego a un importe número de persoas de A Guarda e súa contorna.
Dese xeito damos conta que neste xoves día 29 de xullo de 2021, vimos de receber na Redacción de Infogauda, o seguinte comunicado:
No día de hoxe, quen abaixo suscribe, en calidade de concelleiro do Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, acudiu o punto de encontro no acceso as instalación da fábrica I.K.F. adicada a producción de materiais refractarios e que levan máis de dúas semáns de folga indefinida na defensa dos seus dereitos consolidados, e que ven perigar nas novas propostas que recibiron por escrito por parte da empresa. Así mesmo, tamén consideran que é un retroceso o acordo plantexado pola patronal, respecto a doble escala laboral.
Fomos informados das propostas feitas por ambas partes, -patronal e sindical- en aras dun entendemento, pero a postura da fábrica é inamovible, o que ten provocado a ruptura das negociacións, aínda que no momento da visita, o Comité de Empresa recibiu unha mensaxe da Dirección de I.K.F., emplazándollos para mañá venres as 11 da mañá.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, queremos amosar noso total respaldo as reclamacións dos traballadores/as, dereitos que foron conquistados e plasmados en diversos Conveniós Laborais o longo do tempo e que non se poden perder.
Ademais, dende CONVERXENCIA GALEGA, nos poñemos a súa disposición para respaldar todas aquelas propostas que axuden a dar seguridade e estabilidade os postos de traballo, así como, a aquilo que sexa preciso levar adiante para darlle tranquilidade as familias e garanten a continuidade dun centro laboral dos máis importantes na nosa bisbarra.
A Guarda, a 29 de xullo do 2021
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario