PETANCA
Anxo Rodríguez Guisantes, Álex Rodríguez Guisantes e Generoso Guisantes Nogueira, do Club de Petanca O Caldeiro, clasificados para o Campionato de España de Dupletas
Que se celebrará os días 18 e 19 de outubro en Lorca
Infogauda / A Guarda
Na pasada fin de semana, Anxo Rodríguez Guisantes, Álex Rodríguez Guisantes e Generoso Guisantes Nogueira, do Club de Petanca O Caldeiro, de Camposancos (A Guarda), acadaron o segundo posto na Fase Previa ao Campionato de España de Dupletas, celebrada en Redondela.
Grazas a ese resultado, o equipo logrou á clasificación para participar no Campionato de España que se celebrará os días 18 e 19 do vindeiro mes de outubro, na localidade murciana de Lorca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario