19 de xuño de 2025

A GUARDA

PRÓXIMAS ACCIÓNS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA RÚA MALTESES  

 Que terán lugar a mañá do domingo 22, coincidindo cos cortes de tráfico na zona para a celebración dun desfile de carácter relixioso


Vista das persoas participante nunha asemblea da Asociación de Veciños de Malteses

Asociación de Veciños de Malteses / A Guarda

 O venres, 13 de xuño, reuniuse a asemblea da Asociación de Veciños de Malteses, e debido á situación de abandono que sofre a rúa Malteses, da Guarda, desde hai varias décadas, decidimos en colectividade realizar unhas accións reivindicativas con carácter festivo, para forzar ao Concello a dignificar a zona ata poñela á mesma altura que o resto dos barrios da Guarda. cuestións tan obvias e elementais que nos parece increible que no século XXI non estean resoltas aínda, tales como limpeza do barrio, arranxar as fochancas ou controlar aos centos de infractores que diariamente se saltan os sinais de tráfico entre outras.   

 Gustaríanos convidar a toda a cidadanía a participar e en especial ás e aos nenos/as tanto do barrio, como doutras zonas, en dúas propostas tan reivindicativas como festivas, que terán lugar a mañá do domingo 22, coincidindo cos cortes de tráfico na zona para a celebración dun desfile de carácter relixioso.  

“Saca a túa bolsa de lixo” 

 Un proxecto artístico que consiste en decorar a rúa con bolsas de lixo de cores con lemas tales como “Carrero limpa a rúa”, “Malteses preciosa pero sucia”, “Arranxade as fochancas”,  aínda que confiamos plenamente na creatividade dos veciños, que seguro nos sorprenden.  

“Pinta a túa Fochanca” 

 Un traballo de intervención urbana consistente en decorar  con xiz cada un das fochancas que nos acompañan durante décadas, poñerlles nome e chamar a atención sobre a súa localización e estado, por se as autoridades non se deron conta da súa existencia no último lustro.  

 Agradecemos á cidadanía a difusión e a participación, para poder poñer en valor o barrio mais antigo da Guarda.  

Dani 677 447 918  

Leti 618 760 191  

Fátima 637 794 678  

 Agradecemos a difusión, pois algúns medios de comunicación locais están a boicotear a información que non é afín aos seus grupos de interes. Grazas por compartir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario