20 de xuño de 2025

A GUARDA

 A Guarda presenta un verán cheo de plans   

• O Concello de A Guarda ten por diante unha programación estival chea de propostas para desfrutar con toda a familia  


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, cos concelleiros Óscar Alonso Álvarez e Isidro Lomba Lorenzo, na presentación da programación da axenda de verán 2025
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 Este sábado comeza oficialmente o verán e, con el, toda a programación para a época estival ponse en marcha.  

 O Concello de A Guarda presenta este ano unha axenda de verán chea de propostas para desfrutar con amizades, en familia, de tarde, pola noite,... Plans para todos os gustos e idades.  





 Durante estes tres meses desfrutaremos de eventos e competicións deportivas de todo tipo, desde o arranque co II Trail Camposancos ó solpor ata torneos de baloncesto e premios ciclistas. Tamén teremos as festas que marcan cada verán dos guardeses e guardesas, como a festividade da Virxe do Carme, a Festa do Monte Santa Trega ou a romaría de Santa Trega, entre outras.  

 A música estará presente todo o verán co programa TocaMúsica, cos seráns e con outros concertos e actuacións, como o de Roi Casal en agosto. Case sen descanso a Casa dos Alonso acollerá diversas exposicións: pinturas, figuras metálicas, maquetas, óleos...  

 Hai plans para elixir A Guarda este verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario