29 de xul. de 2021

A GUARDA

O Consello climático xuvenil da Guarda celebrou súa segunda reunión

Acudiron o grupo de mozos e mozas que forman parte do mesmo, e tamén Laura Vidal, a persoa encargada de coordinar e apoiar esta acción




Infogauda / A Guarda  

 O executivo municipal vén de facer público que onte mércores día 28 de xullo tivo lugar a segunda reunión do Consello climático xuvenil da Guarda, á que acudiron o grupo de mozos e mozas que forman parte do mesmo e tamén a persoa encargada de coordinar e apoiar esta acción: Laura Vidal, da empresa Dalle que dalle.   

 "O grupo aportou ideas, motivación e ilusión de cara a un proxecto que definen como unha oportunidade para participar directamente nun tema que lles preocupa e do que teñen moito que dicir.  

 Este consello tratará de ser un órgano asesor e consultivo no que xurdan ideas e propostas para levar a cabo no ámbito medioambiental que se encamiñen cara a un desenvolvemento sostible.  

 Así deberán detectar problemas locais e aportar ideas que axuden a solucionalos e tamén sensibilizar á poboación para promover á acción, promover o cambio.   

 O 26 de agosto terá lugar a seguinte cita, na que establecer o regulamento do consello, trazar ou deseñar a imaxe do mesmo, recoller a necesidade de levar a cabo algunha acción…   

 Este consello terá un intenso e motivador percorrido, con reunións mensuais durante os próximos 3 anos, ao que se poderán unir persoas mozas de 15 a 34 anos con inquedanzas arredor do cambio climático e queiran ter voz e espazo para participar."

Ningún comentario:

Publicar un comentario