3 de abr. de 2019

A GUARDA

O Concello mellora a accesibilidade da Rúa Baixo Muro

Para por en valor a muralla medieval  


Nas imaxes amósanse os lugares onde será preciso intervir para facilitar o acceso a rúa Baixo Muro desde á rúa Ireira e viceversa
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal ven de facer público no día de hoxe que dende fai anos o Concello da Guarda traballa na mellora da accesibilidade da Rúa Baixo Muro, unha rúa na que se atopa un dos elementos patrimoniais característicos do casco histórico da vila como é a muralla medieval.  

 As mesmas fontes municipais tamén indicaron queen febreiro deste ano recibiuse, por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a aprobación do Informe ambiental estratéxico para a modificación puntual nº 5 do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), que permitirá a conexión da Rúa Baixo Muro coa Rúa Ireira.  

 Este informe permite continuar coa tramitación para que esta actuación sexa unha realidade, permitindo por unha banda, mellorar a accesibilidade desta zona do casco histórico, unha zona con fortes desniveis con escaleiras, pondo en valor por outra banda, un elemento moi importante do patrimonio da vila da Guarda. Ademais esta actuación permitirá mellorar o acceso a unha boa parte da poboación á zona comercial.  

 Nesta actuación contémplase a expropiación forzosa de parte dunha parcela para realizar a apertura viaria mediante o derrubo dunha edificación auxiliar anexa a unha vivenda de dúas prantas, pasando a formar parte do sistema viario.

  Aos efectos oportunos e para situarnos na orixe das cousas, compre relembrar que a demanda de supresión de barreiras arquitectónicas e con ela a mellora de accesibilidade no entorno da rúa Baixo Muro, é unha reivindicación que desde fai anos comezou o veciño desa rúa, Valentín González González, e debido á súa posterior merma de saúde, continuouna súa filla.  

 Para quen desexe saber algo máis sobor deste asunto, facilitamos varias das informacións publicadas en Infogauda sobor deste tema, e logo que cada lector/a, tire súas própias conclusións ao respecto. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario