CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN MENOS POPULISMO
E MAIS ACCIONS CONCRETAS DE APOIO O COMERCIO LOCAL
Tralas declaracións feitas polo
Sr. Alcalde o pasado domingo no que manifestaba que dado que estabamos en
crise, había que “minimizar a cobertura legal e non poñer obstáculos para a súa
celebración” creemos que é preciso que se aclaren moitas cousas.
Queremos deixar claro para que logo “ninguén”
pretenda poñer na nosa boca o que non dixemos, que dende o primer momento, e
así o expresamos cando falamos co colectivo de comerciantes da Plaza Nova, que dende
CONVERXENCIA GALEGA, apoiamos de maneira rotunda esta iniciativa, consideramos que dende a
Alcaldía, hai outras moitas maneiras de respaldar o comercio local, entre elas:
- Rebaixar dos impostos
municipais.
- Cobrar a auga os veciños e negocios polo consumo real e non por tramos.
- Suspender de maneira provisional o cobro da tarifa de terrazas.
- Manter a localidade limpa de maneira
permanente e non dar o espectáculo das nosas rúas durante as Festas do Monte,
donde as potadas, orines e viño fermentado “atufaba”
- Desenrrolar
actividades que atraian visitantes e turistas o noso pobo, e fundamentalmente
evitar que quede vacio os fíns de semán.
- Crear
zonas de aparcamento que permitan aproximarse os negocios do centro da Vila e
revisar a O.R.A. sobre a sua efectividade e quen on sirva de “zona reservada”
para entidades bancarias e negocios “privados” como acontecen a rua Concepción
Arena la vista de tódolos veciños..
- Contenedores limpos e non apestosos a veira dos negocios
- Boa
sinalización para chegar sen problemas e despistes aos lugares.
Todo o que sinalamos e outras moitas iniciativas
deben ser impulsadas dende o Concello, e non declaracións de moito “bla, bla,
bla” e nada en efectivo. ¿Será posible que a Concelleira de Comercio faga unhas
manifestacións de “Gracias a esta actividade o COMERCIO DA GUARDA TEN VIDA” Si
os negocios do nos pobo viviran dunha actividade celebrada un sábado de cada mes, ¡vaiche boa…! Se non falaranos de un tema serio, sería para
“despendolarse de risa” con un día o mes, todo resolto…. Si é así, tódolos
locais e en tódalas rúas a levar adiante esta iniciativa e así evitamos o peche
de moitos dos nosos negocios… ¿Si piden un mercadillo os comerciantes doutra
rúa, cal vai ser a resposta? ¿Si piden outro día da semana, que pasa?
¿Por qué si tanto se apoia o Comercio se vota en
contra de baixar os impostos municipais, fundamentalmente o da auga? ¿Por qué
non se rebaixan os demais impostos? ¿Pero si queremos darlle cobertura legal a
esta e outras actividades, ¿Por qué non se modifican o Regulamento de venda
Ambulante e poñemos un apartado que
incluímos estas actividades?
¿Por qué se vota en contra cando se propoñen
outras Festas Gastronómicas?
Sería interesante que o Sr. Alcalde en vez de
falar para o vento, dixera que si se dera unha situación de inspección por
parte da Seguridade Social, Traballo e Comercio, que o Concello protexería e
asumiría a defensa dos comerciantes que poideran ser sancionados por esta
actividade. Si na Lei de Comercio non ten cobertura, que se modifique a
Ordenanza, se faga unha nova ou se faga o que sexa necesario para evitar que
xurdan problemas e sancións.
Había que recordar aquel Alcalde que cando se
regulou o percebe, predicaba que os seús
veciños seguiran collendo que logo iría el a falar con D. Manuel. ¡¡os que lle
fixeron caso, tarde ou cedo tiveron que pasar por “caixa” Algo parecido
pasoulles cas promesas que fixo os do “Gran Prix”
Agora
xa escomenza a falar polo baixiño de que vai desaparecer o ferri, ¡Revise a
hemeroteca da prensa que se consume nesta zona e verá as “bofetadas” que se
largaban co outro partido maioritario pola “paternidade” do barco a nivel de
Madrid e de Santiago…! Bueno, como imos ter “goberno amigo” ¿perdonarannos as
débedas que din que temos?
Pero bueno, fai un ano que se puxo en suspenso a
Ordenanza de acceso os garaxes e a día de hoxe ainda non arranxaron nada dende
Equipo de Goberno, a súa postura dende fai tempo e evitar calquer “reclamación
e/ou protesta” de calquer colectivo.
Dende
CONVERXENCIA GALEGA, queremos chamala atención, de que a postura do PSOE e toda a laboura neste
tema, vai quedar en “boas intencións”
pero o “paulazo” e o susto vai ser para o comerciante, e senón, “al
loro” seguiremos atentos os acontecementos.
A Guarda a 1º de Octubro do 2.013
Celso R. Fariñas
Rexistro de Entrada nº 5284
Data de Rexistro: 01-10-2013
Sr.
Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda