3 de abr. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

MÚSICA E PALABRAS

Venres día 5 de abril, ás 20:30 horas, na Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos


Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos ten a ben organizar unha nova sesión de Música e Palabras. Será este venres día 5 de abril, ás 20:30 horas, na Casa de Montes de Camposancos.

 Música e Palabras é unha iniciativa aberta a tódolos públicos, tanto comuneiros e veciños de Camposancos, como os visitantes, na quen o desexe pode recitar un ou varios poemas, interpretar algún tema musical,..., e sobor de todo, compartir un anaco dese tempo que nos viu dado, e que as veces semella que é tan fuxidío, sobor de todo cando andamos como se fósemos autómatas. E afortunadamente non o somos. Por iso, de cando en vez, é necesario reencontrarnos. Co nós mesmos e cos demáis.

 Música e Palabras é unha proposta relaxante, salutífera e vivificante. Non ten ningún tipo de contraindicacións e tampouco ten efectos secundarios. 

 Dese xeito tan soio é preciso achegarse á Casa de Montes de Camposancos e compartir Música e Palabras. Non é necesaria prescrición facultativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario