CONVERXENCIA GALEGA RECRAMA O CUMPLIMENTO DOS ACORDOS PLENARIOS ADOITADOS POLA CORPORACIÓN MUNICIPAL
Josué Álvarez Alonso (Responsable Local de Converxencia Galega): "(...) non interesa que se faga o seguimento das propostas que se levan a Pleno, cando as Mocións aprobadas en Pleno, son de obligatorio cumplimento, pero deste xeito, un dolor de cabeza menos para o Goberno Municipal, e menos actividade para a oposición, especialmente do Grupo Político que a presenta (...)".
Infogauda / A Guarda
Josué Alvarez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega, de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, unha comunicación na que dí o seguinte:
¡¡¡O PORQUÉ DA MESA DE SEGUIMENTO DAS MOCIÓNS APROBADAS!!!
Cando decidimos levar o Pleno Ordinario celebrado o pasado día 24 setembro unha moción para a CREACIÓN DUNHA MESA SE SEGUIMENTO DAS MOCIÓNS APROBADAS, tiña como intención que as mocións que se levan a Pleno, o seu efecto non chegara ata ese momento, senón que que por medio desta MESA que se reuniría cada TRES MESES podera saberse si se tiñan levado a cabo os acordos do tipo que fosen, dar traslado o Parlamento Galego ou Español, a unha Consellería ou Ministerio, implicar o Concello ou a quen lle correspondera a solucionar algún problema ou comprometer unha partida económica para ese ou o seguinte ano, arranxar ou levar a cabo unha inversión decidida pola maioría.
Desgraciadamente, cada un deu o seu discurso e ata aquí “paz” e mañán “gloria” porque viu a demostrarse que ése é un tema que non importa e soio se busca o titular ou a foto nos medios para decir diante dos veciños/as que o “asunto” está resolto ou que “o fixemos” moi ben”, cando na realidade, o tema sigue como está e non importa si se resolve ou non, de tódolos xeitos, alá cada un ca súa concencia.
“Para mostra, un botón” iso dí o refrán, e debe ser verdade, xa que poñemos como exemplo, unha nota de prensa publicada o martes, 19 de junio de 2012, en pleno debate da reivindicación dunha rampa de acceso o Baixo Muro, para que Valentín González González, tivera a posibilidade de saír da súa vivenda e poder levalo o médico ou de paseo por parte dos seus familiares.
Arquivo: Converxencia Galega - A Guarda
TITULAR:
A GUARDA ACUERDA COMUNICAR LAS CALLES BAIXO MURO E IREIRA
El Pleno de la corporación municipal de A Guarda aprobó por unanimidad la propuesta del BNG para comunicar entre sí las calles Baixo Muro e Ireira, lo que supondrá abrir al Baixo Muro al resto del casco urbano, convirtiéndose así en una alternativa a la situación de aislamiento de una zona de viviendas rodeada de escaleras. El BNG informa que para este grupo político la comunicación “supone la puesta de valor del antiguo muro como atractivo turístico, consolidando el perímetro del núcleo medieval”.
Continua a nota: El BNG que encabeza Xan Lois Lomba anuncia que realizará un seguimiento del proceso de la ejecución de este acuerdo plenario, con el fin de que la conexión citada sea una realidad.
Despois de máis de TRES (3) ANOS quedan varias preguntas: ¿¿Que se fixo neste asunto?? RESPOSTA: Nada de nada, nin hai xestións feitas para comprar, expropiar, negociar ou calquer outra fórmula urbanística para por en marcha a ¿¿apertura?? ¿¿Existe algunha partida económica nos Presupostos Municipais para levar adiante esta xestión?? ¡¡NON!! ¿¿Se solicitou algunha axuda económica a algún departamento da Xunta ou Deputación para financiar esta idea?? ¿¿Se valorou o custe da mesma?? ¡¡NON!! O tema somentes serviu para “un minuto de gloria nos medios de comunicación” e logo a “dormir o longo sono do esquecemento”.
Isto é un exemplo, pero como éste hai moitos, por iso non interesa que se faga o seguimento das propostas que se levan a Pleno, cando as Mocions aprobadas en Pleno, son de obligatorio cumplimento, pero deste xeito, un dolor de cabeza menos para o Goberno Municipal, e menos actividade para a oposición, especialmente do Grupo Político que a presenta.
Por que temos concencia de que a maioría das veces, se dí sí por “cumplir”, logo o Goberno foi o que lles peta, ou moitas das veces, durme o tema para que non se volva a falar do mesmo, salvo que aconteza algún suceso extra que o volva a poñer a “flote”.
A Guarda, a 28 de setembro do 2.015
Josué Alvarez Alonso
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Accdtal.
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario