7 de abr. de 2012

A GUARDA

ACRARACIÓNS DA FAMILIA DE VALENTÍN GONZÁLEZ GONZÁLEZ

Vista parcial da Rúa Baixo Muro, en cuia intersección coa Rúa Colón, precísase unha rampa de acceso 
Foto: Infogauda

Tralas declaracións do Sr. Alcalde en diversos medios de comunicación o pasado día 5 de abril, sobre a construcción dunha rampa de acceso o Baixo Muro que permita que méu pai VALENTIN GONZÁLEZ GONZÁLEZ, poda ser levado sen problemas a distintos puntos do pobo, sen estar atrapado entre catro rúas que rematan en escaleiras, no nome da familia, queremos clarexar varias cousas:

1º).- As explicacións que dá son erróneas, xa que parte dún proxecto “feito a carta” por parte do Aparellador Municipal e así poder xustificar a negación da petición feita por escrito por parte de centos de guardeses. ¿Estamos todos equivocados é somentes o Alcalde e séu grupo son os transmisores da razón e a verdade?

2º).- O que se presentou no Pleno ordinario, por parte da concelleira de Converxencia Galega, quen actuou autorizada e en representación da familia, foi un proxecto elaborado por un Arquitecto da nosa localidade, que partindo da premisa da existencia das escaleiras da Confraría que ocupan unha boa parte da rúa, integrounas na plataforma que forma parte da solución, axustándose en todo momento a Lei de Accesibilidade, polo que minte o decir que a solución aportada empeoraría sustancialmente a movilidade dos demais residentes na zona. ¿Será que está recoñecendo que a súa solución non sirve?

3º).- ¿Cómo pode plantexar como solución o enviar a dous obreiros municipais cada vez que sexa preciso para subir a Valentín ata a ambulancia? E si se pon outro veciño enfermo, ¿tamén vai mandar dous operarios?  Esta oferta non sabemos en que grupo poñela, si na de populista, demagóxica ou na da colección de tonterías diarias.

4º).- Como pode chamar populista e demagóxica unha campaña de recollida de sinaturas entre os veciños e presentadas no Concello en cantidade superior as cincocentas, acompañadas dún  proxecto alternativo, serio e veráz, buscando unha solución para méu pai? ¿El non faría o mesmo pola súa familia?

5º).- Populismo e demagoxia é a súa especialidade, Sr. Alcalde, e senón que o digan os veciños da xuntanza do Gran Prix,  que están fartos das súas falsas promesas de solución das licenzas, ou do séu victimismo de ter que pagar sancións por non cumplir as órdenes xudiciais. ¡Menos mal que esta vez a culpa non é de Patrimonio!

A Guarda, a 07 de abril de 2012




María Teresa González Lomba
D.N.I. nº (omitido voluntariamente pola Redacción de Infogauda)
Baixo Muro, 14 (36780 A Guarda)

2 comentarios:

  1. DESDE INFOGAUDA NOSO TOTAL APOIO A VALENTÍN GONZÁLEZ GONZÁLEZ, E A SÚA FAMILIA, POLA SÚA XUSTA REIVINDICACIÓN.

    INFOGAUDA

    ResponderEliminar
  2. Guardes
    Apoio total a Velentín, a solución do teu problema e dificil, ou nada facil, estás entre muros, os muros altos das murallas do Muro, que de rapaces excalavamos con toda facilidade asi como as escaleiras, pero o Muro mais grande que tes e o do Alcalde e parte da sua camarilla, que a su demagoxica non lle deixan recoñocer a solución do teu encerramento, simplemente por ter detrás o Fariñas, que dentro dos seus extremismos, procura axudar a xente pobre e con dificultades, e iso lles jode un montón personalmente e muito mais politicamente, diso sei bastante.
    Espero que teñas sorte antes de que sea demasiado tarde.

    ResponderEliminar