O CASO DE VALENTÍN GONZÁLEZ GONZÁLEZ CHEGA O VALEDOR DO POBO
Infogauda / A Guarda
Cando os representantes dos poderes públicos desoen as xustas reivindicacións dos cidadáns con limitacións de movilidade, ou dos seus familiares, non merecen continuar nos seus cárregos nin un segundo máis. E moito menos, perceber nin un céntimo da Administración a cal están vencellados por seren cárregos electos.
Desde fai anos, temos constancia da problemática existente na vila de A Guarda, que afecta a un veciño que reside na rúa Baixo Muro. Do mesmo xeito, que este medio de comunicación social o sabe, tamén o saben diferentes representantes municipais. Nembargantes, ata o día de hoxe, non nos consta que por parte do grupo municipal chamado de goberno, do Concello de A Guarda, se haxa solventado satisfactoriamente a situación que afecta, cando menos, ao aludido veciño cuia identidade nos consta.
A existencia de barreiras arquitectónicas é algo que os responsables do devandito grupo municipal deberan haber resolto oportunamente. Se non o fixeron será, con toda probabilidade, pola notoria falla de sensibilidade hacia un cidadán que se ve limitado por causa da súa situación física e feble saúde, e da inoperancia manifesta de algúns, que non demostran ter nin un átomo de solidariedade con quen sofre unha problemática, que por lei, a Administración municipal debera ter resolta desde fai anos.
Que a familia da persoa afectada pola existencia de barreiras arquitectónicas teña que recoller sinaturas para tentar acadar unha solución, dí moito da súa capacidade de loita cidadá, e certamente nada positivo de un alcalde e de seus concelleiros.
A PROBLEMÁTICA FOI POSTA EN COÑECEMENTO DO VALEDOR DO POBO
A situación da cal damos conta, foi posta en coñecemento do Valedor do Pobo. Así, con data 19 de abril de 2012 en nome desa institución, Benigno López González, comunica a Celso R. Fariñas (Converxencia Galega) que foi “(...) recibido nesta Institución o seu escrito de queixa, este deu lugar ao expediente arriba indicado (N.7.Q./679/12).
Unha vez estudada a súa queixa, dámola por admitida ao entender que reúne os requisitos formais recollidos no artigo 18 da Lei do Valedor do Pobo.
En consecuencia, coa data de hoxe iniciamos as actuacións oportunas ante o Concello da Guarda. Axiña que recibamos o preceptivo informe que este órgano ten que remitirnos, poñerémonos de novo en contacto con vostede.
En calquera caso, informámolo de que a admisión a trámite da súa queixa, non suspenderá en ningún caso os prazos previstos nas Leis para recorrer a resolución administrativa controvertida, tanto na vía administrativa como na xurisdicional (...)".
Por outra banda, en data 26 de abril de 2012, o administrador da empresa Ambulancias de Tuy, S. L. certifica:
Todos los públicos a su domicilio tienen escaleras y las ambulancias no pueden acceder a el, por este motivo hay que trasladarlo en silla de ruedas más de 50 metros, creando un perjuicio tanto la paciente como para los trabajadores de la empresa , puesto que el tipo de escalera es muy peligrosa , y ya hemos tenido algún percance, pudiendo originar un accidente más grave.
Por este motivo sería muy aconsejable que algún acceso al domicilio del paciente tuviera una rampa (...)”.
A RÚA BAIXO MURO TIVO OUTRORA UNHA SAÍDA A RÚA IREIRA
Así están as cousas pola presunta inacción de algúns. De tódolos xeitos, segundo pudemos comprobar "in situ", a posible solución que se precisa podería acadarse con unha xestión persoal e moi pouco investimento pecuniario. Convidamos a que os responsables municipais do grupo maioritario teñan a deferencia de acudir o lugar e comprobar como a Rúa Baixo Muro tivo outrora, unha saída a rúa Ireira. Por iso, se súas señorías se dignan asumir a proposta de Infogauda, deben principiar por face-la xestión persoal pertinente e tentar obter a cesión correspondente, que caso de acada-la, resolvería o atranco que limita a accesibilidade do devandito veciño con movilidade reducida.

Moito ánemo Valentín. A vosa loita non será en balde.
ResponderEliminarINFOGAUDA