A GUARDA: UNHA TAREFA DE TODOS
Gañou
a candidatura que á cidadanía quixo, ainda que sin maioría absoluta, como os
seus compoñentes e dirixentes hubesen desexado. Era o que o segundo nosas
sondaxes se preveía, dadas ás carecterísticas persoais e o talante de algúns. E
iso que o haber dúas opcions de centro dereita, deuse unha situación que a
priori favorecía o partido que viña ostentando o goberno municipal.
Algúns
persoeiros teñen moita responsabilidade de que os resultados para o seu partido
fosen os que foron.
A
cidadanía pronunciouse o seu xeito. E o pobo, para ben ou para mal – iso
saberémolo cando dentro de catro anos fagamos balanzo da xestión do novo grupo
de goberno -, xa se pronunciou. E ese é, o senso fundamental da Democracia, na
que a soberanía reside no pobo.
Para
facer unha análise da perda de un escano do grupo que viña ostentando á
responsabilidade de goberno, botamos unha ollada no tempo pretérito. E podemos
relembrar como desde á institución municipal algúns fixeron unha campaña
cáseque permanente o abeiro do aparato municipal ou da súa xestión, que non
imos nós a valorar, porque xa veñen de facelo os electores. Sabemos que utilizaron
os resortes o seu alcance para facer política interesada, creando, por exemplo,
unha rede de afins, a traverso das discriminatorias invitacions a eventos. Tamén houbo discriminacións a persoas – léase veciños e contribuíntes
- de A Guarda en beneficio de xente de fora. Houbo reiteradas demoras en acatar
o disposto polas autoridades competentes e mesmo poderíamos decir, de
incumplimentos. Como o caso de un veciño con limitacions de mobilidade, que
vive na Rúa Baixo Muro e ainda a día de hoxe segue tendo barreiras
arquitectónicas en espazos públicos do seu entorno. Hai moitos máis exemplos –
prepotencia, menosprecio os opoñentes, inacción,... - que sería longo enumerar,
e agora non é o intre de facelo. Algúns dos que tiñan o deber político de
facelo, non o fixeron, e así resultou o que resultou.
Voltando
o pasado máis recente no tempo, compre salientar que logo dunha precampaña que
algúns comezaron cando lles petou, aproveitando unhas circunstancias que
indubidablemente lles favorecían, en detrimento dos demais, e mesmo saltándose,
presuntamente, á normativa en vigor; chegaríamos á campaña electoral,
propiamente dita. Nela á desigoaldade de medios empregados entre unhas
candidaturas e outras, foi notoria. Non nos corresponde a nós, verificar se
alguén se saltou os límites legais estabrecidos, ou non, pero en todo caso,
algunha candidatura investiu un verdadeiro capital, namentras outras
formacións, fixeron unhas campañas publicitarias ben modestas, desde o intre
mesmo do comezo da campaña electoral, no que o reparto equitativo dos espazos
dos taboleiros brillou pola súa ausenza. Algúns, na súa desmedida ambición,
encolaron os paneis nunha porcentaxe notoriamente superior os demáis. E non
debería ser así. Desta vez, iso xa non ten solución. Propomos que dentro de
catro anos, se poñan en cada lugar destinado a iso, tantos taboleiros como
candidaturas se presenten, ou – para non incrementar os custes económicos - que
se repartan os espazos segundo o número de candidaturas.
No
referente á audiencia dos diferentes actos electorais públicos, houbo
candidaturas que acadaron unhas afluencias moi importantes, namentras outras
non tiveron os mesmos rexistros de público.
Polo
que respecta os programas electorais ollamos propostas moi interesantes para o
avance de A Guarda e á mellora da calidade de vida de tódolos veciños. Houbo,
en xeral, un esforzo en aportar propostas viables e necesarias, como á saída
sur do porto, a recuperación da doble circulación do tráfego rodado no segundo
tramo - entre á intersección de
Brasilino Álvarez con Enrique María Sesto e a intersección de Coengo Domínguez
Fontela coa Praza de Avelino Vicente - da rúa Concepción Arenal; o auditorio
municipal e un novo pavillón de deportes, entre outros proxectos.
Chegado
o día 24 de maio, e máis en concreto, o remate do escrutinio, os resultados
confirman o que nós preveíamos. Gañou o PSdeG, sen maioría absoluta e perdendo
un escano con respecto a fai catro anos. Polo tanto a partires de agora, terán
que conxugar o verbo dialogar, que con certeza non o facían desde fai tempo. E
poida que aí resida unha das claves do seu descenso electoral.
Tamén
influiu que outra candidatura que tiña dous concelleiros na corporación
municipal precedente, captase a un cabeza de lista que liderou unha asociación
de comerciantes que houbo na Guarda. E pola estratexia que desenvolveron nas
semanas precedentes, xa intuíamos que ían obter uns resultados mellores que os
acadados fai catro anos. E así foi.
Polo
que respecta as candidaturas de centro dereita, a cousa podería haber sido
doutro xeito, se algunhas persoas huberan permanecido no seu lugar natural, e
non hubesen – lexítimamente, por suposto – presentado unha nova candidatura con
unha marca que non tiña, ata o de agora, traxectoria política algunha na nosa
localidade. De tódolos xeitos o electorado decidiu que ambas candidaturas tivesen
representación.
Tamén
compre salientar o retorno a corporación municipal, logo de catro anos de
actividade extramunicipal, de un veterano da política local.
Respecto
ás candidaturas de centro dereita, como era de agardar, o concorrer dúas opcions,
unha parte do electorado desa tendencia, mantívose indeciso cáseque ata o intre
mesmo de ir a depositar a papeleta no colexio electoral. E probablemente, para
algunhas persoas non foi tarefa doada. Uns, pola súa simpatía deica a ex
portavoz do grupo maioritario da oposición na recente lexislatura que ven de
rematar, e outros, polo descoñecemento da candidata á alcaldía que o seu partido
decidiu. Moitas persoas ollaban ás banderolas e preguntábanse quen era esa
señora. Quedou ben craro que unha candidata á alcaldía, debe ser presentada á cidadanía
con antelación suficiente, e semella que neste caso o tempo non foi dabondo, a
pesares dos incuestionables esforzos da propia candidata e seus colabouradores,
e tamén de alguns prebostes que no intre correspondente, non tiveron á cintura
suficiente para evitar á dispersión dos votantes e á conseguinte atomización
dos votos tradicionalmente afins a eles. Ese foi, o noso entender, un erro que
ten nomes e apelidos, tanto a nivel provincial como a nivel galego. Sobor de
todo, tendo precedentes dese tipo en tempos non moi lonxanos, en que dito sexa
de paso, os descontentos co seu partido non acadaron credencial de
concelleiros.
Tampouco
lograron entrar na vindeira corporación municipal os que fai catro anos xa
quedaran fora dela. Cecais deberían haber valorado moi seriamente a comenencia
do esforzo de voltar a presentarse, logo da experiencia anterior, e de haber
deixado pasar o tempo sen haber desenvolvido unha actividade rigurosa, que de
habela feito, agora pudera haber motivado a un maior número de electores a confiarlles seus
votos e facer posible que estiveran no concello. Quedou ben craro que non basta
con ter un cabeza de lista que podería resultar moi válido na corporación.
Había que haber feito os deberes o longo do pasado cuatrienio. Non foi así, e
dalgún xeito, voltouse a repetir á historia.
Pagou
a pena o traballo desenvolvido nas semanas precedentes? No imos a ser nós os que demos a resposta. Cada ún que opine segundo estime oportuno.
Polo
tanto, entre os apoios recibidos dos electores que lles deron súa confianza, e a división do centro dereita local, e a presencia de un número cecais excesivo –
seis candidaturas son segundo noso parecer, demasiadas para un concello como A
Guarda -, fixeron posible, como antes dixemos, que voltasen a gañar os mesmos.
Iso é, nunha primeira lectura, o que conta. Tempo haberá para ir debullando o
día á día que está por vir.
Somos
da opinión que cos resultados oficiosos contabilizados, é moi probable que A
Guarda haxa perdido a oportunidade de sair do letargo no que estamos desde fai
algún tempo – demasiado o noso entender -, e tentar avanzar cara á consecución
de infraestructuras moi necesarias para o progreso de tódolos veciños. A
decisión do electorado é soberana e como tal hai que acatala. Outra cousa é que
haxa sido á máis axeitada. O tempo que está por vir o dirá. En calquer caso,
suxerimos que cada grupo municipal atenda ás respectivas responsabilidades. Os
que constituirán goberno municipal, que actúen como tal, respectando ás
opinións que poidan non coincidir coas deles, e actuando sempre a prol da
colectividade. E os que estarán na oposición que fagan súa labor de
fiscalización da labor do grupo de goberno e presenten propostas para o avance
do pobo de A Guarda que boa falla nos fai a todos.
Hai
moito por facer e catro anos pasan demasiado axiña. A Guarda ten que progresar
e recuperar a posición que lle corresponde. E iso é tarefa de todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario