5 de xul. de 2025

A GUARDA

RETIRADA DA BANDEIRA PALESTINA DO TREGA 




Baixo Miño con Palestina / A Guarda

 No pasado mes de xuño, colocamos novamente a bandeira palestina no monte coa autorización da Comunidade de Montes da Guarda, propietaria do mastro, na secuencia da polémica xerada coa primeira colocación. Esta concluíra coa condena do xenocidio e a declaración de Netanyahu, primeiro ministro de Israel, como persoa non grata por parte do pleno do concello da Guarda. 

 En conformidade co acordado coa Comunidade de Montes, esta autorización tiña un carácter temporal, de modo que pasado o tempo establecido, retiraríamos a bandeira. 

 Baixo Miño con Palestina, colectivo de solidariedade, cumpre co acordado e retiramos a bandeira do monte Trega na tarde do 4 de xullo. Agradecemos novamente a xenerosidade da Comunidade de Montes a súa colaboración e disposición para facer visíbel que A Guarda rexeita no máis fondo o maior dos crimes do noso tempo: o exterminio do pobo Palestina polo opresor sionista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario