CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU SÚA CANDIDATURA ÁS ELECCIONS MUNICIPAIS
Nela "(...) a paridade de sexos, é favorable as mulleres, e non por esixencias da Lei, senón porque as mesmas teñen demostrado a súa valía nos diversos eidos nos que se desenvolven (...)
Celso R. Fariñas - no atril - no acto de presentación da candidatura o completo de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
O sábado, día 25 de abril, no Salón de Actos do Centro Cultural, levouse a cabo "(...) a presentación dos homes e mulleres que compoñen a candidatura de Converxencia Galega as Eleccións Municipais do 24 de maio para o Concello de A Guarda, donde a paridade de sexos, é favorable as mulleres, e non por esixencias da Lei, senón porque as mesmas teñen demostrado a súa valía nos diversos eidos nos que se desenvolven (...)".
En declaracions a Infogauda, Xosé María Martínez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega en A Guarda dixo: "En primeiro lugar, temos que agradecer a presencia de máis de 100 persoas que nos acompañaron, sin importarlles o mal tempo existente, así como tamén, a aquelas que por vía telefónica se disculparon por diversos motivos".
Josué Alvarez no decurso da súa intervención
No acto, interviron Josué Alvarez (candidato nº 4) "(...) sobre as carencias das políticas culturais sufridas nos derradeiros anos, destacando a gran potencialidade de persoas que participan nos grupos existentes e o desaproveitamento que dende o Concello se fai das distintas e diversas asociacións (...)".
A actual concelleira, Beatriz Estévez Álvarez - a dereita da imaxe - xunto con outras mulleres e homes que integran á candidatura de Converxencia Galega
De seguido falou Xosé María Martínez “Chechu” (candidato nº 3 e Responsable Local do partido) quen desenvolveu "(...) un balance de todo o feito por este grupo nos 4 anos de lexislatura (...)", pasando logo a falar da situación económico-laboral e social, que - segundo afirmou - "(...) empuxa a centos de xóvenes a emigración, e conduce A Guarda a ser un pobo de xubilados (...)".
Xosé María Martínez “Chechu” ofreceu "(...) o aporte de Converxencia Galega como única alternativa para romper co pesimismo social e vira-lo rumbo para iniciar un camiño de futuro para todos".
A actual concelleira, Beatriz Estévez Álvarez (candidata nº 2) falou "(...) dos graves problemas do sector pesqueiro, sobre todo da pesca de baixura, un dos sectores que xenera emprego nestes momentos tan duros (...)". Tamén se referiu "(...) a mala situación do comercio e da industria local, destacando que dende 2.012 e trala loita de Converxencia Galega, acadouse que os impostos municipais fosen conxelados e permanezcan así a día de hoxe, contra a intención do Goberno Municipal que pretendía subilos, quedando pendiente a loita por lograr que a auga se pague según os metros cúbicos consumidos (...)".
Celso R. Fariñas, candidato á Alcaldía de A Guarda por Converxencia Galega
No peche do acto, interviu o candidato a Alcaldía, Celso R. Fariñas, plantexando "(...) a necesidade de modificar o Plan Xeral de Ordenación Urbana (P.X.O.U.) para que o desenrrolo de A Guarda sexa para vivila e non para sufrila, e deste xeito, poder plantexala de maneira de que se poida construir maioritariamente en parcelas de 300/400 metros, e que ás obras as desenrrolen as pequenas empresas da construcción existentes na localidade".
Así mesmo, afirmou que no seo de Converxencia Galega de A Guarda están "(...) desenrrolando un Plan de Apoio o Comercio Local e a creación de postos de traballo, a base de bonificacións baseadas nas taxas e prezos públicos que fagan máis facil o manter abertas as portas dos negocios en A Guarda".
Por outra parte, asumiu "(...) a obriga de apoiar a todas aquelas persoas con discapacide motriz, para que se eliminen as barreiras arquitectónicas co mesmo ímpetu que ata o de agora desenrrolaron en apoio a Valentín González, que están abandonados polo Goberno Municipal de Freitas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario