26 de xul. de 2022

A GUARDA

O MONTE SANTA TREGA ACOLLE A LEMBRANZA AO DOUTOR JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI

Cun miradoiro orientado á vila de A Guarda desde onde se poden gozar dunhas fermosísimas vistas 



Reportaxe fotográfica: Santiago Baz Lomba


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde momentos antes do mediodía do sábado día 23 de xullo de 2022, unha representación dos familiares e amigos do doutor Joaquín Lemos Zunzunegui, así como membros da corporación municipal, veciños de A Guarda e súa contorna; fómonos achegando ata ladeira norte do campo Novo Chans, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de A Guarda, para asistir á inauguración dun miradoiro adicado á lembranza de Tito Lemos. pois así era como era coñecido popularmente o prezado médico, falecido prematuramente o día 15 de novembro de 2019. 

 Ainda que o acto estaba anunciado para ás 12:30 horas, daría comezo un pouco despois, cun saúdo de benvida a todas ás persoas que asistiron, por parte de Miguel Reboredo Otero, presidente da Asociación pro homenaxe o Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui, dando a coñecer un avance das futuras actuacións que están previstas e que serán anunciadas oportunamente.

 A continuación, en nome da familia fixeron uso da palabra Jorge e Pablo, respectivamente, fillos de Tito Lemos, para lembrar en cadansúa intervención, algunha anécdota, o carácter e o perfil humano de seu pai, e ao mesmo tempo, agradecer aos organizadores dese acto e entidades que apoiaron esa iniciativa, así como a todas persoas que asistiron a esa homenaxe.

 En nome do Concello de A Guarda, interviu en primeiro lugar, a tenente alcalde Mª Montserrat Magallanes Álvarez, e posteriormente faríao o alcalde Antonio Lomba Baz, visíbelmente emocionado. Tanto Magallanes como Baz, salientaron a cercanía do Dr. Lemos e o agarimo co que trataba a todos os seus pacientes.





 Logo de facerlles entrega aos fillos do doutor Lemos dunhas figuras de Sargadelos,  representando a uns peregrinos, agasallo da xunta reitora da Comunidade de Montes de A Guarda, que preside Manuel Castro Vicente; e por parte das concelleiras Mª Montserrat Magallanes e Fátima Rodríguez, un ramo de flores a Rosa Portela Moreira, viuva de Tito Lemos; tamén dirixiu unhas verbas o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, membro a súa vez, da asociación promotora da homenaxe, agradecendo o apoio institucional do Concello e da Comunidade de Montes de A Guarda,





 Asemade, os organizadores entregáronlle á familia de Tito Lemos un retrato do homenaxeado, realizado a plumilla por Luis Alberto Franco Lomba.

 A continuación, o alcalde de A Guarda e os fillos de Tito Lemos desvelaron unha placa colocada nunha pedra que preside o miradoiro adicado ao relembrado médico, na que pode lerse o seguinte texto:

TITO LEMOS

-

Un anxo con bata branca, 

que non só curaba o corpo

senón tamén á alma.


 Rematado o acto, á maioría das persoas que asistiron saudaron á prezada familia de Tito Lemos, expresándolles o agarimo que todos sentimos deica eles.

 Finalmente, no campo de Novo Chans foi servido un viño galego no que ademáis doutros productos da gastronomía tradicional galega, non fallou a rosa de xema de A Guarda, poñendo broche de ouro a un acto no que quedou de manifesto o aprezo da veciñanza de A Guarda e súa contorna, deica o Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui e súa familia.

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ PLENO ORDINARIO

O vindeiro venres día 29 de xullo, ás 20:00 horas, na Casa do Concello

Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, vén de convocar un pleno ordinaruo que se celebrará na Casa dos Alonso, o vindeiro venres día 29 de xullo, ás 20:00 horas.

ASUNTOS DA CONVOCATORIA 

1.Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 27.05.2022 

2.Expediente 2134/2022. DAR CONTA DOS DECRETOS. 

3.Expediente 1959/2022. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN. 

4.Expediente 2083/2022. DAR CONTA AO PLENO SUBVs PLAN CONCELLOS 2020 LIÑA 1 (luminarias led). 

5.Expediente 628/2022. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN CONTA XERAL 2021. 

6.Expediente 1427/2022. Proposta de alcaldía recoñecemento extraxudicial 5/2022. (REC 5/2022). 

7.Expediente 2050/2022. Proposta de Alcaldía aprobación SUPLEMENTO DE CRÉDITO 2/2022. 

8.Expediente 1958/2022. PROPOSTA FESTIVOS LOCAIS 2023. 

9.Expediente 1551/2022. PROPOSTA APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚMERO 6 PXOU. 

10.Expediente 1639/2022. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORDENANZA TERRAZAS 2022. 

11.Expediente 2137/2022. Moción presentada pola Asociación Trans Miño e asumida polo grupo municipal do Partido Popular. 

12.ROGOS E PREGUNTAS. 

A GUARDA

Atrévesche co reto de Skeirrum na Guarda? 

Skeirrum ten o dobre obxectivo de divertir e difundir coñecemento a través do xogo, gamificando a cultura, o patrimonio e a natureza. 


Participantes copiando un código QR 


Infogauda / A Guarda

 As guardesas Cintia Lomba e Erea Rodríguez, lanzan a primeira Skeirrum no seu pobo. O día 7 de agosto, ás 19:00h, comezará na praza de Avelino Vicente, de A Guarda a inauguración da Street Escape A Guarda Misteriosa, evento dirixido á poboación xuvenil e adulta con ganas de enfrontarse ao reto que propoñen as autoras.  O obxectivo é poñer en valor a historia e o patrimonio de A Guarda a través dunha aventura ao estilo das procuras do tesouro. 

 Skeirrum é un proxecto que ofrece experiencias totalmente personalizadas para promover a cultura, o patrimonio e a natureza. Trátase dunha proposta dixital que desenvolve Street Escapes, escape rooms ao aire libre. 

 O servizo funciona a través dunha aplicación web para teléfonos intelixentes á que se accede mediante códigos QR. Esta experiencia terá lugar no centro urbano de A Guarda poñendo así en valor todos aqueles recursos que ofrece o territorio.  

 Está previsto que esta primeira Street Escape da Guarda sexa gratuíta e permaneza activa durante un ano, pero para o seu lanzamento as autoras están a organizar un gran evento. O obxectivo é pasar unha tarde divertida, convocando a moitos participantes e premiando aos gañadores. Para iso convidan as empresas locais a colaborar co evento, calquera achega será ben recibida e é unha boa forma de darlle visibilidade ao comercio local. 

Para colaborar contactar con info@skeirrum.com 

 Pronto terán máis noticias que contar, estade atentas/os ás súas redes sociais. @skeirrum    

A GUARDA

A Guarda remata o mes de xullo con deporte, gastronomía, música  e talento creativo 

A programación da Axenda de Verán e de Miúdo Verán continúa esta semana con actividades diversas para todo tipo de públicos. 

 





Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa coa Axenda de Verán 2022, unha extensa programación de actividades (concertos, exposicións, animación de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, ...) para todos os gustos e para todas as idades, que esténdense ata o mes de setembro con .  

 A concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes, destaca a gran aposta feita dende o consistorio para realizar unha programación  atractiva E variada, tanto para guardeses coma visitantes, e que sen dúbida non deixará a ninguén indiferente.   

 Mª Montserrat Magallanes indicou na presentación desta axenda que A Guarda contará este ano cun verán no que se retoma a actividade cultural, de ocio e deportiva trala pandemia, froito dun amplo traballo de programación e organización que se pode ver xa reflexado na gran cantidade de eventos recollidos na Axenda de Verán 2022.  

 O alcalde de A Guarda convida a visitantes e guardeses a participar nesta programación que inclúe unha variedade e calidade de eventos que contribuirá ao impulso para todo o tecido empresarial da vila, atraendo a moitas persoas e incentivando tamén a actividade comercial da vila gaurdesa.  

 Dende o Concello de A Guarda se fai un agradecemento público a todas as asociacións culturais e deportivas da localidade, que co seu tlabor  enriquecen ao noso pobo e conseguen facer sorrir, desfrutar e pasar un rato agradable a todas as persoas que se achegan a participar con elas da cultura e do deporte na nosa vila. 

 Despois da pandemia precisamos recuperar o tempo perdido e voltar a desfrutar dos bos momentos, encher as nosas rúas de música, baile, cine e doutras expresións artísticas.  




 Dende o día 26 de xullo a Casa dos Alonso acolle a exposición de Chuny Vázquez, na que se poden observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa realizados nos últimos anos. A exposición pódese visitar de luns a sábado en horario de 10:30 a 13:30h e de 19:00 a 21:00h.




 O xoves día 28 de xullo, ás 20:30h na Praza do Reló, chega a música a “Miúdo Verán” co concerto de Pakolas “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo”. Pakolas preséntanos o seu último libro-disco, onde contarase e cantarase a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e que ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. En caso de choiva o evento terá lugar no Centro Cultural. 



 

 Do 29 ao 31 de xullo OR.PA.GU. organiza a Festa do Peixe Espada, un evento no que a gastronomía será o prato forte da súa programación, que estará centrada nos restaurantes da nosa vila, coa participación dos establecementos Area Grande, Marusía, Trasmallo, Arruaz, Novo Funil, Bitadorna, O Cangrexal, Casa Valladeiro, O Roxo, La Pizzicata, e Os Remos. Todos eles contarán cun prato especial de peixe espada á prancha con cachelos. 




 Ademais a Festa do Peixe Espada contará con diversas actividades coma pasacalles, música en directo, obradoiros, exposicións, contacontos infantís, visitas guiadas, entre outras actividades.  

 O Concello de A Guarda e Acontravento, marca de roupa local, organizarán por segundo ano consecutivo a II Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 30 de xullo na Praza de Avelino Vicente en horario de 10:30 a 15:30h e de 18:30 a 22:30h.  


Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Desenvolvemento Local, cun representante de Acontravento, na presentación da II Mostra Creativa do Baixo Miño

 A II Mostra Creativa do Baixo Miño é un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño, con preto dunha vintena de participantes. Ata este momento xa confirmaron a súa asistencia as seguintes marcas e talentos creativos: Acontravento, Ada Negra, Ana de la Guerra, Coco, Eduar Clothing, La Casa Taller, Littlevero, Luc & Luc – Inma Losada, Mar Jewelrin, Marina San Miguel, Marron Glaçe, Matriz Galega, Sapone di Principessa, Silvia Pérez, Vargas Lemos, Vikensen,…




 Tamén na xornada do sábado día 30 de xullo ás 20:30h o Campo de Fútbol da Sangriña acollerá un evento deportivo no que se realizarán preto de 25 demostracións de danza, zumba, defensa persoal, acrobacias, pilates e judo, baixo a organización do Clube Deportivo Baixo Miño.  

 A Axenda de Verán continuará nos meses de agosto e setembro con actividades coma os festivais de Baile Moderno de Xamaraina; a programación de actividades infantís de “Miúdo Verán” (todos os xoves); eventos deportivos; presentación de libros e exposicións; as festas de San Caetano; o III Encontro do libro Luso-Galaico; a Festa do Percebe; concerto da Agrupación Musical de A Guarda; as festas da Virxe da Guía, as festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa.  

 Especial mención nesta programación para as Festas do Monte Santa Trega, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto. Unha semana lúdica na que as noites de verbenas se compaxinan con diferentes actividades deportivas e culturais. 

 O sábado día 13 de agosto ás 11:30h terá lugar o Desfile Folclórico e de Bandas Mariñeiras, un evento multitudinario previo ao día grande - o Domingo do Monte -, no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras subirán ata o cumio do Monte Santa Trega para realizar gozar coa compaña de familiares e amigos, da gastronomía guardesa e coa troulada ao son dos bombos, tambores e gaitas. 

 As festas rematarán na noite do luns día 15 de agosto coa gran tirada de fogos de artificio no porto de A Guarda.

EXPOSICIÓN DE CHUNY VÁZQUEZ 

 A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar unha ampla mostra de cadros pintados pola artista guardesa Chuny Vázquez.


VISITAS GUIADAS AO CASTRO DO MONTE SANTA TREGA 

 Ao longo do verán e de martes a domingo ofértanse visitas guiadas ao castro do monte Santa Trega, unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás 12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h horas.

 Inscrición e información no enderezo electrónico masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038.

 

PROGRAMA COMPLETO

28 DE XULLO

CONCERTO INFANTIL ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO

Na Praza do Reló ás 20:30h

29, 30, 31  DE XULLO

FESTA DO PEIXE ESPADA

Nos restaurantes da vila

Organiza: OR.PA.GU.

30 DE XULLO

MOSTRA CREATIVA DO BAIXO MIÑO

Na praza de Avelino Vicente

30 DE XULLO

EVENTO DEPORTIVO DO CLUB DE JUDO BAIXO MIÑO

No  Campo de fútbol da Sangriña ás 20:30 horas

Organiza: Club de Judo Baixo Miño.

4 DE AGOSTO

ESPECTÁCULO DE CIRCO “CARMAN”

No auditorio de San Bieito ás 20:30 horas

4 DE AGOSTO

PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOBRE LA CRIANZA”, de Jesús Rodríguez Salazar.

No Centro Cultural ás 19:30 horas.

4, 5, 6, 7 DE AGOSTO

FESTAS DE SAN CAETANO

No barrio da Cruzada

Organiza: Comisión de Festas de San Caetano

8 ó 15 DE AGOSTO

FESTAS DO MONTE SANTA TREGA

Na Alameda e rúas da vila.

Organiza: A.V. C.D. Alameda

11 DE AGOSTO

GALICIA ILUSIONA, ILUSIONISMO

No auditorio de San Bieito ás 20:30 horas.

19, 20 DE AGOSTO

III ENCONTRO DO LIBRO LUSO GALAICO

Na Praza do Reló 

20 DE AGOSTO

FERIA OUTLET

Na Praza de Avelino Vicente

Organiza: A.CI.GU.

20 DE AGOSTO

II TORNEO DE PETANCA CONCELLO DE A GUARDA

No Campo do Codesal

24 DE AGOSTO

CONCERTO MÚSICA NO AR

No atrio da igrexa parroquial de Santa María, ás 20:30 horas.

Organiza: Deputación de Pontevedra

23,27 E 28 DE AGOSTO

FESTA DO PERCEBE

Na Alameda da Guarda

Organiza: A.C. Alameda

26 DE AGOSTO

TEATRO CRÓNICAS DO PARAÍSO

Na Praza do Reló ás 21:30 horas.

27 DE AGOSTO

CONCERTO DE VERÁN DA BANDA DE MÚSICA DE A GUARDA

No auditorio de San Bieito ás 20:30 horas

Organiza: Agrupación Musical de A Guarda

28 DE AGOSTO

FESTIVAL DE BAILE MODERNO “REMEMBER”

No auditorio de San Bieito ás 20:00 horas

Organiza: A.C. Xamaraina

28 DE AGOSTO

CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA

Na Praza da Guía ás 19:00 horas

Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía

2, 3, 4 DE SETEMBRO

FESTAS VIRXE DA GUÍA

Na Praza da Guía

Organiza: Comisión de Festas Virxe Guía

3 DE SETEMBRO

PERFORMANCE FOCO, PROXECTOS ANTIBULOS

Na praza de Avelino Vicente às 12:00 horas.

Organiza: A. FOCO

DO 3 AO 25 DE SETEMBRO

FESTAS DAS MERCEDES A GÁNDARA

No barrio de A Gándara

Organiza: A.V V. O Percamino

10 DE SETEMBRO

MOSTRA ASOCIATIVA

Na Praza de Avelino Vicente, a partir das 15:30 horas

OIA

PATRIMÓNIO

Considerações paisagistas em Oia 

(226ª parte)    


 Oseira, Escudo identificativo da 'Congregação Cisterciense da Castela'


ENCONTROS POLIORCÉTICOS / Oia  

 Regra  de  São  Bento:  'O  mosteiro  construir-se-á  num  local  que  tenha  todo  o  necessário,  água,  moinho,  horto  e  os  diversos  ofícios  a  executar  no  seu  recinto,  por  forma  que  os  monges  não  andem  fora,  que  de  modo  algum  convém  às  suas  almas'.    

 Segundo Ester  Penas  González,  na  hidraúlica  feminina  de  Cister  temos  três  níveis  espaciais:  Macro Espacial, Meso Espacial e Micro Espacial.  

MACRO ESPACIAL: Conjunto  de  propriedades  do  mosteiro,  amiúde  longínquas,  nas  que  se  encontravam  moinhos,  azenhas, maços  ou  batans,  ferrarias,  canais,  pontes,  fontes  e  mananciais,  direitos  ao  uso  da  água  de  rios,  lagos  e  pântanos,  hortos,  salinas,  pesqueiras,  geridos  em  ocasiões  indiretamente  e  a  base  de  delegações  de  pessoal  externo  à  comunidade  monástica  (capelães,  criados).  Incluem-se,  aliás,  os  âmbitos  de  influência  e  os  mecanismos  de  gestão  territorial. 

MESO ESPACIAL:  Espaço  circundante  em  redor  do  edifício  claustral  sobre  o  qual  exercia-se  uma  influência  direta:  o  couto  monástico  e  as  propriedades  imediatas.  Atender-se-á  às  soluções  hidráulicas  locais,  com  engenhos  e  adaptações  no  terreno  próprias  de  cada  região. 

MICRO  ESPACIAL:  Disposição  interna  do  mosteiro,  composta  pelos  espaços  de  habitação  e  movimento  da  comunidade.   

 Desde  o  nível  Macroespacial  a  água  se  introduz  no  couto  monástico  e  distribui-se  pelas  suas  diferentes  áreas  (nível  Meso  espacial)  abastecendo  as  dependências  claustrais  (nível  Micro  espacial).  AS  TRÊS  ESCALAS  CONSTITUEM  UM  SISTEMA  INDIVISÍVEL  DE  GESTÃO  DA  ÁGUA  EFICIENTE  E  SUSTENTÁVEL,  DESENVOLVIDO  PELO  SUJEITO  MÚLTIPLO  E  DINÂMICO  CHAMADO  COMUNIDADE  MONÁSTICA,  A  QUAL  É  FUNDAMENTAL  ATENDER  NESTE  TIPO  DE  ESTUDOS.  A  INTERAÇÃO  ENTRE  ESSES  DITOS  NÍVEIS  É,  ALIÁS,  ÚNICA  EM  CADA  MOSTEIRO.  Estes  níveis  de  análise  têm  sido  também  propostos,  no  âmbito  da  espiritualidade  feminina,  pelo  'PROJETO  'SPIRITUAL  LANDSCAPES'  (http://www.ub.edu/proyectopaisajes/index.php/es/ ). Muita  atenção  ao  dado,  senhores  da  'RMO'.   

 Cada  um  dos  mosteiros  adquiriu  um  senhorio  diferente  ao  resto,  o  geriu  de  maneira  diferente  e  esteve  condicionado  pelas  formações  naturais  e  políticas  da  sua  envolvente.  A  organização  topográfica  do  couto  monástico  é  singular  em  cada  caso.  Nem  sempre  pode  ser  implementado  o  PLANO  TIPO  cisterciense.  Ainda  mais,  escolheu-se  a  rama  feminina  pelo  seu  escasso  estudo,  por  causa  da  sua  hidráulica  estar  ativa  em  muitos  casos,  mantendo  diferenças  relativamente  ao  Císter  masculino.  Um  amplo  leque  de  centros  femininos  aparecem  neste  trabalho:  San  Andrés  de  Arroyo  (Palencia),  Santa  Maria  de  Contodo  (Segovia),  San  Vicente  el  Real  (Segovia),  Santa  María  de  Cañas  (La  Rioja),  Santa  María  de  Herce  (La  Rioja),  Santa  María  de  Gómez- Román  (Avila),  Nuestra  Señora  de  Villamayor  de  los  Montes  (Burgos),  Santa  María  de  Vileña  (Burgos),  Nuestra  Señora  de  los  Barrios- Abia  (Palencia),  Nuestra  Señora  de  Buenafuente  del  Sistal  (Guadalajara),  Santa  María  de  Gradefes  (León).  Mas  aparecem  também  no  trabalho  cenóbios  masculinos:  Santa  María  de  Matallana  (Valladolid),  San  Clodio  de  Leiro  (Ourense),  Nuestra  Señora  del  Parral,  mosteiro  jerónimo  em  Segovia,  Santa  María  de  Moreruela  (Zamora)  e  Santa  María  de  Carracedo  (León).  




 (Estas 'Terceras Jornadas de Jóvenes  Investigadores en Arqueología'. ¡Excavemos!'  supusieron,  entre  los  días  26  y  27  de  febrero  de  2018,  un  hito  importante  en  el  devenir  de  la  específica  hidráulica  cisterciense  del  panorama  ibérico.  Sin  duda,  los  contactos  de  investigadores  españoles  y  lusos  tuvieron  lugar).           

 As  fontes  escritas,  os  arquivos  que  contribuiram  para  esta  investigação  foram:  ACV  (Arquivo  do  Convento  de  Vileña),  AHN  (Arquivo  Histórico  Nacional),  AHPB  (Arquivo  Histórico  Provincial  de  Burgos),  AHPP  (Arquivo  Histórico  Provincial  de  Palencia),  AMHB  (Arquivo  do  Mosteiro  de  las  Huelgas  de  Burgos),  AMSAR  (Arquivo  do  Mosteiro  de  San  Andrés  del  Arroyo),  AMV  (Arquivo  do  Mosteiro  de  Villamayor),  ARChV  (Arquivo  da    Real  Chancillería  de  Valladolid),  ASMC  (Arquivo  de  Santa  María  de  Cañas),  BNE  (Biblioteca  Nacional  de  España).  


Artigo precedente.

O ROSAL

O concerto de Treixadura pechou unha fin de semana de afluencia histórica no Rosal   

As festas de verán do Pilar ofrecían unha ampla programación cultural con actividades para todos os públicos


Un momento da actuación de Treixadura no Campo da Mata (O Rosal)
Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

     As festas de verán do Pilar, celebradas esta fin de semana bateron un récord de afluencia, especialmente, no concerto de Treixadura, ao que acudiron máis de 1.200 persoas. O grupo, que estivo acompañado pola Banda da Agrupación Musical do Rosal, ofreceu un espectáculo musical sorprendente no que o público puido desfrutar do seu xeito tan especial de entender a música tradicional.

 Ademais do prato forte co concerto de Treixadura, as festas ofrecían unha programación cultural diversa que incluía actividades infantís, deportivas, baile e unha espectacular exposición de maquetas elaboradas por Praxíteles González Martínez que, como o resto de propostas, recibiu moitas visitas.

 O domingo tivo lugar, grazas ao club Albatros, de A Guarda, o III Torneo de Xadrez do Concello do Rosal, unha cita imprescindible que congregou a apaixonados e apaixonadas deste deporte de todas as idades dende a categoría prebenxamín. A xornada contou tamén con xogos populares abertos a todos os públicos. E, por último,  e grazas á Asociación Cultural Xida, tivo lugar unha nova edición do Festival Xente Xida, unha festa para todas as idades que mesturaba música con raíces e gastronomía.

 O luns 25, as e os rosaleiros puideron gozar do espectáculo de monicreques ‘A familia unida’ da man de Títeres Mircromina, e do Encontro dos Pobos, o festival folclórico internacional máis veterano da comarca no que participaron Do Lusco ó Fusco (A Guarda), o grupo Seixos Albos  de Tui e o eslovaco Drevar.

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, agradece ao tecido asociativo o seu compromiso, pois, segundo explica, “foi un traballo colectivo do Concello man a man coas asociacións o que fixo posible unha fin de semana chea de actividades culturais”. Ademais, a rexedora valora positivamente a grande resposta local: “despois do esforzo na pandemia para manter viva a cultura, a veciñanza do Rosal respondeu cunha participación histórica e iso haino que agradecer”.

 Tras unha fin de semana intensa, as festas de verán do Pilar remataron co concerto de Treixadura, que bateu todos os récords de afluencia no Concello con máis de 1.200 asistentes.

TOMIÑO

Un campamento urbano ao que ninguén quere faltar  

Un centenar de nenas e nenos asisten en Tomiño a clases interdisciplinares nas que aprenden ciencia, robótica, sanidade e arte 


Clase de teatro ao aire libre
Fotos: C.T.
Clase de robótica


Infogauda / Tomiño

 O campamento urbano deste verán rompe moldes. O Concello de Tomiño ofrece unha actividade novidosa e sumamente atractiva, ademais de formativa, á que se apuntaron máis dun centenar de nenas e nenos de Tomiño e arredores.

 As clases comezaron o día 18 de xullo e estarán abertas até o venres 29 deste mes, nas instalacións do instituto Antón Alonso Ríos. De luns a venres, de 9 a 14, os asistentes, divididos en grupos por idades (de 3 a 14 anos), pasan por varias actividades a cal máis interesante. Hai unha parte científico-tecnolóxico, na que nenos de poucos anos, constrúen robots tipo Lego e os programan por ordenador para ser autónomos, andar, xirar, detectar obxectos, executar ordes por voz. Aprenden tamén deseño e programación 3D, aeromodelismo e na segunda semana serán capaces de construír drons e pilotalos, así como de deseñar cohetes e proceder ao seu lanzamento e gravación.

 Paralelamente, noutra aula, un grupo pon a proba a súa destreza mental con xogos de estimulación cognitiva, exercizos de lóxica, retos intelectuais ou unha partida de xadrez.

 Preto de alí, outro grupo pinta ao óleo, debuxa ou fai collages, e fora, no parque nunha aula ecolóxica, fan teatro e expresión corporal, con actividades que estimulan a intelixencia emocional, lles preparan para falar en público, manter boas posturas corporais.

 Por último, están os que fan exercizo físico no pavillón, con liberdade de elección e de xeito lúdico, ao tempo que aprenden e esperar, tolerar e compartir.

 Por si todo isto fora pouco, hai clases de primeiros auxilios, nas que ensinan como face unha reanimación, tomar a tensión, medir o azucre en sangue, distinguir entre unha baixada ou unha subida de azucre ou reaccionar ante un atragoamento.

 A proposta, completa e novidosa, é obra da Academia Galespace, de Ourense, formada por persoas graduadas en enxeñeiría aeronáutica, matemáticas, artes plásticas, teatro, educación física, enfermería, etc. Un grupo de profesionais, na súa maioría mozos e mozas, que ademais destas tarefas de divulgativas do verán, adícanse o resto do ano, con moita aceptación, á formación en empresas, institutos, escolas ou colectivos de maiores. 

 Ao fronte da empresa están Adrián Rodríguez, Samuel Abreu, Noelia Rodríguez, Puri Ferreira, Lucía González, Tamara Fuentes, Benito Rodríguez e Nuria Oliveira, esta última, en prácticas.

VIGO

Sobre a venda de Ribera a Vivalto: a saúde como dereito ameazada polas empresas que fan negocio coa enfermidade. 


Manuel González Moreira* 

 A venta do grupo Ribera Salud, propietaria dos hospitais POVISA, POLUSA e Juan Cardona, ao grupo francés Vivalto Santé é unha mostra evidente do risco de converter o coidado da nosa saúde nun negocio privado, onde compran e venden centros sanitarios en función dos intereses económicos dos accionistas das empresas que os xestionan, co obxectivo de minimizar os custes e maximizar os beneficios. 

 Este feito é especialmente grave no caso do Hospital POVISA de Vigo que, mediante un concerto co SERGAS, ten a responsabilidade asistencial de 135.000 persoas da área sanitaria de Vigo.  

 CIG-Saúde xa denunciou no seu momento a compra do hospital POVISA por Ribera Salud, perdendo a oportunidade de que o hospital fora xestionado desde o ámbito do público e se fixera un plan de recuperación da sanidade pública na área sanitaria de Vigo.  

 A Consellería de Sanidade é responsable de garantir a asistencia sanitaria do conxunto da cidadanía e esta venda afecta directamente a 135.000 persoas a través do concerto con POVISA e a moitas máis polos concertos con estes hospitais, que agora cambian de mans, para realizar actividade derivada da sanidade pública, como intervencións cirúrxicas ou probas de diagnóstico.  CIG-Saúde xa manifestou hai uns meses a súa preocupación coas informacións que chegaban sobre a venda das participacións de Centene Corporation fora dos EEUU e de como isto podería afectar á negociación da renovación do concerto con POVISA.  

 A debilidade da sanidade pública na área sanitaria de Vigo, fomentada pola política sanitaria do Partido Popular, e a ausencia de alternativa asistencial para o 100% da cidadanía, supón que o dereito á saúde do conxunto da cidadanía está nunha posición de debilidade diante dunha negociación na que a parte privada, que colle o timón, ten toda a forza do seu lado ao non ter a parte pública alternativa á prestación asistencial. 

 CIG-Saúde continúa defendendo que é preciso garantir recursos asistenciais públicos para dar unha atención 100% pública ao conxunto da cidadanía da área sanitaria de Vigo, e continúa apostando pola xestión pública do hospital POVISA para poder planificar, con criterios de servizo público, o futuro da nosa sanidade pública.  


Secretario Nacional CIG-Saúde

GALICIA

A Xunta pon en marcha o censo de embarcacións tradicionais de Galicia coa inclusión dos primeiros 23 barcos  

Este rexistro é unha das medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira que se recollen na declaración BIC, aprobada en 2019


Embarcación tradicional
Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 A Xunta de Galicia inclúe os primeiros 23 barcos no rexistro de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, unha base de datos integrada no Censo de Patrimonio Cultural e que forma parte das medidas de salvagarda postas en marcha pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para garantir o legado das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira que se recollen na declaración de Ben de Interese Cultural aprobada en 2019. 

 As primeiras resolucións foron publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia, que nos próximos días continuará oficializando as restantes, tras obter a autorización do órgano de xestión impulsado polo Goberno galego, co obxectivo de informar sobre a pertinencia da incorporación de embarcacións ao devandito censo, así como propoñer o recoñecemento de mestres carpinteiros de ribeira.

 Este órgano encargado de avaliar cada unha das solicitudes está constituído por representantes da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari, en representación dos portadores e mestres carpinteiros), da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e da Federación Galega de Confrarías –estas dúas últimas en representación dos usuarios–, así como por un experto independente e outro de Portos de Galicia. 

 Trátase dunha ferramenta de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial que representa ás comunidades portadoras dos seus valores culturais, e non ten un carácter administrativo nin dependente da Xunta de Galicia.

Listaxe de embarcacións incluídas

 No día de hoxe publícase no DOG as resolucións polas que se inclúen na Sección de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, do Censo de Patrimonio Cultural de Galicia das seguintes embarcacións: Canouro, Funqueira, Nordesia, Reina, Balbina, Lelia Doura, Curuxán e Xoulon. Nos vindeiros días iranse publicando as resolucións dos restantes barcos: Semparada, Falucheira, Fanequeira, A Marosa, A Oleira, Anguleiro, Madorniña, O Peixiño, Silvia Cristina, Mar de Muros, A Barola, Cormoráns de Ons, Chasula, Sara O e Casilda Un.

Rexistro voluntario

 Tal e como establece o decreto de declaración BIC, para o coñecemento e difusión das embarcacións que teñan a consideración de embarcación tradicional galega e dos barcos históricos de Galicia, así como para promover outras medidas de fomento para a súa conservación e protección, estes bens deben ser anotados no censo correspondente. 

 As solicitudes son recibidas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, desde onde se remiten ao devandito órgano, encargado de informalas favorable ou desfavorablemente seguindo cuestións como a antigüidade, a autoría ou a correspondencia cos modelos tipolóxicos. Finalmente a Xunta, recollendo o parecer deste órgano, estima ou desestima a solicitude e notifícaa ás persoas interesadas. 

 Este rexistro conforma unha sección do Censo do Patrimonio Cultural, contén información sobre a súa denominación, a súa tipoloxía, os datos descritivos e dimensionais básicos e a localización do seu porto habitual, e complétase cando menos con dúas fotografías significativas da embarcación (unha en seco e outra navegando). 

 A anotación no Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia é voluntaria e corresponde á persoa ou entidade solicitante acreditar a natureza da embarcación e a súa consideración de embarcación tradicional galega segundo os termos indicados no decreto de declaración como Ben de Interese Cultural.

VIGO

Fernández-Tapias celebra a creación da asociación cultural Évame para conmemorar o centenario do nacemento de Carlos Oroza  

A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo unha reunión cos fundadores da recentemente creada agrupación que convocará os premios co nome do escritor


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo este martes unha xuntanza coa xunta directiva da Asociación Évame-Oroza

Foto: X.G.

Infogauda / Vigo

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo este martes unha xuntanza coa xunta directiva da Asociación Évame-Oroza, creada recentemente para conmemorar o centenario do nacemento do escritor falecido en Vigo hai sete anos. 

 Nunha reunión no Casco Vello vigués, na sede da Editorial Elvira, unha das fundadoras do colectivo cultural, a representante autonómica coñeceu os plans para celebrar o vindeiro ano, que pasan por crear o Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. A convocatoria incluiría un galardón para a mellor creación literaria en galego, a mellor en castelán e a mellor iniciativa musical con apoio literario en calquera de ambas as linguas. 

 “Temos o deber de por en valor o legado de Carlos Oroza, un dos grandes poetas españois de todos os tempos, porque ademais tivemos a sorte de que vivise durante moitos anos en Vigo e a cidade está presente con moita forza na súa obra”, sinalou Fernández-Tapias. 

 A xunta directiva está formada por representantes da cultura e sociedade viguesa como os pintores Menchu Lamas e Antón Patiño, o xornalista Alberto Avendaño e o letrado Antón Beiras Cal. Tamén estivo presente o promotor da iniciativa, o editor Javier Romero. 

 O colectivo contará cun local propio no que haberá un espazo dedicado á investigación da escrita e a súa interacción coas artes, tanto en soportes tradicionais como da Intelixencia Artificial (IA) e das artes visuais. Ademais, os resultados dos traballos terán presenza permanente na sede da asociación dende onde se converterán en mostras itinerantes.  

T amén explicaron que o nome Évame-Oroza, responde a unha das misións permanentes desta asociación cultural: custodiar e promover o patrimonio literario de Carlos Oroza (Viveiro, 1923-Vigo, 2015), transitar a ponte bicultural que, co legado do poeta, une a creación literaria en castelán e en galego, e animar o risco creativo das novas xeracións nos eidos ibéricos da narrativa e a poesía.

VILA PRAIA DE ÂNCORA (CAMINHA)

Dragagem de manutenção do Portinho de Vila Praia de Âncora arranca esta quarta-feira


 Ha um ano foi assumido o compromisso
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 No âmbito do contrato plurianual de dragagens de manutenção nos portos de pesca do Norte de Portugal, a Câmara Municipal de Caminha foi informada pela Direção Geral de Recursos Marítimos (DGRM) que, a partir de amanhã, dia 27 de julho, irão ter início as operações de dragagem no Portinho de Vila Praia de Âncora. A notícia desta empreitada surge poucas semanas depois da DGRM e o Professor Trigo Teixeira, do Instituto Superior Técnico, ter reunido com a Câmara Municipal de Caminha e a Associação de Pescadores Profissionais e Desportivos de Vila Praia de Âncora para debater o resultado dos estudos preliminares que proporão a reconfiguração do Portinho de Vila Praia de Âncora, obra há muito pretendida pela comunidade piscatória e absolutamente essencial para a segurança de pescadores e proteção das embarcações.

 Para Miguel Alves, Presidente da Câmara Municipal de Caminha, “é com satisfação que constatamos que o Governo está a cumprir com os pescadores e com Vila Praia de Âncora. No ano passado fez-se a maior dragagem de sempre no Portinho, tendo sido retirados mais de 100 mil m3 de areia que foram utilizados para enchimento dos geocilindros colocados como alicerce natural da Duna dos Caldeirões. Há poucos dias, percebemos que o estudo de reconfiguração do layout do Portinho estava efetivamente a avançar. Agora, constatamos que as dragagens de manutenção comprometidas até 2023 vão, de facto, acontecer. Se criticamos a inércia no passado, é justo que possamos aplaudir a dinâmica no presente”, rematou o autarca que tem lutado junto do Governo para que estas obras passem dos planos aos atos.

 Faz hoje precisamente um ano que o então Ministro do Mar, Ricardo Serrão Santos, se deslocou a Vila Praia de Âncora para testemunhar a assinatura do Contrato Plurianual de Dragagens dos Portos do Norte que assegurava dragagens para 2022 e 2023, com quantidades de areia a retirar do Portinho que, globalmente, rondavam os 80 mil m3. De acordo com o Plano de Dragagens com bacias e cotas a atingir na presente operação, prevê-se que possam ser retirados 30 mil m3 de sedimentos na zona do Portinho, aliviando as dificuldades sentidas pelos pescadores profissionais e desportivos.

 De acordo com a DGRM, atendendo aos resultados das campanhas de caraterização de sedimentos em vigor, bem como ao histórico das campanhas anteriores realizadas neste porto, nas quais os sedimentos a dragar se enquadram na classe 1, prevê-se a sua imersão na zona de deriva litoral nos locais definidos no contrato e no Plano de Situação de Ordenamento do Espaço Marítimo (PSOEM).

MELGAÇO

 No próximo dia 29 de julho 

GRANDE FESTA NA APRESENTAÇÃO À POPULAÇÃO DO PROGRAMA DO “MELGAÇO EM FESTA” 

Na Praça da República, pelas 10h30 

 



Sara Pereira / Melgaço

 No próximo dia 29 de julho, sexta-feira, o Presidente da Câmara Municipal de Melgaço, Manoel Batista, apresenta o programa do evento cultural Melgaço em Festa. A sessão acontece pelas 10h30, na Praça da República, num momento que vai juntar concertinas, gaiteiros, exposição de produtos locais e personagens castrejas.   

 «Será um pequeno momento, uma amostra, daquilo será a edição deste ano do Melgaço em Festa que, anualmente, anima o nosso concelho», realça Manoel Batista.  

 Entre os dias 5 e 19 de agosto, os valores e as tradições da região vão estar em destaque em eventos que acontecerão em vários locais do concelho. «Agosto é o mês de regresso dos nossos emigrantes, mas também uma altura em que o concelho recebe muitos turistas. O Melgaço em Festa é um complemento àquilo que Melgaço tem durante todo o ano para que, quem nos visita, possa usufruir de bons momentos de lazer e diversão. Serão dias de celebração daquilo que são as marcas da nossa cultura», garante Manoel Batista.  

PROGRAMA MELGAÇO EM FESTA 

Festival Internacional de Folclore 'O Mundo a Dançar' | 5 de agosto, 22h00, vila de Melgaço 

Dia do Brandeiro | 6 e 7 de agosto, na Branda da Aveleira 

Mercado Medieval | 12 a 14 de agosto, vila de Melgaço 

Concerto musical com Tony Carreira | 14 de agosto, vila de Melgaço 

Festa Crasteja | 13 a 15 de agosto, em Castro Laboreiro 

Festa do Emigrante | 19 de agosto, vila de Melgaço  

Programa detalhado disponível em breve em www.cm-melgaco.pt.