Atrévesche co reto de Skeirrum na Guarda?
● Skeirrum ten o dobre obxectivo de divertir e difundir coñecemento a través do xogo, gamificando a cultura, o patrimonio e a natureza.
Infogauda / A Guarda
As guardesas Cintia Lomba e Erea Rodríguez, lanzan a primeira Skeirrum no seu pobo. O día 7 de agosto, ás 19:00h, comezará na praza de Avelino Vicente, de A Guarda a inauguración da Street Escape A Guarda Misteriosa, evento dirixido á poboación xuvenil e adulta con ganas de enfrontarse ao reto que propoñen as autoras. O obxectivo é poñer en valor a historia e o patrimonio de A Guarda a través dunha aventura ao estilo das procuras do tesouro.
Skeirrum é un proxecto que ofrece experiencias totalmente personalizadas para promover a cultura, o patrimonio e a natureza. Trátase dunha proposta dixital que desenvolve Street Escapes, escape rooms ao aire libre.
O servizo funciona a través dunha aplicación web para teléfonos intelixentes á que se accede mediante códigos QR. Esta experiencia terá lugar no centro urbano de A Guarda poñendo así en valor todos aqueles recursos que ofrece o territorio.
Está previsto que esta primeira Street Escape da Guarda sexa gratuíta e permaneza activa durante un ano, pero para o seu lanzamento as autoras están a organizar un gran evento. O obxectivo é pasar unha tarde divertida, convocando a moitos participantes e premiando aos gañadores. Para iso convidan as empresas locais a colaborar co evento, calquera achega será ben recibida e é unha boa forma de darlle visibilidade ao comercio local.
Para colaborar contactar con info@skeirrum.com
Pronto terán máis noticias que contar, estade atentas/os ás súas redes sociais. @skeirrum
Ningún comentario:
Publicar un comentario