26 de xul. de 2022

A GUARDA

A Guarda remata o mes de xullo con deporte, gastronomía, música  e talento creativo 

A programación da Axenda de Verán e de Miúdo Verán continúa esta semana con actividades diversas para todo tipo de públicos. 

 





Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa coa Axenda de Verán 2022, unha extensa programación de actividades (concertos, exposicións, animación de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, ...) para todos os gustos e para todas as idades, que esténdense ata o mes de setembro con .  

 A concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes, destaca a gran aposta feita dende o consistorio para realizar unha programación  atractiva E variada, tanto para guardeses coma visitantes, e que sen dúbida non deixará a ninguén indiferente.   

 Mª Montserrat Magallanes indicou na presentación desta axenda que A Guarda contará este ano cun verán no que se retoma a actividade cultural, de ocio e deportiva trala pandemia, froito dun amplo traballo de programación e organización que se pode ver xa reflexado na gran cantidade de eventos recollidos na Axenda de Verán 2022.  

 O alcalde de A Guarda convida a visitantes e guardeses a participar nesta programación que inclúe unha variedade e calidade de eventos que contribuirá ao impulso para todo o tecido empresarial da vila, atraendo a moitas persoas e incentivando tamén a actividade comercial da vila gaurdesa.  

 Dende o Concello de A Guarda se fai un agradecemento público a todas as asociacións culturais e deportivas da localidade, que co seu tlabor  enriquecen ao noso pobo e conseguen facer sorrir, desfrutar e pasar un rato agradable a todas as persoas que se achegan a participar con elas da cultura e do deporte na nosa vila. 

 Despois da pandemia precisamos recuperar o tempo perdido e voltar a desfrutar dos bos momentos, encher as nosas rúas de música, baile, cine e doutras expresións artísticas.  




 Dende o día 26 de xullo a Casa dos Alonso acolle a exposición de Chuny Vázquez, na que se poden observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa realizados nos últimos anos. A exposición pódese visitar de luns a sábado en horario de 10:30 a 13:30h e de 19:00 a 21:00h.




 O xoves día 28 de xullo, ás 20:30h na Praza do Reló, chega a música a “Miúdo Verán” co concerto de Pakolas “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo”. Pakolas preséntanos o seu último libro-disco, onde contarase e cantarase a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e que ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. En caso de choiva o evento terá lugar no Centro Cultural. 



 

 Do 29 ao 31 de xullo OR.PA.GU. organiza a Festa do Peixe Espada, un evento no que a gastronomía será o prato forte da súa programación, que estará centrada nos restaurantes da nosa vila, coa participación dos establecementos Area Grande, Marusía, Trasmallo, Arruaz, Novo Funil, Bitadorna, O Cangrexal, Casa Valladeiro, O Roxo, La Pizzicata, e Os Remos. Todos eles contarán cun prato especial de peixe espada á prancha con cachelos. 




 Ademais a Festa do Peixe Espada contará con diversas actividades coma pasacalles, música en directo, obradoiros, exposicións, contacontos infantís, visitas guiadas, entre outras actividades.  

 O Concello de A Guarda e Acontravento, marca de roupa local, organizarán por segundo ano consecutivo a II Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 30 de xullo na Praza de Avelino Vicente en horario de 10:30 a 15:30h e de 18:30 a 22:30h.  


Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Desenvolvemento Local, cun representante de Acontravento, na presentación da II Mostra Creativa do Baixo Miño

 A II Mostra Creativa do Baixo Miño é un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño, con preto dunha vintena de participantes. Ata este momento xa confirmaron a súa asistencia as seguintes marcas e talentos creativos: Acontravento, Ada Negra, Ana de la Guerra, Coco, Eduar Clothing, La Casa Taller, Littlevero, Luc & Luc – Inma Losada, Mar Jewelrin, Marina San Miguel, Marron Glaçe, Matriz Galega, Sapone di Principessa, Silvia Pérez, Vargas Lemos, Vikensen,…




 Tamén na xornada do sábado día 30 de xullo ás 20:30h o Campo de Fútbol da Sangriña acollerá un evento deportivo no que se realizarán preto de 25 demostracións de danza, zumba, defensa persoal, acrobacias, pilates e judo, baixo a organización do Clube Deportivo Baixo Miño.  

 A Axenda de Verán continuará nos meses de agosto e setembro con actividades coma os festivais de Baile Moderno de Xamaraina; a programación de actividades infantís de “Miúdo Verán” (todos os xoves); eventos deportivos; presentación de libros e exposicións; as festas de San Caetano; o III Encontro do libro Luso-Galaico; a Festa do Percebe; concerto da Agrupación Musical de A Guarda; as festas da Virxe da Guía, as festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa.  

 Especial mención nesta programación para as Festas do Monte Santa Trega, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto. Unha semana lúdica na que as noites de verbenas se compaxinan con diferentes actividades deportivas e culturais. 

 O sábado día 13 de agosto ás 11:30h terá lugar o Desfile Folclórico e de Bandas Mariñeiras, un evento multitudinario previo ao día grande - o Domingo do Monte -, no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras subirán ata o cumio do Monte Santa Trega para realizar gozar coa compaña de familiares e amigos, da gastronomía guardesa e coa troulada ao son dos bombos, tambores e gaitas. 

 As festas rematarán na noite do luns día 15 de agosto coa gran tirada de fogos de artificio no porto de A Guarda.

EXPOSICIÓN DE CHUNY VÁZQUEZ 

 A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar unha ampla mostra de cadros pintados pola artista guardesa Chuny Vázquez.


VISITAS GUIADAS AO CASTRO DO MONTE SANTA TREGA 

 Ao longo do verán e de martes a domingo ofértanse visitas guiadas ao castro do monte Santa Trega, unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás 12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h horas.

 Inscrición e información no enderezo electrónico masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038.

 

PROGRAMA COMPLETO

28 DE XULLO

CONCERTO INFANTIL ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO

Na Praza do Reló ás 20:30h

29, 30, 31  DE XULLO

FESTA DO PEIXE ESPADA

Nos restaurantes da vila

Organiza: OR.PA.GU.

30 DE XULLO

MOSTRA CREATIVA DO BAIXO MIÑO

Na praza de Avelino Vicente

30 DE XULLO

EVENTO DEPORTIVO DO CLUB DE JUDO BAIXO MIÑO

No  Campo de fútbol da Sangriña ás 20:30 horas

Organiza: Club de Judo Baixo Miño.

4 DE AGOSTO

ESPECTÁCULO DE CIRCO “CARMAN”

No auditorio de San Bieito ás 20:30 horas

4 DE AGOSTO

PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOBRE LA CRIANZA”, de Jesús Rodríguez Salazar.

No Centro Cultural ás 19:30 horas.

4, 5, 6, 7 DE AGOSTO

FESTAS DE SAN CAETANO

No barrio da Cruzada

Organiza: Comisión de Festas de San Caetano

8 ó 15 DE AGOSTO

FESTAS DO MONTE SANTA TREGA

Na Alameda e rúas da vila.

Organiza: A.V. C.D. Alameda

11 DE AGOSTO

GALICIA ILUSIONA, ILUSIONISMO

No auditorio de San Bieito ás 20:30 horas.

19, 20 DE AGOSTO

III ENCONTRO DO LIBRO LUSO GALAICO

Na Praza do Reló 

20 DE AGOSTO

FERIA OUTLET

Na Praza de Avelino Vicente

Organiza: A.CI.GU.

20 DE AGOSTO

II TORNEO DE PETANCA CONCELLO DE A GUARDA

No Campo do Codesal

24 DE AGOSTO

CONCERTO MÚSICA NO AR

No atrio da igrexa parroquial de Santa María, ás 20:30 horas.

Organiza: Deputación de Pontevedra

23,27 E 28 DE AGOSTO

FESTA DO PERCEBE

Na Alameda da Guarda

Organiza: A.C. Alameda

26 DE AGOSTO

TEATRO CRÓNICAS DO PARAÍSO

Na Praza do Reló ás 21:30 horas.

27 DE AGOSTO

CONCERTO DE VERÁN DA BANDA DE MÚSICA DE A GUARDA

No auditorio de San Bieito ás 20:30 horas

Organiza: Agrupación Musical de A Guarda

28 DE AGOSTO

FESTIVAL DE BAILE MODERNO “REMEMBER”

No auditorio de San Bieito ás 20:00 horas

Organiza: A.C. Xamaraina

28 DE AGOSTO

CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA

Na Praza da Guía ás 19:00 horas

Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía

2, 3, 4 DE SETEMBRO

FESTAS VIRXE DA GUÍA

Na Praza da Guía

Organiza: Comisión de Festas Virxe Guía

3 DE SETEMBRO

PERFORMANCE FOCO, PROXECTOS ANTIBULOS

Na praza de Avelino Vicente às 12:00 horas.

Organiza: A. FOCO

DO 3 AO 25 DE SETEMBRO

FESTAS DAS MERCEDES A GÁNDARA

No barrio de A Gándara

Organiza: A.V V. O Percamino

10 DE SETEMBRO

MOSTRA ASOCIATIVA

Na Praza de Avelino Vicente, a partir das 15:30 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario