16 de xuño de 2025

O BAIXO MIÑO

A XUNTA DE GALICIA DÁ LUZ VERDE Á TRAMITACIÓN DO PROXECTO PARA DOTAR A VAC TUI-A GUARDA DUN ENLACE COMPLETO CO POLÍGONO DE AREAS, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE 1,6M€ 

• O Goberno galego someterá nos vindeiros días a información pública o proxecto de trazado para poder aprobalo no outono, proceder á redacción do proxecto construtivo e licitar as obras 

• O obxectivo é a execución dos ramais en sentido Tomiño para completar os movementos do enlace de Areas, dentro da VAC Tui-A Guarda, mellorando as conexións do polígono situado neste punto 

• O ramal de saída a Tomiño sitúase na marxe dereita da vía de alta capacidade e resolve o movemento de saída do polígono de Areas en sentido A Guarda 

• O ramal de entrada a Tomiño sitúase na marxe esquerda da VAC e resolve o movemento de saída da autovía en sentido Tui cara ao enlace de Areas 

• Disporase unha senda peonil adxacente á vía de conexión co polígono, que permita a circulación de viandantes de forma segura e sustentable 

• A actuación súmase ao treito que conectará o enlace de Areas coa PO-350, entre Tui e Tomiño, cun investimento de máis de 17M€ e cuxas obras comezarán nas vindeiras semanas 



A actuación consiste en duplicar o paso inferior baixo a autovía, cuxa execución está contratada no marco da obra do treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350

Fonte: X.G.


 Infogauda / O Baixo Miño

 O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á tramitación do proxecto para dotar a vía de alta capacidade Tui-A Guarda dun enlace completo co polígono de Areas, que suporá un investimento de preto de 1,6M€. 

 O Goberno galego avaliou hoxe o informe que dá conta da aprobación provisional e a próxima información pública do proxecto. 

 En relación co trámite de información pública, realizarase nos vindeiros días e durante o prazo dun mes, para poder aprobar o proxecto no outono e a continuación redactar o proxecto construtivo e licitar a execución das obras. 

 O obxectivo do proxecto é a execución dos ramais en sentido Tomiño para completar os movementos do enlace de Areas, dentro da VAC Tui-A Guarda, mellorando as conexións do polígono situado neste punto. 

 A actuación consiste en duplicar o paso inferior baixo a autovía, cuxa execución está contratada no marco da obra do treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350. 

 O ramal de saída a Tomiño sitúase na marxe dereita da vía de alta capacidade e resolve o movemento de saída do polígono de Areas en sentido A Guarda. O ramal de entrada a Tomiño sitúase na marxe esquerda da VAC e resolve o movemento de saída da autovía en sentido Tui cara ao enlace de Areas. 

 Ademais, disporase unha senda peonil adxacente á vía de conexión co polígono, que permita a circulación de viandantes de forma segura e sustentable. 

 Esta actuación súmase ao treito licitado en xaneiro, que conectará o enlace de Areas coa estrada PO-350, entre os concellos de Tui e Tomiño. A intervención, cun investimento de máis de 17M€, comezará nas vindeiras semanas. 

 Na actualidade está en servizo o treito da VAC Tui–A Guarda, entre Goián e A Guarda, cunha lonxitude de 10,15 km, que percorre os concellos de Tomiño, A Guarda e O Rosal, e que entrou en funcionamento en 2014. 

 O Goberno galego planificou unha execución por fases, que dialogou cos principais axentes institucionais e económicos implicados e que estableceu a priorización deste treito inicial de Tui, incluíndo o enlace de Areas. 

 De forma paralela a estas actuacións, a Axencia Galega de Infraestruturas segue progresando na tramitación dos seguintes treitos ata Goián

Ningún comentario:

Publicar un comentario