11 de mar. de 2022

A GUARDA

“CARRERO E O PP ESTÁN AUSENTES NOS GRAVES PROBLEMAS QUE PADECE O POBO DA GUARDA”  

Beatriz Lomba (BNG): “Un frustrado Carrero quere ocultar a incompetencia do PP ao  ver que o  BNG apoia iniciativas positivas para a xente da Guarda”  


Beatriz Lomba Rodríguez, viceportavoz do Grupo Municipal do BNG da Guarda

Infogauda / A Guarda

 A viceportavoz do Grupo Municipal do BNG da Guarda, Beatriz Lomba Rodríguez, saíu ao paso das últimas declaracións do portavoz do PP, Roberto José Álvarez Carrero, afirmando  que “o BNG está por resolver os problemas que lle afectan a veciñanza da Guarda e pouco interesado en resolver a frustración e incompetencia do cabeza do PP na localidade”.   

 A concelleira engadiu que “Carrero e o PP están ausentes nos graves problemas que padece o pobo da Guarda, como é a sanidade pública, as comunicacións con Caminha ou  intentando  boicotear nun primeiro momento a reforma integral do pavillón da Sangriña. En cambio é curioso que, perda o tempo en criticar as decisións do BNG que son positivas para a veciñanza da Guarda, tratando deste xeito de  ocultar a súa incapacidade para defender calquera alternativa en positivo para este pobo. A piques de cumprirse tres anos deste mandato foron  incapaces de presentar unha soa proposta propia”.  

 Respecto ao portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda, Beatriz Lomba, manifestou finalmente: “A súa torpeza púxose de manifesto dunha maneira moi evidente cando o BNG levou a pleno a iniciativa de optar pola alternativa que defendía Patrimonio para desbloquear a tramitación do novo acceso ao porto. O Sr. Carrero, en vez de apoiar a iniciativa do BNG en base aos informes de Patrimonio da Xunta de Galiza, optou por aliarse co alcalde Antonio Lomba, do PSOE, conseguindo deste xeito que o proxecto siga paralizado. Non é menos grave a falta absoluta de criterio do PP votando en contra dunha subvención de 600.000€ para levar adiante a reforma integral do pavillón da Sangriña” .

CULTURA

"ERÓTICA", NOVO POEMARIO DE FRANCISCO ÁLVAREZ KOKI

Será presentado o martes día 15 de marzo, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal Eugenio Trías, de Madrid

Portada do novo poemario de Francisco Álvarez Koki


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O poeta, activista cultural, escritor e dramaturgo Francisco Álvarez Álvarez (Koki) volta a acreditar unha acrisolada e perseverante vontade de legarlle ao seu lectorado un amplo rexistro poético, inspirado na ars amandi (a arte de amar). Proba diso, ademais de gran parte da súa bibliografía poética precedente, é seu novo poemario Erótica, publicado en edición bilingüe - español e inglés -, por Ondina Ediciones, na súa Colección Verdemar.

 A presentación desta nova obra de Francisco Álvarez Koki será o vindeiro martes día 15 de marzo, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal Eugenio Trías  - Paseo Fernán Núñez, 24 (Antiga Casa de Fieras del Retiro), de Madrid. evento cultural, que ademais da presenza do autor, contará coa intervención de Antonino Nieto Rodríguez (Verín - Ourense, 1955),  poeta,  e artista multidiscicplinar.
 
 Ademais dos poemas de Francisco Álvarez Koki, Erótica conta cun prólogo da autoría do escritor e xornalista Antonio Muñoz Molina (Úbeda - Jaén, 1956). do cal extraemos os seguintes parágrafos: 

  Como un músico que tocara con soltura varios instrumentos, Francisco Álvarez Koki se mueve igual de ágilmente por los más variados tonos de la expresión poética, que son todo, al fin y al cabo, partes de un mismo arrebato. Leer los poemas en el orden en el que se publican es como seguir el trazo sostenido y cambiante de los estados de una pasión, en la que nada está seguro, en la que no hay más certeza que la propia entrega; leer los poemas uno tras otro es asistir al retrato de un alma y a los episodios de una historia de amor”. 
 
Francisco Álvarez  Koki  

 Escritor galego (A Estivada - A Guarda, 1957) e animador cultural. Autor trilingüe (galego, castelán e inglés), que residiu en New York, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro, para difundir a cultura galega. Entre os seus libros publicados en galego destacan Un  neno na emigración (narrativa infantil; Ed. Cumio, 2014); Vasoiras Barreiro (literatura infantil; Ed. Fervenza, 2018); A memoria das palabras (poesía; Ed.  Fervenza, 2018);  Maruxía (poesía; Ed. Deputación Provincial, 2010); Ratas en Manhattan (narrativa; Ed. Sotelo Blanco, 2007);  Mais  aló de Fisterre (poesía; Deputación de Pontevedra, 1999).  

 En castelán publicou, entre outros, El libro de Lourenzo (narrativa infantil; Ed.  Sial  Pigmalión, 2018);  Sombra de Luna (poesía social; Ed.  Sial  Pigmalión, 2015). Premio Escriduende da Feira do Libro de Madrid, 2016. Así mesmo, participou nos libros Escritores españoles en los Estados Unidos (Edición de Gerardo Piña. Academia Norteamericana de la lengua española. 2007); Seis narradores españoles en Nueva York (Narrativa; Ed.  Dauro, Selecta, 2006); Geometría y angustiaPoetas españoles en Nueva York; Edición de Julio Neira. Fundación José Manuel Lara. Sevilla, 2012) e Miradas de Nueva York (Ed. Cuadernos del Vigía, Selecta, 2000). 
 
 Foi editor dos seguintes libros: Piel Palabra. Poetas españoles en Nueva York (Ed. Consulado Xeral de España en Nova York, 2003); Al fin del siglo, 20 poetas hispanos en Nueva York (Ed.  Ollantay  Press, Nova York, 1999); Luna y Panorama sobre los rascacielos (Poetas españoles en Nueva York). Consulado Xeral de España en New York, 2019).

A GUARDA

Charla informativa sobre a factura da luz 

O venres 18 de marzo, ás 20:00h na Casa dos Alonso




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda organiza unha charla informativa sobre a factura da luz, que contará coa presenza dos ponentes David Portela Andura, enxeñeiro industrial en Electricidade; e de Santiago González Veiga, avogado especialista no sector eléctrico.   

 A charla, que terá lugar o vindeiro venres día 18 de marzo ás 20:00h na Casa dos Alonso, aportará aos asistentes consellos sobre aforro enerxético, enerxías renovables e informacións de interese sobre a comprensión das facturas da luz, franxas horarias de consumo, prezo da potencia contratada, reclamacións, entre outras.

O ROSAL

Praxíteles González Martínez, arte a escala  

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, visitou ao artista de 84 anos, autor de maquetas en miniatura como a Catedral de Santiago, Notre Dame ou o Capitolio de Estados Unidos  

O Concello traballa para acoller unha exposición coa que amosar ao público algunhas das súas obras  


Praxíteles González Martínez coa alcaldesa Ánxela Fernández Callís, a carón dunha maqueta do Capitolio dos Estados Unidos, da autoría do artesán e escritor, de Pías (O Rosal)

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 Todo comezou como un pasatempo para estar entretido ao chegarlle a xubilación. O que non sabía Praxíteles González Martínez era que esa afección ía converterse nunha espectacular colección de monumentos en miniatura na que figuran pezas únicas cheas de detalle e con moitas horas de traballo detrás. “É un orgullo ter no Rosal a artistas como Praxíteles, coa paciencia e a capacidade creativa para recrear a escala edificios tan singulares como son a Catedral de Santiago de Compostela ou Notre Dame, pero tamén estruturas tan nosas como a ponte do Tamuxe, a igrexa do Rosal, o muíño do Carreiro ou a casa indiana que acolle o Centro Cultural da Guarda”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. 

 A rexedora visitou estes días a Praxíteles no seu taller para ver algunha destas pezas, moitas delas de grandes dimensións. Dende o Concello xa se traballa para poder realizar unha exposición con algunhas das súas miniaturas máis destacadas e renderlle homenaxe a este rosaleiro de corazón que leva case 25 anos dedicado ao mundo das maquetas.  

 Aos seus 84 anos Praxíteles continúa mergullado coma nunca nas súas obras. Comezou facendo pezas con ferros vellos, barro e material de refugallo ata que case por casualidade deu o salto ás miniaturas. Todo por facerlle unha casa de bonecas para que xogara a súa neta: a inspiración levouno a recrear a casa da súa propia filla a escala.  

 Lembra que detrás de cada peza hai moitas horas de duro traballo e moita paciencia. Coa Catedral de Santiago estivo máis de 8 meses e coa de Florencia máis de 1.500 horas, aínda que a peza que máis lle roubou o sono foi a súa última creación: unha impresionante miniatura do Capitolio dos Estados Unidos, á que leva dedicado máis de 13 meses, moitos de dez horas de traballo diarias. Máis de 7.000 pezas de madeira, máis de 600 fiestras e 150 quilos de maqueta que non deixan indiferente a ninguén. “Para min son proxectos moi importantes para ter sempre unha ilusión e coller con gañas cada novo día que entra”, asegura.  

 Pero non todo é miniatura para Praxíteles González. Ás súas costas ten tamén a autoría de cinco libros publicados en autoedición: ‘Embajadores de los infiernos historia y lenguaje de los "cabaqueiros", que aborda a vida dos cabaqueiros, profesión á que se dedicou; Riberas del "Baixo Miño". Sus gentes, usos y costumbres’ ; A terra das nosas raíces. Topónimos e motes do Rosal e A Guarda, que recolle máis de 900 topónimos do Rosal e da Guarda xunto cun mapa no cal fixa a riqueza toponímica; Yo también fui contrabandista en el Estuario del Miño, vivencias sobre os tempos do estraperlo e o pisco na comarca; e Yo también emigré a la República Federal de Alemania (1960-1980), a súa derradeira obra, que trata sobre a emigración ao país teutón.

OIA

Os Socialistas de Oia esixen a Portos de Galicia que repare de xeito urxente o pantalán do ferri na Pasaxe 

• Da súa reparación depende o funcionamento do transbordador entre Caminha e A Guarda, que era o principal medio de transporte que da continuidade ao Camiño Portugués da Costa co paso de peregrinos polo Esteiro do Miño 

• Tamén solicitan unha mellora na sinalética no seu trazado por Oia. 


O embarcadoiro do transbordador no porto de A Pasaxe (Camposancos) A Guarda continúa fora de servizo
Foto: Jorge Alonso

Infogauda / Oia

 Os Socialistas de Oia veñen de presentar por rexistro de entrada do Concello de Oia unha moción para tratar no vindeiro pleno municipal na que se explica "a problemática existente para dar continuidade ao Camiño Portugués da Costa no Esteiro do Miño. O pantalán de atraque do ferri que comunica A Guarda e Caminha atópase deteriorado e imposibilita o seu correcto funcionamento dende o ano pasado". 

 É por este motivo que os Socialistas de Oia esixen "a Portos de Galicia unha reparación de carácter urxente desta infraestrutura dependente deste ente autonómico". 

 Dende a Agrupación do PSde-PSOE de Oia "non se comprende como en pleno Ano Xacobeo, e sendo o Concello de Oia unha das etapas principais do Camiño Portugués da Costa, e que achega ao concello uns ingresos económicos estimados en medio millón de euros anuais, converténdoo nun dos principais motores económicos da localidade, atopámonos en que o ferri que une A Guarda e Caminha non está operativo. Esta situación ocasiona problemas aos peregrinos á hora de cruzar o Río Miño, optando moitos por cambiar a súa ruta cara a Valença do Minho ou Vila Nova de Cerveira, prexudicando ao Concello de Oia". 

 Do mesmo xeito os Socialistas de Oia tamén piden na devandita moción "unha mellora na sinalética existente no trazado do Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo núcleo urbano do municipio, favorecendo que os peregrinos poidan aprovisionarse de víveres, acudir á farmacia ou outros servizos de empresas locais".

TOMIÑO

TOMIÑO ACOLLERÁ ‘A SEÑORA DE FORCADELA’, REPRESENTACIÓN TEATRAL SOBRE MEMORIA HISTÓRICA  

Baseada na vida da mestra Josefa García Segret, terá lugar este sábado 12 de marzo, ás 21:00 horas, no auditorio de Goián  

Entrada libre ata completar capacidade  


Na peza teatral ‘A señora de Forcadela’, a actriz Tero Rodríguez representa a mestra Josefa García Segret
Fotos: D.PO.

Infogauda / Tomiño

 A veciñanza de Tomiño poderá asistir mañá sábado a unha das actividades sobre memoria histórica que a Deputación, grazas ao seu programa de Memoria Histórica ‘O Pasado Por Vir’, está a levar pola provincia da man de concellos, asociacións e centros de ensino. O Auditorio de Goián acollerá a representación da peza teatral ‘A señora de Forcadela, que permitirá ás persoas asistentes achegarse dunha maneira diferente ás vivencias da represión e a ditadura.  


A actriz Tero Rodríguez e o actor Lucho Penabade, nun momento da representación da peza teatral

 ‘A señora de Forcadela’ é unha historia baseada na biografía da mestra Josefa García Segret, extensiva á doutras mulleres represaliadas na Galiza a partir de xullo do 36:  foi detida o 15 de agosto e na prisión de  Tui salvou a vida grazas á axuda dun médico forense e dun doutor que aseguraron que estaba embarazada. Foi xulgada en Vigo por rebelión e condenada a pena de morte que se lle  conmutou por cadea perpetua, e despois a 6 anos e un día.   

 En 1982, Josefa García Segret publicou un libro  autobiográfico titulado ‘Abajo las dictaduras’, editado por ela mesma, grazas ao que a día de hoxe se coñecen as súas vivencias. No libro explícase a vida dunha reclusa dunha maneira moi directa. Aínda que terminou a obra en 1976, a súa publicación —“polas circunstancias do momento”— tivo que agardar a 1982, catro anos antes da súa morte.  

 A peza teatral será representada ás 21 horas pola compañía teatral ‘Os Quinquilláns’, contando no elenco con Tero Rodríguez e Lucho Penabade. A entrada é libre ata completar capacidade.  

 Ademais desta actividade, o Concello de Tomiño tamén recibirá outra importante representación sobre memoria histórica grazas ao departamento provincial encabezado por María Ortega. O vindeiro 28 de maio, tamén no Auditorio de Goián, representarase a peza ‘Miss Docet’ a cargo de Compañía Eléctrica. 

TOMIÑO

ADIADA A XORNADA DE ADOPCIÓN DE MASCOTAS POR MOR DO MAL TEMPO




Infogauda / Tomiño

 Por mor do mal tempo previsto para a xornada de mañá, sábado 12 de marzo, o Concello de Tomiño fixo público que queda adiada a Xornada de Adopción Canina e Felina deste sábado na Praza do Seixo. A mesma terá lugar o sábado 19 de marzo no mesmo lugar e hora (de 10 a 14).

TOMIÑO

“Preto de ti! Mulleres artistas a pé de rúa”, unha proposta para achegar a arte ao rural     

Conchi Garrido, comisaria da mostra incluída na programación de actos do Día da Muller, explica que o obxectivo é facilitar a accesibilidade ao circuíto cultural da arte nun municipio de gran dispersión xeográfica, como é Tomiño   


Conchi Garrido Rodríguez, artista viguesa afincada en Currás (Tomiño) 

Foto. C.T.

Infogauda / Tomiño

 “Preto de ti!. Mulleres artistas a pé de rúa”, a exposición de arte contemporánea feminina que estará nos PIM (Puntos de Información Municipais) das 15  parroquias tomiñesas durante todo o mes de marzo, pretende chegar a arte feminina á xente de a pé, e o mesmo tempo solventar o obstáculo da gran dispersión do rural tomiñés. 

 Así o explica a artista Conchi Garrido, comisaria da mostra incluída na programación de actos conmemorativos do Día da Muller. “O obxectivo é facilitar a accesibilidade ao circuíto cultural da arte, e máis especificamente á arte contemporánea feminina”, comenta. Estas mulleres artistas teñen en común que traballan dende Galicia e están vinculadas de algún ou outro modo á Facultade de Belas Artes de Pontevedra onde estuda a comisaria); algunhas como profesoras e outras como ex-alumnas.

 “Todas elas representan o panorama contemporáneo galego e nacional. Un grupo heteroxéneo que permite ofrecer aos cidadáns unha mostra das diferentes disciplinas que a arte contemporánea plantexa”, sinala Garrido. A proposta que poderemos ver ao longo de todo o mes, xurdiu da premisa feita polo profesor e decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Xosé Manuel Buxán, que plantexou ás alumnas do último curso, levar a cabo un proxecto de xestión cultural. A artista tivo claro entón que quería realizar o seu proxecto no concello onde reside (Tomiño) e reverter deste xeito algo aos tomiñeses, “tendo en conta a maiores que Tomiño é un Concello sempre interesado en dinamizar culturalmente a nosa contorna”.

 As artistas que participan neste proxecto son: Basilisa Fiestras (parroquia de Taborda), Chelo Matesanz (Estás), Mar Caldas (Sta. Mª de Tomiño), Nati Bermejo (Sta. Mª de Tebra), Yolanda Herranz (Goián), Verónica Vicente (Sobrada), Celeste Garrido (Figueiró), Mar Ramón (Forcadela), Rebeca Lar (Barrantes), Doira B. Paratcha (Vilameán), Loreto Blanco (San Salvador de Tebra), Julia Huete (Piñeiro), Andrea Dávila (Pinzás), Marina Núñez (Amorín) e a propia Conchi Garrido (Currás).

Conchi Garrido Rodríguez

 Nada en Vigo (1977), reside e traballa na parroquia tomiñesa de Currás. Despois de desenvolver durante anos a súa carreira profesional no mundo das ciencias, interésase pola arte e comeza a formarse coa ceramista Emilia Guimeráns, en Vigo. Máis tarde, abre o seu taller, baixo o nome de Charria Ceramics, en Currás. 

 Actualmente cursa 4º ano de Belas Artes, na Facultade de Pontevedra. As súas liñas de traballo xiran en torno á instalación, agrupando a escultura, o debuxo e a pintura.

 Becada pola entidade 12 Miradas Riverside, da corporación Hijos de Rivera (Estrella Galicia), para participar no taller do deseñador Martín Azúa (2019), participa en distintas exposicións colectivas, como a de “San Ero. Casá das Campás”, Pontevedra, 2019; “Táctil.Sala X. Facultade de Belas Artes de Pontevedra”, 2018, ou a de “A Tenda. Pop up de novos deseñadores galegos”. Pontevedra, 2017.

CAMINHA

Requalificação e ampliação da Escola Básica e Secundária de Caminha 

É um sonho tornado realidade



A obra de requalificação e ampliação da Escola Básica e Secundária de Caminha foi inaugurada com a presença do Ministro da Educação, Tiago Brandão Rodrigues
Fotos: C.M.C.


Infogauda / Caminha

 Hoje é um dia de festa para o concelho de Caminha e particularmente para a comunidade educativa. A obra de requalificação e ampliação da Escola Básica e Secundária de Caminha foi inaugurada com a presença do Ministro da Educação, Tiago Brandão Rodrigues. Foi uma ocasião emotiva, com momentos de música e poesia e que terminou com a interpretação da "Pedra Filosofal", porque também esta obra foi um sonho, um sonho que avançou e que se tornou realidade, porque a Escola, a Câmara e o Ministério da Educação acreditaram.

 A inauguração, iniciada às 10h00, entrou pela hora de almoço porque foi verdadeiramente uma celebração, uma sessão muito participada por toda a comunidade educativa. A visita às novas instalações foi pontuada por diversos momentos de música e/ou poesia, nos corredores, aqui e ali, entrecortando o périplo pelos diferentes blocos - alunos da própria escola e da Academia de Música Fernandes Fão foram surpreendendo a comitiva e marcando a ocasião.

A nova escola, que nasceu da antiga, cujos blocos  conservou, foi desenhada por um arquiteto que é também professor do estabelecimento. António Calvão soube tirar partido dos espaços, que agora se tornaram amplos, luminosos, modernos e adaptados à realidade actual do ensino e da aprendizagem.

Depois da visita e da interação com várias turmas, a sessão mais oficial foi mesmo assim marcada pela informalidade e pela emoção. Por isso talvez, a palavra sonho foi transversal a várias intervenções. Quando o “projeto” de renovar a escola ruiu, em época de troika, depois de ter estado previsto no âmbito da quarta fase da Parque Escolar, a Escola não se conformou. O Presidente da Câmara, Miguel Alves, e o Ministro da Educação, Tiago Brandão Rodrigues, recuperaram o que parecia ser um caso perdido.

 Em 2016, a Câmara de Caminha assinou com o Ministério da Educação o acordo de colaboração para a requalificação, ampliação e modernização das instalações da escola. O investimento foi suportado pelo Ministério da Educação, pela autarquia e financiado pelo Programa Operacional Regional NORTE 2020.

 Mas os entraves não estavam ultrapassados e o primeiro concurso público internacional da empreitada ficou deserto. Câmara e Ministério da Educação ultrapassaram os novos problemas, o orçamento foi aumentado e a obra realizada. A requalificação e ampliação da Escola Básica e Secundária de Caminha orçou em cerca de 3,5 milhões de euros e está concluída.

 A empreitada foi formalmente iniciada, em dezembro de 2019, com a instalação de quase duas dezenas de contentores, que acolheram alunos e professores durante os trabalhos, desenvolvendo-se a vida letiva dentro da normalidade. Aproveitou-se, na altura, a pausa das férias de Natal, sendo a operação coordenada pela Câmara, Junta de Freguesia de Caminha e Vilarelho e Agrupamento de Escolas de Caminha. Apesar das obras, a escola nunca fechou e mesmo nos períodos em que a pandemia impôs restrições, a escola continuou a apoiar os alunos.

 Hoje reencontraram-se, em funções diferentes, antigos alunos e professores. O próprio Presidente da Câmara estudou aqui, sendo aluno da atual Presidente do Agrupamento, a Professora Maria Esteves. O autarca recordou-a desses tempos em que era o aluno e ela, já docente, estava a concluir o estágio. O Ministro da Educação, por seu lado, não sendo oficialmente aluno, era presença frequente e era nestas instalações desportivas que praticava andebol.

 Nas funções de Presidente da Câmara e Ministro, conforme recordou Miguel Alves, a Escola Básica e Secundária de Caminha foi um compromisso assumido por ambos e cumprido. “O mundo dá muitas voltas”, como sublinhou Miguel Alves.

 Encerrando a sessão, Tiago Brandão Rodrigues emocionou-se, garantindo que este era provavelmente o discurso mais difícil de seis anos como Ministro.

 Depois interpretou-se, a fechar, a “Pedra Filosofal” e todos cantaram em coro. O sonho cumpriu-se. A intervenção permitiu reabilitar os edifícios existentes, respeitando a estrutura original, restaurando os revestimentos interiores, substituindo caixilharias e cobertura, entre outros aspetos. A Escola Básica e Secundária de Caminha foi ampliada, sem prejuízo dos espaços ao ar livre, e dotada de mais salas de aula, sendo duas delas laboratórios, garantindo-se um conjunto funcional, moderno e sustentável, onde a comunidade escolar encontra agora condições de conforto facilitadoras do ensino e da aprendizagem.

VIGO

As rúas de Vigo enchéronse de berros contra a precariedade laboral nas residencias de maiores privadas 

Varios centos de traballadoras/es do sector participaron na manifestación convocada para reclamar un convenio colectivo digno 


Varios centos de traballadoras/es percorreron a pé a distancia entre a residencia Ballesol, na Gran Vía, e as oficinas centrais da empresa DomusVI, na rúa García Barbón

Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O persoal das residencias da terceira idade e centros de día privados fixeron hoxe unha demostración de forza ao tomar as rúas de Vigo para reclamar un convenio colectivo digno que remate coa precariedade laboral no sector. Varios centos de traballadoras/es percorreron a pé a distancia entre a residencia Ballesol, na Gran Vía, e as oficinas centrais da empresa DomusVI, na rúa García Barbón, para forzar a patronal a negociar. 

 A mobilización foi convocada polas tres centrais sindicais maioritarias, CIG, CCOO e UGT, que recentemente rexistraron unha convocatoria de folga indefinida que dará comezo o vindeiro xoves 17 de marzo ás 22:00 horas para rexeitar a vulneración dos acordos económicos e sociais do IV convenio colectivo do sector de residencias en Galiza. Un día antes, o mércores 16, volverán á rúa para facer escoitar as súas demandas. Nesta ocasión trasladaranse a Santiago para celebrar unha manifestación que arrincará dende as dependencias centrais da Xunta en San Caetano ás 11:00 horas e rematará diante do Parlamento. 

 A folga atinxe a unhas 12.000 empregadas/es que desenvolven a súa actividade nas residencias da terceira idade (asistidas, non asistidas e mixtas), tanto para estadías permanentes como temporais, así como en residencia de día, calquera que sexa a súa denominación. 

 A decisión de convocar folga tomouse porque o persoal non ve “saída nin alternativa”, xa que a patronal estivo nestes dous últimos anos dilatando calquera tipo de negociación, “torpedeando todo, polo que decidimos romper a mesa: non hai suba salarial, non hai melloras sociais, non hai nada”, sinalan dende a CIG. 

Salarios miserentos 

 O que demandan é unha suba salarial que se adecúe aos tempos que corren porque o convenio leva caducado dous anos e “xa viñamos arrastrando un salario miserento e o imos seguir empeorando”. Ademais queren melloras nas súas condicións laborais, tan básicas como en conciliación familiar, nas condicións das baixas laborais ou en materia de accidentes laborais porque neste momento “estamos polo Estatuto de Traballadores”. 

 Dende a central sindical denuncian que a patronal de residencias está controlada por grandes grupos, como DomusVI. Empresas que fan caixa a custo das persoas usuarias e de manter nunha situación de precariedade ao persoal e que, ademais teñen, moitas delas, concertos coa Xunta de Galiza. “É un negocio e non debera de ser tal; entendemos que tería que ser un servizo público, pero polo menos teñen que prestalo o máis dignamente posíbel para as persoas usuarias e para quen traballa nelas”. 

 A usura da patronal chega a tal punto que as empresas negáronse a actualizar as táboas salariais malia a Xunta ter xa actualizados os pagos das persoas usuarias que teñen prazas concertadas ao IPC (+ 6,5%) e as empresas incrementar na factura das persoas usuarias, xa desde o mes de xaneiro, esa porcentaxe. Por iso teñen solicitadas reunións coa Administración galega e mesmo puxéronse denuncias pero “a Xunta mira para outro lado e fai oídos xordos”. 

Máis ca un conflito laboral 

 Os tres sindicatos presentaron tamén recentemente un escrito dirixido á Valedora do Pobo para instala a intervir de xeito inmediato nun conflito que entenden que non é simplemente laboral senón unha cuestión social que afecta a toda a sociedade galega, porque, “estamos falando de que está en xogo a atención e coidado dos nosos maiores”

 Apuntan que o dereito a un servizo de coidados de calidade e a prestación de coidados en condicións dignas “está sendo vulnerado” e que “non podemos mirar para outro lado”. Nese sentido, denuncian que por causas de emerxencia sanitaria, a grave situación que padecían as traballadoras na maioría das residencia privadas da terceira idade, “agora a situación converteuse en insostíbel”, con salarios de miseria, sobrecargas de traballo e falta de tempo para prestar a atención necesaria as e os residentes. 

 Censuran ademais os cambios continuos de calendarios, a falta de valoración psicosocial, os cambios continuos nos protocolos e criterios de seguridade e, como colofón final a esta gravísima situación, que a patronal négase a negociar un convenio colectivo digno. 

 No escrito explícanlle á Valedora que a decisión de convocar unha folga indefinida no sector viu dada tamén, non xa pola falta de vontade para negociar un convenio digno, senón tamén pola inacción da Xunta de Galiza, á que acusan de converter os coidados nun negocio. Xunto a isto acusan ás empresas de xestionar servizos públicos financiados con diñeiro público para obter “enormes beneficios económicos a costa da explotación salvaxe das traballadoras das residencias da terceira idade e da mala calidade do servizo”. 

 Finalmente, adiantan que van procurar que a folga non afecte ás persoas usuarios, pero témense que as residencias “van impor servizos mínimos abusivos, como en todas as folgas, que serán denunciados, pero o que si pretendemos é visibilizar a situación que ten este sector”. 

Participación do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG 

 O colectivo de persoas xubiladas da CIG de Vigo, que amosou publicamente o seu apoio ás reivindicacións do persoal das residencias, tamén participou na mobilización desta mañá para trasladar as súas demandas, nomeadamente a posta en marcha dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas que aglutine as actuais residencias, centros de día, servizos de axuda no fogar, e outros, de xeito que todas as galegas/os vexan cumprido o seu dereito a unha vida digna cando as súas circunstancias lles impiden poder facelo de xeito autónomo. 

 Por iso esixen do Goberno da Xunta o aumento nos orzamentos destinados á atención á dependencia e o incremento na dotación de prazas públicas de centros de día e residencias. “Tamén é necesario incorporar o servizo de axuda no fogar nun ente público galego como o que propoñemos, e rematar dunha vez por todas coas miserentas condicións laborais e salariais das mulleres que desempeñan este traballo de coidados cada vez máis necesario”.

VIGO

OS TIMBAIS CENTENARIOS DA ANTIGA BANDA MUNICIPAL DE VIGO, PROTAGONISTAS DUN LIBRO E UN DOCUMENTAL AVALADOS POLA DEPUTACIÓN 

Os instrumentos restaurados soarán no concerto da Clásica sobre Mozart do vindeiro 18 de marzo


Banda Municipal de Música de Vigo
Foto: Arquivo fotográfico Pacheco

Infogauda / Vigo

 Os timbais de 1913 da extinta Banda Municipal de Música de Vigo son os protagonistas do libro presentado onte na Escola Municipal de Artes e oficios (EMAO) de Vigo ‘Os timbais da Banda Municipal de Música de Vigo. Historia musical de Vigo a través dunha publicación’, que recolle o proceso de localización, identificación e restauración dos instrumentos. A obra foi realizada grazas á edición da  Orquesta Clásica de Vigo e á colaboración económica da Deputación de Pontevedra a través da liña de axudas para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, que achegou unha subvención de 6.721 euros.

 O volume conta a historia dos timbais, que levaban 30 anos esquecidos nun faiado dentro duns cestos e atopábanse nun estado de deterioro e maltrato moi acusado, polo que a premisa principal foi recuperar a súa utilidade como instrumentos e facelos soar de novo. Segundo explicou o editor do libro Manuel Martínez, había tamén un segundo obxectivo na súa recuperación: “aproveitar o proceso de restauración para dar a coñecer todo o patrimonio musical e simbólico que os rodea” a través da redacción e divulgación dunha publicación.

A deputada provincial de Patrimonio Documental, a nacionalista María Ortega, -a pesares de non poder estar presente na presentación de hoxe- quixo dar os parabéns á Clásica polo seu traballo “pola a recuperación e mellora do patrimonio, neste caso a nivel musical, xa que a restauración dos timbais  supón unha importante riqueza relacionada coa provincia que debe salvagardarse e divulgar ante a cidadanía”. Subliñou que a Deputación sempre tenderá a man aos colectivos e entidades que traballen nesta liña.

 A publicación financiada polo ente provincial recolle todo o proceso de restauración que levou a cabo para chegar ao estado actual dos timbais. Para explicala, inclúese unha colaboración de Pablo Abreu, quen realizou unha revisión histórica do contexto sociocultural e musical do Vigo da década de 1910, abordando a importancia das tendas de música locais e das sociedades que supoñen o xérmolo para que xurda o interese e hábitos pola música.

 Pola súa parte, Alejo Amoedo traballou sobre a figura de Mónico García de la Parra, o director que chegou á cidade de Vigo en 1913 e revolucionou o panorama musical modernizando e elevando a formación extinta a unha das referentes do Estado. Esta figura foi fundamental para entender a compra dos instrumentos pois, grazas ao cambio de repertorio e profesionalización da entidade, foi preciso renovar material e ampliar as familias musicais. Finalmente, David Rodríguez recolle no seu artigo dentro do libro o proceso de catalogación e identificación dos instrumentos que levou a cabo para asesorar como experto na restauración.

Mozart esencial


 Os timbais recuperados
Foto: D.PO.

 Os timbais recuperados, que xa foran ‘reestreados’ en novembro de 2020 nun concerto no monte do Castro, da man de Andrés Bernárdez, soarán de novo no concerto ‘Mozart esencial’ dentro da temporada ‘Correspondencias’ da Clásica grazas ao percusionista David Rodríguez. Será o vindeiro venres 18 de marzo (20.30h) no Teatro Afundación de Vigo cunha proposta monográfica sobre o autor. As entradas para este concerto -e os demais incluídos na temporada-  xa están á venda en Ataquilla.com.

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, ORGULLOSA CO EXEMPLO DE TRANSPARENCIA DO PLAN REACPON E DOS 47 GRANDES PROXECTOS XA EN MARCHA EN CONCELLOS DE TÓDALAS CORES POLÍTICAS 

O Goberno provincial compara a equidade do ReacPon co “modelo caciquil da Xunta”, que “cos datos da propia Xunta na man” asinou 98 convenios a dedo o ano pasado, 77 deles con concellos gobernados polo PP


A presidenta, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, na rolda de prensa de hoxe para informar do plan extraordinario Reacciona Pontevedra (ReacPon)

Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra fixo balanzo, unha vez asinados os 47 convenios de colaboración cos concellos, dos avances cara a materialización dos grandes proxectos do plan extraordinario Reacciona Pontevedra (ReacPon). A presidenta, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, destacaron a calidade duns proxectos seleccionados en concorrencia competitiva, con total transparencia e equidade, a partir de criterios e puntuacións técnicas obxectivas que chegan a todas as comarcas e a concellos da todas as cores políticas. A resultas desta esixente planificación e “co bo traballo de Deputación e Concellos, hai xa tres proxectos en obras, outros seis adxudicados, dous a piques de adxudicar, nove en licitación, sete a piques de seren licitados e, finalmente, outros 20 que se licitarán entre marzo e abril próximos”.

 A presidenta Carmela Silva destacou que o ReacPon, que fará posible 25 actuacións de mobilidade segura, tres bibliotecas, cinco reformas de casas dos concellos, cinco actuacións en espazos culturais, 8 en infraestruturas deportivas e a ampliación ecolóxica dun cemiterio, mellorará os servizos públicos para a veciñanza de 20 concellos gobernados polo PSdeG-PSOE, 17 polo Partido Popular, outros 8 polo BNG e 2 municipios con Alcaldías independentes. Recalcou que o investimento medio do Plan ReacPon nos concellos liderados polo PSOE é de 56,7 euros por habitante, nos “populares” de  67,61 euros por habitante, nos do BNG de 54,47 euros por habitante e, finalmente, nos independentes, de 98,89 euros por habitante.

A Xunta non resiste a comparativa

 Carmela Silva subliñou que, diante deste exemplo de transparencia cun plan extraordinario para obras transformadoras, dotado con 26,33 millóns de euros, que se traduce en 47 convenios con concellos de tódalas cores políticas, cómpre facer unha comparación cos convenios asinados a dedo pola Xunta de Galicia ao longo do ano 2021 e que aparecen publicados, a día de hoxe, no Portal de Transparencia do propio Goberno galego. Cunha matización, explicou a presidenta, “que a Xunta vai publicando os seus convenios por cuadrimestres e varias consellerías non están ao día porque de transparencia, pouca”. “Así que a situación real é aínda máis grave do que reflicten estes datos”, anticipou.

 Carmela Silva explicou que a Xunta ten publicado 98 convenios do ano 2021 con concellos da provincia por un importe próximo aos 29 millóns de euros, dos que 77 foron para os concellos dirixidos polo PP, 15 polo PSdeG-PSOE, 4  polo BNG e 2 para independentes. O gasto medio por habitante  dos convenios da Xunta nos concellos “populares” alcanzou os 110 euros; nos socialistas, 14 euros; nos nacionalistas, 1,8 euros e, finalmente, nos independentes tan só 1,4 euros por habitante. Os concellos con Alcaldía do PP absorberon o 72,75%, do total, os do PSdeG-PSOE un 26,2%, os nacionalistas un 1,16% e os independentes un 0,22%. “Por que os veciños e veciñas desta provincia son distintos para a Xunta en función de quen os goberne?”, preguntouse a presidenta da Deputación, quen denunciou, ademais, que segundo os datos publicados hai 22 concellos que non conseguiron asinar ningún “convenio para cousas serias”.

“Os datos son a proba do algodón”

 “Os datos son terribles. Son a proba do algodón e, polo tanto, non enganan”, clamou Carmela Silva. “É un escándalo total que o modelo da Xunta consista en sobrefinanciar aos concellos do PP”. Un modelo caciquil que, destacou, non fará cambiar o rumbo dunha Deputación que decidiu atender a tódolos concellos por igual, “aínda que tamén entendemos que é obrigado denunciar publicamente este xeito de gobernar da Xunta, esta situación intolerable. Non cuestionamos os investimentos, senón que non se fagan con equidade en toda a provincia. Os convenios e as subvencións opacas levan o nome e apelidos dos concellos do PP”, concluíu.

 Nun repaso polos 12 departamentos da Xunta que repartiron fondos directamente durante o ano pasado, Carmela Silva, parouse especialmente coa Vicepresidencia Primeira da Xunta, “caixón de xastre do caciquismo”, a Consellería de Infraestruturas (que rubricou tres convenios de seguridade viaria en tres concellos do PP), Augas de Galicia (que financia obras de saneamento e abastecementos cos concellos conservadores) e a Consellería de Medio Ambiente (cun “convenio estrela” para o Auditorio de Marín).

 Ademais dos convenios, a presidenta da Deputación  analizou as últimas licitacións publicadas nos perfís do contratante das consellerías e así concretou que das nove últimas licitacións de reformas integrais en colexios individuais, sete foron para concellos do PP “sen esquecer que o último colexio construído nesta provincia está en Sanxenxo e o último IES construído, en Soutomaior”. Ademais, non pasou por alto que das nove sendas peonís licitadas por Infraestruturas recentemente, seis están en concellos do PP. Ou que as últimas urbanizacións de rúas que executa a Consellería de Medio Ambiente se cinguen aos concellos da Estrada, Arbo, Marín e Redondela (esta en 2019, tamén co PP na Alcaldía). Ademais disto, animou a repasar as partidas substantivas incluídas nos Orzamentos 2022 para saneamento, abastecemento, edificios xudiciais, centros de saúde ou polígonos industriais. Por último repasou as últimas “subvencións de medianoite” da Consellería de Medio Ambiente (con prazo de presentación ás 00.00 horas e ata esgotar crédito) que foron para 9 concellos da provincia, 8 deles do PP, ou as últimas achegas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) a través do Plan de Infraestruturas Rurais, con 14 de 17 para concellos do PP.

Mosquera reclama a quen substitúa a Feijóo, “que cambie as formas”

 O vicepresidente fixo unha “chamada a quen lle corresponda agora gobernar na Xunta” como substituto do actual presidente Núñez Feijóo a que cambie “certas formas de facer as cousas” por considerar que quedaron “anquilosadas e son profundamente inxustas”. “A ver se era unha lideira de Feijóo e agora que marcha podemos utilizar a Administración para beneficiar á cidadanía que non ten culpa dos castigos se non votan ao PP”. Destacou que dende a súa entrada na Deputación unha das súas preocupacións era como se facía o reparto de cartos provinciais aos municipios, que segundo asegurou, se foi corrixindo ata chegar hoxe a unha equidade absoluta. Subliñou que Louzán era “un santo absoluto” en comparación co que está a facer a Xunta de Galicia a día de hoxe, da que dixo “vai radicalmente a peor, cara atrás, e cara o caciqueo” e “ás políticas decimonónicas e de hai 40 anos” dunha maneira “escandalosa”.

 Mosquera lembrou algúns exemplos concretos das diferencias de trato entre os concellos. Destacou que na estrada vella a Marín na parte de Pontevedra non se permiten medidas de calmado de tráfico mentres que á chegada a Marín xa hai un lombo; lembrou que en Sanxenxo estase a humanizar a PO-308 pero non así en Poio a pesares de que é igual ou máis necesario; destacou que en Alba na PO-225 non se fai unha alternativa porque é moi caro e só se afronta se o Concello “rasca o bolsillo”; e fixo fincapé en que a mellora do colector do Gafos foi desadxudicado en Pontevedra mentres que en Marín se invisten cartos para saneamento. “Énchesenos a boca con palabras grandilocuentes como democracia, liberdade... pero na práctica estamos con estas miserias que son denigrantes para quen as practica e denigrantes e mal exemplo para a sociedade. Despois falamos de capacidade, mérito e esforzo, mentres que a mensaxe que se está a transmitir é que para triunfar hai que buscar a vía falsa”, subliñou.

MOAÑA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROXECTARÁ MAÑÁ O DOCUMENTAL DE MEMORIA HISTÓRICA ‘ACORDA’ NO QUE INTERVEÑEN UXÍA, TANXUGUEIRAS E SHEILA PATRICIA 

A Casa da Mocidade acolle tamén unha exposición sobre o como se fixo a produción audiovisual, que xa foi aplaudido no Festival de Cine de Ourense e en Cineuropa


A Casa da Mocidade acolle unha exposición sobre o como se fixo a produción audiovisual
Foto: D.PO.

Infogauda / Moaña

 O documental ‘Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra’, peza audiovisual producida polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para poñer en valor lugares e feitos de memoria na provincia a través da música, proxectarase  mañá sábado ás 19 horas na Casa da Xuventude de Moaña con entrada libre ata completar capacidade. Ademais da exhibición tamén haberá un coloquio posterior no que participará a deputada de Memoria María Ortega e algunhas das persoas que participaron no proxecto.

 A peza documental da Deputación de Pontevedra xurdiu trala idea orixinal do departamento de Memoria provincial, quen outorgou a dirección artística a Uxía e Marina Carracedo, a Lucas Terceiro a realización,  a Lois Pérez o guión e a Montse Fajardo o asesoramento de contidos.

 No proxecto  participan voces moi diversas e reivindicativas como as de Emilio Rúa e Silvia Penide, Ugia Pedreira e Marina Oural, Sheila Patricia, Eladio Santos, Tanxugueiras, Ezetaerre e a propia Uxía e Su Garrido, e un elenco formado por Tero Rodríguez, Andrés Giráldez, e Eduardo R. Cunha (‘Tatán'), entre outros, xunto a testemuñas reais de persoas como Queta Molas ou Blanca Francés que viviron de preto a represión franquista.

 O obxectivo de ‘Acorda’ é achegar a temática da memoria histórica ao público xeral, neste caso a través dun formato como o audiovisual que non é habitual. No documental faise un percorrido por diferentes espazos singulares e de importancia para a memoria histórica na provincia de Pontevedra, ben por ser lugares nos que se produciron execucións, de enterro ou relacionados coa República: a antiga ‘Escola Normal’ en Pontevedra; a Ponte Regueiro, en A Estrada; o Pozo da Revolta, en Marín; a praia de Massó en Cangas; a praia de Alcabre (Vigo) ; a Bombardeira ou Volta dos nove (Baredo); a Volta da Moura; e finalmente a Illa de San Simón.

 Antes do pase en Moaña, o documental ‘Acorda’ foi previsualizado tivo moi boa acollida do público no Teatro Principal de Pontevedra, a súa estrea oficial no Ourense Film Festival -optando ao  Premio Xacobeo-, e tamén pasou por ‘Cineuropa’, onde foi considerado parte “da produción galega máis relevante” de 2021.

Exposición

 A rodaxe do documental ‘Acorda’ deu lugar a un traballo fotográfico que recolleu como se fixeron cada unha das gravacións das pezas musicais e das caracterizacións nos lugares vinculados á memoria histórica da provincia: Pontevedra, A Estrada, Marín, Cangas, Alcabre, A Volta da Moura, A Volta dos Nove e a illa de San Simón.

 As imaxes organizáronse para compoñer unha mostra que funciona como complemento á proxección da peza audiovisual e que inclúe arredor de medio cento de fotografías tomadas pola fotógrafa Alba Díaz. Nelas retrátase o elenco, as persoas de asociacións e colectivos que colaboraron na gravación, así como o persoal da produción artística, e tamén os lugares da memoria. As imaxes están acompañadas de textos escritos polo guionista e narrador Lois Pérez nos que se lembra o acontecido en cada un deles logo do golpe do 36. A exposición estará a disposición do público na Casa da Xuventude de Moaña.

CULTURA

Gran éxito de participación do Concurso Escolar de Entroido 2022       ·         

Máis de 500 fotografías enviadas de 308 centros educativos de toda Galicia participaron no sorteo celebrado o 7 de marzo  

· Un total de 20 centros educativos de Galicia recibirán nos próximos días os agasallos do sorteo e o seu diploma de participación




Teresa Rocamonde / Santiago de Compostela 

 O Concurso Escolar de Entroido para centros de infantil e primaria de toda Galicia posto en marcha polos Bolechas e Grelo Comunicación foi todo un éxito. Desde o luns 21 de febreiro ata o venres 4 de marzo recibíronse algo máis de 500 fotografías de 308 centros educativos diferentes, desde escolas de infantil, ata centros rurais, colexios de primaria e secundaria e mesmo centros de educación especial.

 O interese pola proposta quedou de manifesto tamén no aumento do tráfico rexistrado na web dos Bolechas, máis dun 200% durante o transcurso do concurso, e tamén nas redes sociais, onde se acadaron máis de 1.500 impactos. Asemade, rexistráronse un total de 1539 descargas da Unidade Didáctica do Entroido de Galicia e máis de 4000 das diversas actividades que se puxeron a disposición dos centros educativos e de toda a cidadanía.

 O éxito de participación confirma o desexo de recuperar esta festa tan nosa que é o entroido, e que sempre tivo moita acollida entre a cativada galega. De feito, moitos colexios aproveitaron a Unidade Didáctica e o material aportado nesta iniciativa para traballar o entroido e mesmo mandaron fotos relacionadas co traballo nas aulas deste material didácticos.

 Desde fotos individuais ata clases enteiras disfrazadas, carteis, máscaras, materiais elaborados para os disfraces, pasacalles, aulas engalanadas para o entroido… todo tivo cabida nas fotos do Concurso, demostrando unha vez máis o gran traballo que leva a cabo o profesorado de Galicia no día a día das aulas.

 Algunhas das fotos foron publicadas nas redes sociais dos Bolechas –a enorme cantidade de material recibido fixo imposible publicar todo– pero todas as participacións recibiron un diploma e entraron no sorteo de 20 fantásticos agasallos, entre os que hai material informático, discos dos Bolechas e lotes de libros da popular familia.

 O luns 7 de marzo realizouse o sorteo e o día 8 publicáronse na web dos Bolechas e nas redes sociais os títulos das fotografías que resultaron gañadoras. Así mesmo, contactouse cos colexios para informalos de que foron agraciados e anunciarlles o envío dos agasallos.

Lista completa de premiados no sorteo

 "Entroido dos bolechas" da clase 1.º de primaria do CEIP Mariñamansa; "Que treman os malvados!" de 5.º de infantil do CEIP Ramon Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras; "Despois de moitos anos, as vacas volven ás rúas de Pazos” do CRA Monterrei; “Pasiño a pasiño facemos o Camiño” de 1.º B de primaria do CPI Cernadas de Castro de Lousame; “O entroido” do Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario da Coruña; "As nosas cereixiñas" de 3 anos A do CEIP plurilingüe Xoan de Requeixo de Chantada; “Entroidando con Rosalía” de 5.º de infantil do CEIP A Pedra de Bueu; "Peliqueiros de Nigrán" do CEIP Carlos Casares de Vilariño; “Os rockeiros de 5º de infantil” do CEIP Manuel Rivero de Lalín; "Peregríns do mundo por Brens: Peregríns de Brens polo camiño" do CEIP A Igrexa-Brens de Cee; “Lendas de Galicia: Pepa A Loba” de 6.º de infantil do CEIP de Esteiro en Ferrol; “O mar” do CEIP Campanario, Porto do Son; “Mariñatur. Concello de Cervo” de 4.º de primaria do CEIP Fondo Nois de Foz; "Érase unha vez" da EEI de Vilalba; "Os trasnos do refugallo” da Escola Infantil Municipal de Arteixo; “Festa dos choferes do Concello de Alfoz” de 4.º de infantil do CEIP Fondo Nois; “Condutores que se dirixen ao Rosal visitar o Galo Gonzalo e a Ola Manola” de 4.º de infantil do CEIP Mestre Valverde Mayo; "A diversidade de estilos musicáis, únenos” de 3.º primaria do Colexio Atalaya Cantabria e “Entroidos de Galicia” do CRA de Meis. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Município arcuense recebe primeiros imigrantes ucranianos   


Imigrantes ucranianos*

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez já está a tratar de integrar os imigrantes ucranianos que acabaram de chegar. 

 A Autarquia está articulada com parceiros, estando a ser criadas condições para a instalação das pessoas. 

 O Município criou uma Equipa para dar informação e prestar apoio através dos Serviços de Ação Social (social@cmav.pt) e do Gabinete de Apoio ao Imigrante (gae@cmav.pt) (apoio Social, Psicológico, Jurídico, Educação, Saúde e Segurança Social), bem como disponibilizou uma linha telefónica de apoio (258 520 504). 

 O site do Município tem informação acerca da oferta de alojamento, emprego, outros apoios nacionais e internacionais e contactos úteis, assim como para as pessoas que q ueiram ajudar através de voluntariado, oferta de alojamento, emprego ou recolha de bens essenciais, as quais também o poderão fazer através desta página. 

 A Autarquia mantém o apelo para que a comunidade se mantenha unida para continuar a apoiar quem mais precisa.     

*Foto retirada da página oficial da Presidência da República

VIGO

CIG-Saúde da Comarca de Vigo denuncia as mentiras da Dirección da Área Sanitaria de Vigo 

Publicadas nos medios de comunicación en resposta á convocatoria da folga de oftalmoloxía



CIG-Saúde da Comarca de Vigo 

 A Dirección da Área Sanitaria, en resposta á xustificada convocatoria de folga, di que no servizo de Urxencias "contratouse a unha auxiliar específica para oftalmoloxía en quenda de mañá" , cando o que fixo a Dirección foi mover a unha técnica en coidados auxiliares de enfermería (TCAE) do Servizo de Urxencias para que preste servizo en "exclusiva" para a consulta de urxencias de oftalmoloxía, complicando aínda máis a precaria situación que padece o Servizo de Urxencias debido a escaseza de persoal que CIG-Saúde leva denunciando desde hai moito tempo. 

 A solución (ou cando menos unha parte da solución) pasa por contratar persoal a maiores para dar resposta ás necesidades das persoas que acoden ao servizo de Urxencias e precisan atención oftalmolóxica. Cambiar de sitio profesionais non fai máis que perpetuar a precariedade.