Charla informativa sobre a factura da luz
O venres 18 de marzo, ás 20:00h na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda organiza unha charla informativa sobre a factura da luz, que contará coa presenza dos ponentes David Portela Andura, enxeñeiro industrial en Electricidade; e de Santiago González Veiga, avogado especialista no sector eléctrico.
A charla, que terá lugar o vindeiro venres día 18 de marzo ás 20:00h na Casa dos Alonso, aportará aos asistentes consellos sobre aforro enerxético, enerxías renovables e informacións de interese sobre a comprensión das facturas da luz, franxas horarias de consumo, prezo da potencia contratada, reclamacións, entre outras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario