17 de dec. de 2021

A CRUZADA (A GUARDA)

A Guarda conmemorará o Centenario do lavadoiro da Fonte da Cal 

Este domingo 19 de decembro, ás 12:30 horas, na rúa A Cal 


Portada da publicación conmemorativa, editada polo Concello de A Guarda

Infogauda / A Cruzada (A Guarda)

 Este domingo día 19 de decembro ás 12:30h terá lugar na Fonte da Cal un acto para conmemorar o centenario do lavadoiro da fonte da Cal.  

 Neste ano 2021 cúmprese o centenario da construción do lavadoiro da Fonte da Cal, no barrio da Cruzada, acometida no ano 1921 por suscripción que iniciou en Puerto Rico don Brasilino Álvarez Sobrino, natural deste barrio da vila guardesa. 

 

Grupo de persoas a carón do cruceiro e do lavadoiro da Cal

 Brasilino Álvarez Sobrino tiña daquela 27 anos e seguía a estela doutros guardeses da emigración que buscaron mellorar a calidade de vida dos seus conveciños, actuando directamente na mellora das fontes e lavadoiros,  daquela sen cuberta, o que obrigaba a lavar a roupa á intemperie. 

 Neste acto contarase coas intervencións do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e do historiador Joaquin Miguel Villa Álvarez, quen realizará unha breve contextualización histórica sobre A Cal, o seu lavadoiro e sobre Brasilino Álvarez Sobrino, impulsor da súa construción.  

 Durante o transcurso deste acto, ao que está convidada toda a cidadanía guardesa, tamén teremos a oportunidade de escoitar a un grupo de 4 clarinetes, formado por Ana González Lorenzo, Sara Márquez Rodríguez, Nerea Fernández López e Lucía Lomba Alonso, alumnas do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, que interpretarán as obras:

·“Danza Húngara nº 5” de Johannes Brahms.

·“Hallelujah”, de Leonard Cohen.

·“The entertainer”, de Scott Joplin. 

DEPORTES

FÚTBOL

Rexional Preferente 1ª Fase Grupo 2º Sur - Subgrupo B

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ Á VISITA DO VERÍN, C. F.

Este domingo día 19 de decembro, ás 4:15 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Sporting Guardés - no posto 8º da táboa clasificatoria da Rexional Preferente 1ª Fase Grupo 2º Sur - Subgrupo B  - prepárase para recibir este domingo día 19 de decembro, ás 4:15 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña, ao Verín, C.F..

 O equipo da vila termal, clasificado no 3º posto da táboa, conta con 23 puntos no seu haber, logrados nas 12 xornadas que leva disputadas. Iso contrasta cos 16 puntos que posúe o conxunto guardesista, que leva xogado 13 encontros.  Eses sinxelos datos numéricos, son entre outros, os que marcan a diferencia, a día de hoxe, entre un equipo e outro. 

 En calquer caso, o equipo de A Guarda vai procurar, deportivamente falando, non deixar escapar ningún dos puntos en xogo. Para iso é fundamental, non soio un óptimo rendemento dos xogadores, senón tamén á presenza nas bancadas dos seareiros do Sporting Guardés, que co seu apoio, van achegar un plus de ánimo ao conxunto local, necesario para afrontar un partido no cal todo está, obviamente, por decidir.

A GUARDA

O “Universo Creativo do Nadal” xa luce na Praza do Reló 

· Trátase dunha gran obra de arte colectiva, feita coas achegas do alumnddo dos centros educativos de A Guarda


O “Universo Creativo de Nadal” é todo un exemplo de arte colaborativa
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Dentro da programación do Nadal 2021/22, o Concello de A Guarda,  preparou unha actividade na cal poder facer partícipes destas festas aos alumnos e alumnas dos centros educativos da nosa vila, e que ten como obxectivo mostrar a súa grande creatividade, un concepto que está sendo central durante este Nadal.  


Pormenores do resultado da proposta lanzada polo Concello de A Guarda, e que tivo unha formidable acollida entre o alumnado dos centros educativos da localidade


 Fai unhas semanas repartíronse polos centros unhas láminas con siluetas de polbos, apupos, cabaliños de mar e estrelas, e pediuse que cada alumno/a recortase o debuxo da lámina e o decorase de xeito libre. 

 Con todas estas obras individuais, no día de onte, xoves 16 de decembro de 2021, procedeuse a crear a gran obra de arte colectiva - “Universo Creativo de Nadal” - que durante as festas estará na Praza do Reló, “suspendida no aire”.  

 Para poder desenvolver esta actividade contouse coa colaboración dos equipos directivos e o profesorado dos centros, aos que agradecemos enormemente a súa implicación, e sobre todo aos pequenos e pequenas artistas. Tamén queremos agradecer a súa contribución ás persoas voluntarias do centro San Xerome e Avelaíña que se achegaron estes días ao Concello para axudarnos con esta actividade, afirmaron desde o Equipo de Goberno Municipal.

 “Convidamos ás familias e nenos/as da Escola Infantil Municipal, Centro San Xerome, CEIP Sinde, CEIP Solanas, CEIP Sangriña, Colexio Padres Somascos, Colexio S. José HH. Carmelitas e Escola Unitaria da Gándara, centros que participaron na iniciativa, a pasarse pola praza e intentar atopar a súa obra”, propoñen desde o executivo local.



Os agasallos xa están preparados no Concello de A Guarda para agradecerlles súas colaboracións aos/ás artistas

 Como agradecemento aos/ás artistas entregaranse a través dos centros educativos uns agasallos especiais que irán acompañados dunha carta do alcalde expresamente dirixida a eles e elas, da axenda coas actividades e actuacións de Nadal e algunhas lambetadas. 

O ROSAL

O Rosal pecha un ano “Cocreando Sociedade”  

O proxecto, que busca facer un concello máis inclusivo, rematou a súa primeira fase co deseño dun plan de acción para 2022  


Durante a sesión de peche da primeira fase, as persoas participantes compartiron as experiencias vividas durante este ano, valoraron as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas para seguir desenvolvendo o proxecto, e trazaron un plan de acción para o 2022

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Rosal rematou esta semana a primeira fase do “Cocreando Sociedade”, un proxecto piloto participativo e transversal impulsado polo Concello no que diferentes persoas, representantes de colectivos do tecido asociativo, da administración local e de entidades que traballan a prol da diversidade estreitan lazos e codeseñan iniciativas para facer do Rosal un lugar mellor para todos e todas.  A alcaldesa, Ánxela Fernández, mostrouse “moi satisfeita cos resultados obtidos”, ao tempo que agradece á Agrupación Musical do Rosal, ao Acanor Novás Valinox, á Unión Deportiva Ribera, ao Club Ciclista O Rosal, á Galiña Azul, ao CRA María Zambrano, ao CPI Manuel Suárez Marquier e ás asociacións San Xerome e Avelaíña “o seu gran traballo e esforzo para sacar adiante este proxecto”.  

 Durante a sesión de peche da primeira fase, as persoas participantes compartiron as experiencias vividas durante este ano, valoraron as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas para seguir desenvolvendo o proxecto, e trazaron un plan de acción para o 2022, coa idea de seguir difundindo a iniciativa de Cocreando Sociedade e levando a cabo máis colaboracións para xerar unha comunidade máis xusta, inclusiva e democrática no Rosal. 

 Malia que “foi un ano especialmente complicado para desenvolver algunhas das iniciativas propostas debido as restricións impostas pola Covid, o proxecto sáldase cunhas valoracións moi positivas e a vontade de continuar a tecer rede, un dos aspectos máis valorados por todos e todas”, destaca a alcaldesa.  

 Entre as iniciativas postas en marcha destaca a experiencia sensorial durante o concerto de bandas sonoras de cine da Agrupación Musical do Rosal e as asociacións San Xerome e Avelaíña, onde as persoas con diversidade funcional experimentaron de primeira man e dende o propio escenario o que é participar nunha actuación musical, e a decidida aposta do Concello polo sendeirismo inclusivo coa adquisición dunha cadeira todoterreo.  

OIA

A instancia dos Socialistas de Oia, que solicitaron un pleno extraordinario 

A Corporación Municipal tratará sobre os problemas no saneamento e en camiños municipais 

A sesión celebrarase o luns día 20 de decembro, ás 9:30 h., na Casa do Concello de Oia


De esq. á der.: Américo de Oliveira Franco, Elena Álvarez Pérez e Gerardo Rodríguez Refojos, concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE do Concello de Oia

 Infogauda / Oia

 Os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia solicitaron a realización dunha sesión plenaria extraordinaria "para tratar a problemática existente en varios puntos do municipio en canto ao saneamento e deficiencias en viarios e camiños municipais". 

 Esta sesión plenaria celebrarase o vindeiro luns día 20 de decembro ás 9:30h da mañá, e na orde do día tratarase, a petición dos concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia, "o lamentable estado de conservación dos camiños de Os da Fonte e de Tallo, en As Mariñas; o de Lourido, en Mougás; os de Cardorrio, Matovello e Salandrín, tramos que unen o camiño da Fonte co das Chedas, camiño de Pedornes, (na parte que pasa ao lado do depósito de auga), camiño da Balla, todos eles na parroquia de Pedornes; camiño das Carballeiras en Oia, e outros no resto das parroquias", afirmou Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, de Oia.

 Gerardo Rodríguez, afirmou tamén que "dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia reclamarase nesta sesión plenaria se existe un plan de arranxo para estes problemas de seguridade vial e para cando está previsto a súa realización".  

 Do mesmo xeito os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia pedirán na sesión plenaria "información sobre cando se ten previsto realizar a conexión do saneamento das Mariñas coa estación depuradora de Baiona e a adenda de Augas de Galicia".  

 Por último, desde o Grupo Municipal Socialista pedirán en pleno "a dotación de beirarrúas nos núcleos de Mougás e Pedornes e se existe unha data para a súa realización". 

TOMIÑO

RECOÑECEMENTO ÓS TRABALLADORES/AS DO CENTRO DE SAÚDE DE TOMIÑO


Membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, co persoal do centro de saúde da localidade


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño 

 Hoxe venres 17 de decembro unha representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño achegouse o Centro de Saúde da localidade para facer entrega os traballadores dun pequeno agasallo acompañado dunha postal de Nadal, deseñada e realizada por Uxía Sobrino de Santiago, onde se agradece o inxente traballo e esforzo que fai o persoal sanitario do Centro. A doctora Mercedes Santos Vieira foi a encargada de ler de viva voz as palabras de gratitude e agradecemento  polo labor que desenvolven día a día coidando e velando da saúde de todos os usuarios, facendo xornadas, ás veces maratonianas.       

 Membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño aproveitaron para desexarlle un Bo Nadal a todo o persoal e tamén aproveitaron a ocasión  para lembrar que a Sanidade é cousa de todos.  

Forza e Saúde.

SALVATERRA DE MIÑO

O RÍO MIÑO XA É UN DESTINO  NAVEGABLE: VARIOS ROTEIROS FLUVIAIS CONECTARÁN OS MUNICIPIOS DA RAIA  

Hoxe presentáronse as tres primeiras roteiros fluviais que permitirán navegar polo Miño e descubrir o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Salvaterra de Miño, Tui, Valença do Minho e  Monçao 

Os roteiros están  enmacadas no proxecto europeo financiado con fondos POCTEP, “Río Miño: un destino  navegable” 

  

A alcaldesa de Salvaterra de Miño co ex alcalde da localidade e o coordinador do proxecto,  esta mañá, no embarcadoiro de Salvaterra de Miño


Infogauda / Salvaterra de Miño

 Os municipios da Raia reactivan a súa oferta turística con roteiros fluviais gratuítos que permitirán gozar e descubrir un dos seus tesouros máis importantes: o río Miño e o territorio transfronteirizo entre Galicia e o norte de Portugal.  

 O embarcadoiro de Salvaterra de Miño acolleu esta mañá a presentación destes roteiros  guíados, enmarcados no proxecto europeo financiado con fondos POCTEP “Río Miño: un destino  navegable”, que darán a coñecer o rico patrimonio natural, cultural e etnográfico dos catro municipios que integran este proxecto: Salvaterra de Miño, Tui, Valença do Minho e  Monçao.  

 Ao acto de presentación asistiron o vicepresidente da Xunta de Galicia e titular de Turismo, Alfonso Rueda; a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e os presidentes das Cámaras Municipais de  Monçao e de Valença do Minho, así como José Pereira, coordinador do proxecto.  

 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou “a importancia deste proxecto para este territorio”, e do valor que achega ao  Camiño de Santiago, xa que o roteiro  Eurocidade Tui-Valença transcorre polo paso do camiño portugués. Rueda incidiu tamén na “exemplar cooperación entre Galicia e o norte de Portugal para mellorar a a calidade de vida na zona transfronteiriza”. 

 “Trátase dun proxecto piloto e pioneiro na península Ibérica, que pretende poñer en valor todo o potencial turístico do Val do Miño e crear as condicións idóneas para converter o río nun destino  navegable de referencia”, explicou o coordinador do proxecto, José Pereira. Coa posta en marcha destes roteiros fluviais sentan as bases para atraer no futuro novos operadores turísticos e, á vez, diversificar a economía local da poboación  raiana. “Este territorio non ten nada que envexar a outros destinos turísticos  navegables”, destacou Pereira. Ademais da riqueza gastronómica, histórico-cultural, natural e termal, conta con algo que moitos deles non posúen, a  multiculturalidad asociada a dous países ligados polo río Miño”, engadiu.  

 Pola súa banda, a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, lembrou que esta iniciativa nace do anterior alcalde, Arturo Grandal, “un alcalde, unha persoa, que sempre pensou ao grande  e quixo crecer da man dunha das maiores riquezas que temos, o pai Miño, comezando a deseñar o futuro de Salvaterra e do territorio transfronteirizo a través deste proxecto, un  proxecto ambicioso e que moitos viamos imposible”. A rexedora concluíu destacando que “RÍO MIÑO: UN DESTINO  NAVEGABLE” é “algo máis que un proxecto en papel, é un paso adiante polo noso futuro, polo noso turismo e polo noso territorio”.  

 O acto de presentación, conducido por Cristina  Maró - nombre artístico da actriz, cantante e modelo ponteareá, Cristina Martínez Rodríguez - incluíu a proxección do vídeo promocional do proxecto e ao final, os asistentes puideron gozar de varios roteiros no barco.   

Os barcos sucarán o Miño este Nadal  

 Desde este Nadal e ata o próximo verán poderase gozar destes roteiros fluviais. Trátase de excursións turísticas de día enteiro na zona transfronteiriza que constitúen Salvaterra de Miño,  Monçao, Tui e Valença do Minho nas que os participantes coñecerán a zona da man dun guía turístico.  


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, e outras autoridadesm a carón do barco que fará os roteiros polo río Miño
Foto: X.G.


 Os tres primeiros roteiros que operarán en Nadal centraranse na visita aos centros históricos e fortalezas das dúas eurocidades: un roteiro longo de unión entre ambas as dúas e dous roteiros curtos (unha en cada unha delas).  

 Estes roteiros, duns 15 km, estarán suxeitos á profundidade do río á hora de viaxar -que se pode coñecer a través da aplicación `Calados Río Miño´- e en caso de non poder navegar ofrecerase servizo por vía terrestre en autobús. 

 As persoas interesadas poderán apuntarse na Central de Reservas do operador turístico Hemisferios, de maneira gratuíta e están limitadas a 15 persoas por grupo.  

 Cabe destacar que ademais dos roteiros guiados de día enteiro, están previstas saídas ás 16:00 h (hora española) todas as fins de semana, festivos, períodos vacacionais e tempada alta de forma regular. Nestas saídas, que terán unha duración aproximada dunha hora, os interesados poderán anotarse directamente no quiosco instalado no embarcadoiro. 

CAMINHA

Câmara Municipal promove abertura excecional do Drive Thru para testes COVID-19 nos dias 18, 25 e 31 de dezembro

Medida de prevenção e rastreio visa prevenir efeitos resultantes da possibilidade legal de bares e discotecas funcionarem até ao dia 2 de janeiro. Testes são gratuitos desde que marcados previamente através do site da Unilabs. 




Infogauda / Caminha

 O horário de funcionamento do Drive Thru para testes COVID-19, instalado no parque de estacionamento junto ao ferryboat de Caminha vai ser alargado até às primeiras horas da madrugada já amanhã, dia 18 de dezembro, bem como nos dias 25 e 31 de dezembro. Assim, os testes poderão ser realizados também entre as 22h00 e as 02h00. Para usufruírem do protocolo gratuito (comparticipado pelo SNS) os interessados deverão efetuar a marcação prévia no site da Unilabs, em: https://go.unilabs.pt/marcacao/local?exam=2&protocol=4

 O Drive Thru estará aberto, a título excepcional, também noutros horários: no Dia de Natal das 11h00 às 18h00 e no último dia do ano das 9h00 às 16h00. 

 Como salienta o Presidente da Câmara, “a situação da pandemia no concelho de Caminha é diferente da que vivemos há alguns meses atrás mas merece toda a nossa atenção e medidas excecionais. Tendo o Governo permitido a abertura de bares e discotecas durante a noite, cabe-nos encontrar soluções para permitir que as empresas trabalhem, por um lado e que as pessoas corram o menor risco possível de contágio. Por isso, é porque para entrar nos espaços noturnos é necessário mostrar prova de teste negativo, decidimos assegurar financeiramente o funcionamento do Drive Thru do ferryboat durante a noite. É uma medida extraordinária mas que se justifica perante o movimento que sabemos que os bares e discotecas do concelho de Caminha poderão naquela noite”.  

 Drive Thru estará a funcionar excepcionalmente nos seguintes dias e horários: 

Dia 18/12/2021 - entre as 22h00 e as 02h00; 

Dia 25/12/2021 - entre as 11h00 e as 18h00 e entre as 22h00 e as 02h00; 

Dia 31/12/2021 - entre as 09h00 e as 16h00 e entre as 22h00 e as 02h00;  

 Recorde-se que um protocolo estabelecido pelo Município, permitiu instalar, há pouco mais de um ano, um sistema “drive thru” no concelho. O Centro de Rastreio Móvel para a COVID-19 começou a funcionar em meados de novembro de 2020, ocupando parte do espaço do parque de estacionamento do ferryboat. O equipamento está disponível para a realização de testes PCR (Polymerase Chain Reaction), normalmente de segunda-feira a sábado e arrancou com uma capacidade para realização diária de 200 testes. 

 Entretanto, e tendo em conta o período festivo e as contingências sanitárias, Miguel Alves adianta que foram tomadas medidas complementares no final do ano: “entendemos, também, que era necessário reforçar o policiamento de proximidade, principalmente na noite de passagem-de-ano. Por isso, decidimos contratar o serviço gratificado da GNR que terá mais 14 militares no Centro Histórico de Caminha na primeira noite do ano, até às 07h30, a que se junta a segurança privada que estará ao serviço na zona da Praça Conselheiro Silva Torres”

VIGO

Traballadores/as de Vitrasa, en folga indefinida, mobilízanse  no Concello de Vigo para forzar a intervención do alcalde 

Os responsábeis municipais negáronse por segunda vez nesta  semana a recibir a unha representación do comité de empresa 


Un grupo de traballadores/as de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do  Concello de Vigo, mobilizouse hoxe diante do consistorio

Fotos: CIG

Unha representación do comité de empresa accedeu ao interior do edificio coa intención  de solicitar unha xuntanza co alcalde ou con algún responsábel municipal de transportes


Infogauda / Vigo

 Un nutrido grupo de traballadores/as de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do  Concello de Vigo, mobilizouse hoxe diante do consistorio para forzar a intervención do alcalde no  conflito laboral que os mantén en folga indefinida dende o pasado luns día 13. Mais os responsábeis  municipais negáronse a recibir aos representantes do comité de empresa por segunda vez nesta semana,  tras intentalo tamén o mércores.  

 O persoal de Vitrasa concentrouse diante do Concello arredor das 9:00 horas aproveitando a visita da  secretaria de Estado de Transportes, que finalmente non accedeu pola porta principal, onde os  traballadores/as despregaron varias faixas e desenvolveron unha ruidosa protesta. 

 Ao mesmo tempo, unha representación do comité de empresa accedeu ao interior do edificio coa intención  de solicitar unha xuntanza co alcalde ou con algún responsábel municipal de transportes. Por segunda vez nesta semana, tras o intento do mércores, negáronlles a posibilidade de seren recibidos para abordar o  conflito laboral. 

 Neste senso, días atrás animaron o alcalde a revisar o prego de condicións do concurso de adxudicación  do servizo e transporte urbano, “xa que despois de moitos días manifestando que Vitrasa é unha empresa  privada e que non lle corresponde ao Concello mediar neste conflito deberan saber que o artigo 37 sobre  control e inspección do servizo que ofrece a concesionaria di que o Concello estará facultado para  esixirlle a xustificación de ter cumprido todas e cada unha das obrigas de carácter laboral e de Seguridade Social en relación cos seus empregados/as”.  

 Lembran que levan meses solicitando unha intervención do Goberno local ante os incumprimentos  reiterados das obrigas laborais que marcan tanto o convenio colectivo como o Estatuto dos  Traballadores/as. Incumprimentos que o propio o réxime sancionador do prego considera o  incumprimento das obrigas laborais como falta moi grave e establece que serán sancionadas con multas  de entre 500.001 e 1.000.000 pesetas (3.000 e 6.000 euros).  

 A isto hai que engadir a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 que declarou abusivos  os servizos mínimos decretados no mes de outubro por vulnerar o dereito de folga, polo que o comité  reclama a redución dos actuais servizos mínimos, “xa que se mantén practicamente a mesma porcentaxe”. 

 Precisamente co obxectivo de poñer fin aos incumprimentos da empresa a representación sindical  mantivo o martes unha xuntanza coa coa Inspección de Traballo na que denunciou tanto os  incumprimentos do convenio colectivo como dos requirimentos da propia autoridade laboral, así como a  vulneración do dereito de folga coa eventual de traballadores/as durante os paros e mediante a ocultación  de información relativa aos servizos realizados durante a folga. 

 Ao día seguinte unha representación do comité acudiu ás instalacións do Concello para solicitar unha  reunión formal co alcalde ou con algún/ha responsábel de transporte, petición realizaron en varias  ocasións dende o mes de agosto “sen resposta da Alcaldía até o momento”.

ARCOS DE VALDEVEZ

Magia de Natal 

Mercado de Natal decorre de 16 a 19 de Dezembro 




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Enquadrado na programação de Natal que a Câmara Municipal e a ACIAB se encontram a realizar até ao próximo dia 9 de Janeiro, decorrerá de 16 a 19 de Dezembro, no Campo do Trasladário, o Mercado de Natal. 

 



 Durante 4 dias, o Mercado de Natal irá oferecer animação variada, com atuações musicais, teatro, Show Cookings, Workshops, a casinha do Pai Natal e muita diversão para os mais pequenos.  

 De 16 a 19 de Dezembro, vá até ao Campo do Trasladário e visite este espaço.  Delicie-se com as iguarias da época, prove os nossos vinhos e aprecie o nosso artesanato!

𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚

𝟏𝟔 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐳𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 | 𝐐𝐮𝐢𝐧𝐭𝐚-𝐟𝐞𝐢𝐫𝐚

18h00 – Abertura: “Mercado de Natal”

21h30 – Atuação: “Tone & Tonic”

23h00 – Encerramento

𝟏𝟕 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐳𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 | 𝐒𝐞𝐱𝐭𝐚-𝐟𝐞𝐢𝐫𝐚

10h00 - Abertura: “Mercado de Natal”

17h00 - Animação de Natal: “Rádio Pijama” - GRUPO DE TEATRO DO VEZ – GTV

18h00 - “Combinações Improváveis – Bebida quente para o Natal: Vinhão com Mel e Especiarias” – Associação dos Vinhos de Arcos de Valdevez

22h00 - Atuação: “Edgar Galvão & Pedro Gomes”

00h00 - Encerramento

𝟏𝟖 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐳𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 | 𝐒𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨

10h00 – Abertura: “Mercado de Natal”

15h00 – “ABC DAS ARTES EM FAMÍLIA” Para crianças dos 4 aos 12 anos e seus familiares 16h00 - Show Cooking: “EpraDoce” | EPRALIMA – Escola Profissional do Alto Minho

17h00 – Animação de Natal: “Web Summitários” - GRUPO DE TEATRO DO VEZ – GTV 22h00 – Atuação: “MB – Milay Lagarto & Bernardo Antunes”

00h00 – Encerramento

𝟏𝟗 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐳𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 | 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 

10h00 - Abertura : “Mercado de Natal”

10h30 - Workshop: “Mini-chefs” | EPRALIMA – Escola Profissional do Alto Minho

15h00 - “Orquestra de Violinos” | Conservatório de Musica e Dança de Arcos de Valdevez 15h30 - Música infanto-juvenil/Livro: “APRENDE COM OS ANIMAIS” – Daniel Duarte 16h30 - Atuação Musical: “Hugo Costa & Ricardo Rocha”

19h00 - Encerramento

PONTEVEDRA

O APALPADOR CHEGARÁ AOS CONCELLOS DA PROVINCIA 

DESDE ESTE LUNS, CON MONICREQUES, MÚSICA E ÁRBORES AUTÓCTONAS NOS SEUS PASACALLES DE NADAL    

A presidenta Carmela Silva e a deputada de Lingua, recibiron hoxe na Deputación á figura tradicional do Nadal galego, o seu acordeonista e o seu burro Río Lor 

 

O Apalpador foi recibido pola presidenta Carmela Silva e a deputada de Lingua María Ortega, xunto ao seu acompañante acordeonista Servando Barreiro e o seu burro Río Lor

Foto: Rafa Estévez


Infogauda / Pontevedra

 O Apalpador, a figura lexendaria do Nadal galego, chegará aos concellos da provincia desde este luns día 20 con moitas novidades: nova vestimenta, monicreques, unha banda de música ampliada e agasallos de árbores autóctonas para as alcaldesas e alcaldes para que os planten nos espazos públicos. Así o explicou hoxe na súa visita á Deputación provincial, onde foi recibido pola presidenta Carmela Silva e a deputada de Lingua María Ortega, xunto ao seu acompañante acordeonista Servando Barreiro e o seu burro Río Lor. 

 O Apalpador explicou que este ano fará as súas actuacións e pasarrúas con nova roupa: estreará novos pantalóns de pana -feitos por un xastre de máis de 80 anos da provincia de Pontevedra-, chaleco, gorra e camisa, todo “moda galega”. Outra das novidades será que a súa comitiva incluirá dous monicreques que irán contando historias: a ‘Lobiña Coureliña’ feita en As Neves e ‘O señor Pandigueiro’, curmán do Apalpador, elaborado en Cangas do Morrazo.  

 Ademais, entregará a cada concello unha árbore autóctona para que sexa plantada nun monte ou algún espazo público que poidan gozar os nenos e nenas para coñecer máis a natureza propia galega. Na recepción institucional no Pazo Provincial, el mesmo agasallou hoxe á presidenta cunha sobreira, que ela escolleu pola súa relación co castelo do Sobroso, e cun loureiro á deputada María Ortega, quen explicou a súa elección por ser dun concello de costa e querer fomentar o consumo de produtos de mar. 

 O músico Servando Barreiro será o responsable da parte musical e “o encargado de animar as viaxes e os pasacalles”.  Explicou que este ano ademais do seu acordeón haberá tamén unha saxofonista e un guitarrista que farán algunha peza nova ademais das cantigas propias do Apalpador . Lembrou que as actuacións buscarán fomentar o amor pola lingua galega e o coidado do medio ambiente, xa que “as mensaxes cantadas e tocadas reálzanse e chegan máis e a xente fica máis impresionada”.  

 A deputada de Lingua María Ortega, responsable do programa Nadal en Galego no que se enmarcan as actividades do Apalpador, explicou que este ano a Deputación fixo un esforzo para ampliar o máximo as visitas aos concellos, chegando a 45 municipios da provincia dende este luns día 20 ao 4 de xaneiro “con moitas sorpresas”. Salientou  que o proxecto está medrando cada ano co fin de achegar ás crianzas as tradicións do país para resaltar “os nosos valores propios e destacar a nosa forte identidade

 Subliñou que as actuacións faranse en formato pasarrúas de maneira itinerante, evitando aglomeracións, para garantir a máxima seguridade para as persoas dada a situación de pandemia.  

 Pola súa parte, a presidenta Carmela Silva subliñou a aposta da Deputación “por recuperar as nosas tradicións fermosas, que falan de xente que estivo aquí antes que nós e levaba música, identidade e historias e autenticidade para que a xente fora feliz. O Apalpador e Servando é o que van levando, felicidade”. 

 A presidenta explicou que as nenas e nenos ademais de gozar da música , dixo, preguntaranse quen era o Apalpador cando o vexan polo que a visita aos concello fará que teñan interese e se preocupen por quen era esa figura. “Só podemos amar o que coñecemos. Con esta iniciativa non só facemos que se enchan de actividade cultural os concellos da provincia durante o Nadal, con cultura, recuperando as tradicións, senón que espertamos interese nas nenas e nenos. Eles son o noso futuro. Se non coñecen, dificilmente poderán manter o que nos identifica”, apuntou.  


PROGRAMA VISITAS APALPADOR

Luns 20 de decembro

·         17:00 h Pontecesures

·         19:00 h Valga

Martes 21 de decembro

·         17:00 h Dozón

·         19:00 h Agolada

Mércores 22 de decembro

·         11:00 h Salvaterra do Miño (Cancelado)

·         13:00 h Salceda de Caselas

·         17:00 h O Porriño 

Xoves 23 de decembro

·         11:00 h Marín

·         13:00 h Bueu

·         17:00 h Cangas

·         19:00 h Moaña

Venres 24 de decembro

·         17:00 h Barro

·         19:00 h Portas

Sábado 25 de decembro

·         12:00 h Gondomar

·         17:00 h Nigrán

·         19:00 h Baiona

Domingo 26 de decembro

·         11:00 h A Cañiza

·         13:00 h Covelo

·         17:00 h Fornelos de Montes

·         19:00 h A Lama

Luns 27 de decembro

·         11:00 h A Estrada

·         13:00 h Cuntis

·         17:00 h Catoira

·         19:00 h Ribadumia

Martes 28 de decembro

·         11:00 h Forcarei

·         13:00 h Silleda

·         17:00 h Vila de Cruces

Mércores 29 de decembro

·         11:00 h Poio

·         13:00 h Meis

·         17:00 h Meaño

·         19:00 h Sanxenxo

Xoves 30 de decembro

·         11:00 h As Neves

·         13:00 h Ponteareas

·         17:00 h Mondariz

·         19:00 h Mondariz-Balneario

Venres 31 de decembro

·         11:00 h Oia

·         13:00 h A Guarda

·         17:00 h Tomiño

·         19:00 h Tui

Luns 3 de xaneiro

·         11:00 h Campolameiro

·         13:00 h Cerdedo-Cotobade

·         19:00 h Pazos de Borbén

Martes 4 de xaneiro

·         11:00 h O Grove

·         13:00 h Cambados

·         17:00 h A Illa

·         19:00 h Vilagarcía