RECOÑECEMENTO ÓS TRABALLADORES/AS DO CENTRO DE SAÚDE DE TOMIÑO
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño
Hoxe venres 17 de decembro unha representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño achegouse o Centro de Saúde da localidade para facer entrega os traballadores dun pequeno agasallo acompañado dunha postal de Nadal, deseñada e realizada por Uxía Sobrino de Santiago, onde se agradece o inxente traballo e esforzo que fai o persoal sanitario do Centro. A doctora Mercedes Santos Vieira foi a encargada de ler de viva voz as palabras de gratitude e agradecemento polo labor que desenvolven día a día coidando e velando da saúde de todos os usuarios, facendo xornadas, ás veces maratonianas.
Membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño aproveitaron para desexarlle un Bo Nadal a todo o persoal e tamén aproveitaron a ocasión para lembrar que a Sanidade é cousa de todos.
Forza e Saúde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario