AS “DONAS DO TELLADOS”
Quén resarce aos perxudicados polos danos nas cubertas de edificios e vivendas?
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Como cada ano, desde maio ata agosto - polo menos -, andan polas cubertas de inmobles de vivendas en comunidade e tamén polos tellados de vivendas unifamiliares.
Teñen memoria - moita memoria -, como acredita que se a crianza saíulles adiante, o ano seguinte xa saben onde voltar a pasar a tempada. E decir, a empoleirarse. A poder ser, onde haiba abeiro. Porque xa se sabe - e elas non son ignorantes -, as veces cai algunha sarabiada, como a rexistrada na intensa tronada da noite do luns día 9 de xuño deste 2025, e tanto elas como os niños e ovos, corren serio perigo. E hai que estar en lugares seguros.
Enclaves tranquilos e con boa visibilidade - a poder ser de 360º - á contorna. Dese xeito, se alguén quer - poñamos por caso - adoitar algunha medida que as disuada para que abandonen o lugar onde se atopan, que non logre seu obxectivo.
E así, día tras día, e noite tras noite. Elas fanse valer, logrando non soio copular o que a natureza lles indique, de xeito máis ou menos instintivo; senón formar o niño, chocar os ovos, e logo no interior dos mesmos que se produza a evolución duns cigotos a uns polos, e estes saian a luz. E lóxicamente, alimentar e coidar da prole.
Todo iso, coa femia e o macho - a porfía -, ofrecendo sesións de sons - a xeito de intensas bandas sonoras - que soio os conxéneres da súa especie coñecen os seus significados. Mesmo poida que existan unhas mensaxes que os humanos nin por asomo chegamos a interpretar, ainda que nalgúns casos poidan intuírse.
O que sí sabemos interpretar é que as paradas delas, non están exentas de consecuencias. Os materiais - totalmente heteroxéneos (herbas, ramas,...). Tamén utilizan cousas dispersas na súa contorna, incluíndo plásticos e outros refugallos, especialmente en zonas urbanas ou próximas a actividades humanas; e incluso pedras) - que foron arrombando nos tellados, unha vez remate súa estadía de crianza, quedan nas cubertas.
Como consecuencia dese depósito de sólidos, cando cheguen ás primeiras choivas, vanse producir atoamentos de baixadas de augas pluviais, inundacións de áticos, faiados,..., e outros habitáculos. Ainda que iso ten uns custes e inconvenientes, na nosa localidade non existe - que nós teñamos constancia - ninguén que haxa amosado unha mínima iniciativa a nivel municipal (Concello) e / ou, noutros ámbitos - como puidemos comprobar - (Deputación provincial, Xunta de Galicia,...), para resarcir ás persoas perxudicadas.
Tamén conlevan custes - e molestias - as reparacións ou reemprazos de lucernarios, bufardas, ou sistemas - integrais ou doutro tipo - de cubrición de patios de luces, onde logo da estadía das “donas dos tellados” faise necesario reparar ou substituír eses elementos danados cos innumerables impactos percutores dos peteiros das devanditas aves da familia Laridae, a fin de evitar - obviamente - a entrada de augas pluviais na parte inferior deses espazos cubertos.
A nivel autonómico hai recursos para propiciar á crianza de outras aves. Mesmo, en diferentes momentos, temos visto como algunhas persoas con responsabilidades institucionais, saen sorrintes, fotografadas en espazos abertos, alí onde foi un éxito á crianza dalgunhas especies que viñan estando en notoria regresión.
Pero, temos que recoñecer, que agás nos Concellos de Vigo ou de Pontevedra - entre outros -, onde dentro da campaña - para á recollida de niños, ovos e pitos -, posta en marcha - no caso do concello da capital de provincia - pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, é respectuosa coa especie. “(...) retíranse os ovos co permiso do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, e realízase sección de subproductos (...)”, segundo afirmou unha persoa da que fora a empresa concesionaria do servizo no municipio. Isto significa que se xestionan coma se tratásese dun animal morto, non se poden depositar en calquera lugar. Tal e como indica o experto, as campañas de control lévanse a cabo entre os meses de maio e agosto, a época de cría da gaivota patiamarela (Larus michahellis), entre outras especies.
En concellos como o de A Guarda, teñen que ser - visto o visto - os veciños afectados polas “donas dos tellados”, quen asuman - lles guste ou non - os quebrantos que esas aves ocasionan ano tras ano. E non dun xeito aillado, senón durante máis dun cuarto de século, como temos constancia nalgúns casos.
O custe - segundo o orzamento de data 10.05.2025, solicitado por este cronista a unha empresa autorizada -, para a "retirada manual de niños de gaivota, ovos e pitos do tellado.
• Traballos a realizar por dous operarios cualificados.
• Xestión eficiente das posibles capturas segundo normativa.
• Tramitación dos permisos pertinentes á comunidade autónoma correspondente", é de 300,00 euros (aparte IVE).
Non estaría de máis, que dos 17 membros da actual corporación municipal, alomenos un dos grupos con representación na mesma, tivese á iniciativa de presentar unha proposta, en forma de moción - que ben podería ser asumida por todos os grupos políticos -, para que - co apoio unánime en sesión plenaria - procurar poñer as bases para correxir á situación que comentamos.
Porque non chega con que unha candidatura levase no seu programa cara ás eleccións municipais de 2023, unha proposta ao respecto, que visto o visto, quedou nunha mera decraracións de intencións. Ou máis ben, propaganda política. A vista está que pasaron dous anos desde entón e nada se concretou. E así, señor alcalde e señores e señoras concelleiros/as, non vamos a ningures.
Respecto ás aves. Sen dúbida. Non hai discusión. Pero tamén hai que pensar nas persoas afectadas.
Estamos de acordo?
Non dubidamos que a resposta será afirmativa. Toca - a continuación - obrar en consecuencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario