17 de dec. de 2021

A CRUZADA (A GUARDA)

A Guarda conmemorará o Centenario do lavadoiro da Fonte da Cal 

Este domingo 19 de decembro, ás 12:30 horas, na rúa A Cal 


Portada da publicación conmemorativa, editada polo Concello de A Guarda

Infogauda / A Cruzada (A Guarda)

 Este domingo día 19 de decembro ás 12:30h terá lugar na Fonte da Cal un acto para conmemorar o centenario do lavadoiro da fonte da Cal.  

 Neste ano 2021 cúmprese o centenario da construción do lavadoiro da Fonte da Cal, no barrio da Cruzada, acometida no ano 1921 por suscripción que iniciou en Puerto Rico don Brasilino Álvarez Sobrino, natural deste barrio da vila guardesa. 

 

Grupo de persoas a carón do cruceiro e do lavadoiro da Cal

 Brasilino Álvarez Sobrino tiña daquela 27 anos e seguía a estela doutros guardeses da emigración que buscaron mellorar a calidade de vida dos seus conveciños, actuando directamente na mellora das fontes e lavadoiros,  daquela sen cuberta, o que obrigaba a lavar a roupa á intemperie. 

 Neste acto contarase coas intervencións do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e do historiador Joaquin Miguel Villa Álvarez, quen realizará unha breve contextualización histórica sobre A Cal, o seu lavadoiro e sobre Brasilino Álvarez Sobrino, impulsor da súa construción.  

 Durante o transcurso deste acto, ao que está convidada toda a cidadanía guardesa, tamén teremos a oportunidade de escoitar a un grupo de 4 clarinetes, formado por Ana González Lorenzo, Sara Márquez Rodríguez, Nerea Fernández López e Lucía Lomba Alonso, alumnas do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, que interpretarán as obras:

·“Danza Húngara nº 5” de Johannes Brahms.

·“Hallelujah”, de Leonard Cohen.

·“The entertainer”, de Scott Joplin. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario