8 de ago. de 2025

A GUARDA

A Guarda acollerá unha velada de boxeo na que enfrontaranse novos valores e tamén referentes galegos dese deporte 

Será o xoves, 14 de agosto, ás 20:30h no pavillón municipal A Sangriña, e reunirá tamén campioas profesionais e neoprofesionais   


O alcalde de A Guarda, o tenente de alcalde e o concelleiro de Cultura e Deportes, con catro dos púxiles que participarán na velada de boxeo, na presentación do evento deportivo

Foto: C.A.G.



Infogauda / A Guarda 

 A vila de A Guarda acollerá o próximo xoves, 14 de agosto, ás 20:30h, no pavillón municipal A Sangriña, unha velada de boxeo con varios combates de grandes nomes do puxilismo. 

 Para comezar, 3 combates amateurs 3x3 da categoría masculina. 

 E na categoría neoprofesional feminina enfrontaranse Carla González contra Iria Vázquez, a actual campioa galega.  

 Despois, na categoría superpluma feminina o enfrontamento estará protagonizado por Ariadna Becerra, do Arkham de Cangas, que subiu ao podio no campionato de España, e Nahir González, do Kick Narón, a actual campioa neoprofesional.  

 Como combate de fondo teremos a gran revancha entre aspirantes ao título neoprofesional. Deste xeito, Branyel Suárez, do Club Carlos Padín, de Caldas de Reis, medirase a Álex Castro, do CKM Combat Academic, de Mos.  

 Para rematar, o combate de exhibición enfronta a púxiles guardeses. Carlos Miguel Rodríguez, excampión de España, subirase de novo ao ring para medirse a Esteban Doiro “Jabato”, excampión galaico-astur.  

 Para asistir a este evento as entradas xa están á venda, cun prezo de 10€ a grada e 15€ a cadeira.  Pódense conseguir en algúns comercios e locais da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario