17 de dec. de 2021

DEPORTES

FÚTBOL

Rexional Preferente 1ª Fase Grupo 2º Sur - Subgrupo B

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ Á VISITA DO VERÍN, C. F.

Este domingo día 19 de decembro, ás 4:15 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Sporting Guardés - no posto 8º da táboa clasificatoria da Rexional Preferente 1ª Fase Grupo 2º Sur - Subgrupo B  - prepárase para recibir este domingo día 19 de decembro, ás 4:15 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña, ao Verín, C.F..

 O equipo da vila termal, clasificado no 3º posto da táboa, conta con 23 puntos no seu haber, logrados nas 12 xornadas que leva disputadas. Iso contrasta cos 16 puntos que posúe o conxunto guardesista, que leva xogado 13 encontros.  Eses sinxelos datos numéricos, son entre outros, os que marcan a diferencia, a día de hoxe, entre un equipo e outro. 

 En calquer caso, o equipo de A Guarda vai procurar, deportivamente falando, non deixar escapar ningún dos puntos en xogo. Para iso é fundamental, non soio un óptimo rendemento dos xogadores, senón tamén á presenza nas bancadas dos seareiros do Sporting Guardés, que co seu apoio, van achegar un plus de ánimo ao conxunto local, necesario para afrontar un partido no cal todo está, obviamente, por decidir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario