8 de ago. de 2025

OPINIÓN

SITUACIÓN SAF DENDE O PUNTO DE VISTA DUNHA AUXILIAR




Patri Pampillón

 Cumprida unha semana do asasinato da compañeira do SAF do Porriño, Teresa de Jesús, e aínda estamos en shock moitas das que compartimos labor profesional con ela. 

 Son moitas as alabanzas e palabras de ánimo recibidas polo acontecido pero moi poucas as accións pertinentes por parte dos Organismos Competetentes para evitar ese lamentable feito poida repetirse e que o asasinato a sangue frio dunha traballadora do SAF mentras realizaba a súa labor de axudar a unha dependente nas súas labores diarias. 

 Esta desgracia é o desenlace do que moitas hai tempo vimos avisando e advertindo que podia acontecer, moitas das que diariamente nos enfundamos os nosos uniforme de traballo e deixamos a nosa vida e problema nos nosos coches ou mochilas e afrontamos o noso traballo con ilusión, forzas e ganas de mellorar a vida de aquelas persoas a quen temos que axudar coa nosa gratificante labor no humano pero tan denostada, olvidada e castigada no laboral.

 Son moitas @s usuari@s que co seu agarimo e sorriso nolo agradecen  o igual que moitas familias que nolo poñen mais fácil e facilitan a nosa labor e a recoñecen e nos fan sentir unha máis das súas familias pero lamentablemente tamén nos atopamos soas en situacións moi dificiles nas que a nosa integridade física e psicoloxica se atopa nas mans de moito ser desagradecido que se cree con dereitos sobre nós, o noso bo labor e pretende excusarse nel para abusar de nos coa total impunidade que iso lles supón xa que a maioria das victimas o único que reciben das empresas que deberían defendelas e coidar a súa integridade física e anímica é a resposta típica, renuncia o servicio, tenta aguantar mentras non topamos quen te cubra… Esa é a excusa máis empregada, a solución a que máis se recurre cambiar a cara e nome das auxiliares pero non atallar o problema de raíz, a falta de respeto e humanidade do agresor, do que abusa da nosa soidade e profesionalidade o servicio d@s nos@s usuari@s para abusar física, psicoloxica ou laboralmente. O diñeiro que pagan polos nosos “servicios” é o primordial, somos carne de cañón e abusos ante a impunidade das empresas concesionarias que ademais pasando por encima da ética e dos nosos dereitos e sen pizca de humanidade  moitas veces silencian os graves problemas que os SAF e as suas auxiliares sufrimos para quedar ben diante dos Concellos pertinentes e das súas asistentes sociais con tal de seguir enchendo os seus bolsillos e consolidando “a súa boa labor e satisfacción dos familiares” sexa o custe que sexa e pasando porriba do benestar e seguridade incluso das persoas que realmente poñen a cara e o corpo para realizar o servicio insitu e pisando e burlandose dos seus dereitos e da humanidade e recoñecemento que polo simple feito de facilitar a vida dos mais necesitados mereceriamos.

 A Xunta, Concellos e demais Organismos lles pediria como Auxiliar, como profesional sanitaria dun servicio esencial como é o SAF que se deixen de brindis o sol, de palabrerío barato e que en vez de secundar ou convocar minutos de silencio os eviten, o igual que os abusos ben sexan físicos como psicolóxicos. As agresións verbais, físicas e o maltrato psicoloxico son tamén preocupantes e deberian ser motivo de protestas, concentración e accións inmediatas como retiradas de servicios ou castigo para os abusadores das compañeiras. Se vos enche a boca decindo que a solución sería ir a comisarías e denunciar… ¿en serio? A unha traballadora a quen lle pegan, insultan maltratan psicoloxicamente co menosprecio o seu traballo e a súa capacidade profesional lle piden saquen forzas para ir a unha comisaria cando xa nos esforzamos en tentar contarllo a quen debería defendernos nas empresas e non sólo non o fan senón que insinúan a túa culpa, che piden que aguantes ou senon e mais empregado poñen en dúbida a túa capacidade profesional e persoal.

 Moitas das compañeiras ademais do vocacional empregan o seu posto de traballo como sustento principal dos seus fogares e das súas familias e teñen medo a perdelo e por iso aguantan os chantaxes crueles das empresas que ofrecen servicios nos SAF e que maiormente xogan con ese medo e carecen de sensibilidade e escrúpulos e sólo lles importa unha cousa PODER E DIÑEIRO.

 As autoridades se realmente queren cambiar as cousas, insten a reunions para actualizar e renovar o noso anticuado en todolos aspectos Convenio e doten os servicios do SAF de protocolos e fórmulas que garantan o noso labor e lle den seguridade e nos faga estar protexidas ante os perigos que sufrimos nos domicilios e con persoas conflictivas. DE NADA SERVE SUSPENDER E CANCELAR SERVICIOS SE DESPOIS DUN TEMPO SE TENTAN REANUDAR SEN EVALUACIONS PERTINENTES.

 A VOS COMPAÑEIRAS, PENSADE QUE CALQUERA DE NOS PODE SER TERESA SE AS COUSAS NON CAMBIAN, CALQUERA DE NOS PODEMOS DEIXAR A NOSA VIDA NALGUNHA CASA E NAS MANS DE ALGUN USUARIO OU FAMILIAR QUE SE CREA CON DEREITO A DECIDILO EXCUSANDOSE DESPOIS NUNHA MALA SITUACIÓN PSICOLOXICA.

 NON CONSINTAMOS O MÍNIMO ABUSO NEN FÍSICO, NEN LABORAL, NEN PSICOLOXICO E POÑAMOLO EN COÑECEMENTO DOS ENLACES SINDICAIS E POSTERIORMENTE DA EMPRESA E CONCELLOS SE ASI FOSE PRECISO. SÓLO EN NÓS ESTÁ PODER FACELO.

 SENÓN POR NÓS FAGAMOLO POLA NOSA XENTE, COMPAÑEIRAS E PORQUE O CRUEL ASASINATO DE TERESA NON SE REPITA E NON FOSE MOTIVO PARA CAMBIAR E MELLORAR AS COUSAS QUE SERIA A NOSA MELLOR HOMENAXE.

XUNTAS SÍ PODEMOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario