6 de maio de 2021

A GUARDA

A XUNTA DE GALICIA FAI PÚBLICO O INFORME DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DUN NOVO ACCESO AO PORTO DE A GUARDA


Vista parcial do porto de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 O Diario Oficial de Galicia (D.O.G.), nº 85, correspondente a este xoves día 6 de maio de 2021, publica no súa páxina 23015, o seguinte anuncio:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA  

ANUNCIO do 22 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de construción dun novo acceso ao porto da Guarda, no concello da Guarda (Pontevedra) (expediente 2018/0203.)  

 De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 21 de abril de 2021 do proxecto de construción dun novo acceso ao porto da Guarda, no concello da Guarda (Pontevedra), promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra.  

 Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:  https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).  

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021  

María Sagrario Pérez Castellanos 

Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

__________________________________________


Algunhas novas relacionadas coa lexítima aspiración da cidadanía guardesa, dunha saída sur do porto de A Guarda:

6 de xuño de 2009

5 de abr. de 2017

19 de maio de 2017

20 de dec. de 2018

26 de xan. de 2020

Ningún comentario:

Publicar un comentario