OS SOCIALISTAS PROPOÑEN VARIAS EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA 2016
Entre outras, figuran á Saída sur do porto da Guarda e a Redacción de proxecto de Auditorio Multiusos
O alcalde Antonio Lomba Baz - primeiro pola dereita - e outros membros do equipo de goberno municipal, reuníronse na Alcaldía, coa deputada autonómica Carmen Gallego Calvar
Foto: GMS
Infogauda / A Guarda
Foto: GMS
Infogauda / A Guarda
O alcalde Antonio Lomba Baz, ven de facer públicas as emendas propostas polos socialistas de A Guarda aos orzamentos da Xunta de Galicia 2016 que presentará o Grupo Parlamentario Socialista.
Para dar forma a estas emendas onte xoves, día 5 de novembro. estivo na Guarda a deputada autonómica Carmen Gallego Calvar reunida co alcalde Antonio Lomba Baz e outros membros do equipo de goberno municipal, que lle trasladaron as principais demandas do municipio a Xunta de Galicia que non veñen recollidas nos orzamentos autonómicos que propón o Partido Popular.
ENMENDAS
ORZAMENTOS XUNTA DE GALICIA 2016
CONCELLO
DE A GUARDA
Rematar a nova casa do
concello e dotación de mobiliario. VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE
PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.
Redacción de
proxecto de Auditorio Multiusos. VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA E CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E
ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.
Senda de
circunvalación ao monte Trega con zona peonil e carril bici. AXENCIA GALEGA DE
INFRAESTRUCTURAS. CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA
Saída sur do
porto da Guarda. AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUCTURAS E PORTOS DE GALICIA.
CONSELLERÍAS DE INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA E DO MAR.
Expropiación e
urbanización do Polígono Empresarial A Guarda-Rosal. IGVS. CONSELLERÍA DE
INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA.
Remate da VAC
Tui-A Guarda tramos I e II. CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario