31 de xul. de 2009

A GUARDA

MOCIÓN DO PP SOBRE A REDACCIÓN DO PROXECTO PARA A APERTURA DA SALIDA SUR DO PORTO DE A GUARDA, DENDE A RÚA FERNÁNDEZ ALBOR E A ESTRADA DE CIRCUNVALACIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Ante a problemática situación do tráfico na vila de A Guarda, e neste caso no porto, tendo en conta especialmente os autocares e camións que teñen moitas dificultades para sair desta zona, o que está a orixinar que a maioría deles descarten baixar a visitar o pobo e o porto.
Esta situación ven perxudicando o sector empresarial, comercio e hostelaría local, deixando todos eles de aproveitar o reclamo turístico que supón o Monte Santa Trega, visitado por 500.000 persoas anualmente e o que estes visitantes poderían supoñer para estes sectores, ademáis de estar impedindo que poidan disfrutar e coñecer a nosa gastronomía, o marabilloso enclave mariñeiro, as vivendas típicas, as rúas, o museo e o propio paseo marítimo, entre outros.
Xa contemplada esta saída, no Plan Xeral vixente, aprobado en 1993, poñemos enriba da mesa esta infraestructura como urxente e prioritaria para o pobo de A Guarda,
Polo exposto anteriormente, se somete ao Pleno do Concello de A Guarda a adopción dos seguintes ACORDOS:

1º Ordenar a redacción do proxecto de apertura da vía de saída sur do porto de A Guarda, entre as rúas Fernández Albor e a estrada de Circunvalación, tan necesaria para o desafogo do tráfico na vila e para o noso desenvolvemento como vila turística, mariñeira, comercial e referente gastronómico.
2º Facer as xestións pertinentes e oportunas para o financiamento da obra de saída sur do porto por parte do concello, ou de outras administracións públicas.

A Guarda a 14 de Xullo de 2009
Fátima Iglesias Ferreira
Portavoz PP A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario