1 de xul. de 2025

A GUARDA

Figuras metálicas: un exposición de obras con "vida", da autoría de Genaro Alonso

  Do 2 ao 15 de xullo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, na Casa dos Alonso


Genaro Alonso Martínez
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Partindo da recolección de materiais - maioritariamente férricos - que para a maioría dos mortais, xa cumpliron ás funcións para as cales foran deseñados, xurde do maxín de Genaro Alonso Martínez, á Arte - con A maiúscula - sen límites, coa cal logra realizar infinidade de obras que son a expresión do seu inabarcábel talento creativo.

 Ademais de posuir unhas inmellorables características como ser humano, Genaro Alonso é unha persoa constante no seu labor artístico. Outro dos seus méritos é que non recúa diante de calquer reto que se lle pase pola mente. 

 Asemade é un artista con acreditada e continuada vocación. Dese xeito, ten realizado unha producción heteroxénea en canto a temática, estilo, forma, e mesmo no relativo ao peso específico de cada creación.

 Outro mérito de Genaro Alonso é súa capacidade para executar artísticamente cada idea que se lle ocorra. E debido as súas inquedanzas, procura que algunhas das súas creacións - especialmente as figuras antropomorfas ou as relacionadas con actividades do mundo rural - teñan "vida".




 Figuras metálicas é o título xenérico da nova exposición que Genaro Alonso presenta do 2 ao 15 deste mes, na Casa dos Alonso, que pode visitarse de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, na Casa dos Alonso.

 Son 41 obras e entre elas podemos contemplar novas propostas, realizadas maioritariamente en aceiro, e algunhas en chumbo.  Hai figuras estilizadas, expresivas, máscaras, siluetas,..., e por encima de todo, diferentes feitíos de singular beleza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario