6 de xuño de 2009

A GUARDA

O GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE A GUARDA INVESTIRÁ 608.143,99 EUROS NA REHABILITACIÓN DA ALAMEDA DE A GUARDA
Moitos veciños non consideran prioritaria esa obra
Na fotografía podemos ollar como era a Alameda de A Guarda nos anos 30 do pasado século


Infogauda / A Guarda

O grupo de goberno municipal do Concello de A Guarda, presidido polo alcalde socialista José Manuel Domínguez Freitas, adxudicou en 608.143,99 euros (IVE engadido) - é decir máis de 101 millóns de pesetas -, con cárrego do Fondo Estatal de Inversión Local, e unhas melloras técnicas por importe de 128.359,70 euros e un prazo de execución de 3,5 meses, ás obras de "Rehabilitación da Alameda da Guarda".
OS VECIÑOS CONSIDERAN MÁIS PRIORITARIA ACOMETER A SAÍDA SUR DO PORTO DE A GUARDA
En decraracións a Infogauda varios veciños de A Guarda afirmaron que consideran máis prioritaria levar a cabo, canto antes, a saída sur do porto de A Guarda, especialmente para poderlle dar servicio os autocares e con elo unha maior dinamización do sector hostaleiro - que boa falla lle fai -, e non as devanditas obras de "rehabilitación da Alameda da Guarda".
"Antes baixaban ó porto de A Guarda cada semana varios autobuses é bén que se notaba na recadación dos nosos establecementos. Agora apenas baixan uns poucos en varios meses", dixo a esete xornal dixital un empresario hostaleiro.
"Ainda que tan soio tomasen uns cafés, nós notábamos a presenza de visitantes forasteiros que chegaban até A Guarda en autobús. Agora apenas baixan autobuses ó porto", engadiu a titular de un restaurante ubicado na Rúa do Porto.
"A saída sur do porto de A Guarda é unha obra moi necesaria. Non sei a qué agardan para leva-la a cabo. Gastar 101 millóns de ptas. na Alameda non está para nada xustificado. Coido que é un diñeiro mal empregado. Hai outras necesidades máis urxentes en cada unha das parroquias de A Guarda", salientou un veciño da Rúa Xerardo Fernández Albor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario