28 de ago. de 2020

A GUARDA

I Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño

· Un evento a incluir na programación cultural de anos vindeiros

Antonio Lomba e Miguel Alves, alcaldes de A Guarda e de Caminha. respectivamente, ollando algúns dos libros postos á venda
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 Comezou sendo unha idea que Luis Almeida, xornalista e fundador e director do xornal dixital  Caminha 2000, creado vai para dúas décadas, lanzou para conmemorar aquel emprendemento seu, que próximamente cumplirá seu XX aniversario. E así, do seu maxín xurdiu a proposta de celebrar de xeito simultáneo - en Caminha e en A Guarda -, o I Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño, evento no que participaron tamén outros concellos galegos e portugueses da rexión miñota.

 A idea de Almeida foi moi ben acollida, tanto pola Câmara Municipal de Caminha como polo Concello de A Guarda. E dese xeito, tanto nunha ribeira coma na outra, comezaron a traballar varias persoas para encher de variado contido o programa.



Miguel Alves, Antonio Lomba e Luís Almeida, no acto de apertura do Encontro


 E chegado o pasado venres día 21 daría comezo o Encontro na Praça Conselheiro Silva Torres, de Caminha, e na Praza de Avelino Vicente, de A Guarda, respectivamente, coa asistencia coordinada dos alcaldes de Caminha e de A Guarda, que nas súas respectivas intervencións, saudaron de xeito entusiasta a iniciativa e coincidiron en que debe ter continuidade en anos vindeiros. 

 Na primeira edición do I Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño houbo varios postos de mostra e venda de libros de autores galegos e portugueses, editados en calquera dos tres idiomas (castelán, galego ou portugués), algúns dos cales, mesmo participaron coas respectivas intervencións segundo estaba previsto no amplo programa de actividades.

 O respectable público achegouse aos postos de venda dos libros

 Houbo actuacións musicais, proxección de vídeos etnográficos, sinatura de libros, sesión de contacontos, recitais de poesía,...

  E tamén xurdiron propostas para ter en conta en anos vindeiros. Por exemplo - e sen que iso se interprete como crítica -, deberían estar representados autores coas súas obras hoxendía dispoñibles, que teñen publicado libros mediante autoedición ou mesmo co apoio de editoriais. No que respecta aos autores portugueses, segundo referiu o autor da iniciativa, estaban os libros de varios escritores, mesmo ainda que non tivesen recibido apoio da câmara municipal caminhense. 

 Asemade, na súa intervención ao mediodía do sábado día 22 de agosto, Ricardo Rodríguez Vicente relembrou unha vez máis a Eliseo Alonso. Na súa intervención, que foi seguida de preto, pola concelleira de Cultura do Concello de A Guarda, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, entre outras persoas, o cronista guardés dixo: 

 "(...) A Guarda continúa tendo pendente de levar a bó termo unha homenaxe a Eliseo Alonso Rodríguez.

 Como todos sabemos foi un destacado escritor, articulista, poeta, etnógrafo e xornalista, que ainda sendo natural de Goián, sempre procurou facer singraduras cara ao porto e a vila de A Guarda.

 El soubo escoitar as xentes do noso mar, e froito dun labor de anos, deixounos un inigualable legado literario, formado - entre outras obras da súa autoría-  por “Cantos de cotovía”, “Seara de romances”, “Contos do Miño”, “La pintura de Antonio Fernández”, “Los ríos de Pontevedra”, “Tempo y camino”, “Bajo Miño y Costa Sur”, “A rúa do noxo”, “Xoán Piñeiro”, “Antonio Fernández”, “Gamelas y marineros”, “Pescadores del río Miño”, “Reiciñeira”, Tres flores, tres pastoras, allá lejos”, “Viños do Rosal e do Condado”,  e ”A fronteira comunicante”, que viu a luz en edición póstuma, e que dalgún xeito quixo ser – sen pretendelo seu autor – unha homenaxe ao poeta e escritor do Miño galaico-portugués.

 Eliseo Alonso foi un verdadeiro valedor de A Guarda e do Baixo Miño. Non somentes pola súa contribución a difusión dos atractivos desta singular contorna, senón pola participación directa en moitos eventos culturais, como a Exposición de Siglas Poveiras, que o Museo de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, en boa hora trouxo ata a nosa vila. Ou súa participación nos Congresos Gallaecia - que non estaría de máis darlles continuidade -, senón tamén na Festa da Lagosta, da cal foi pregoeiro.

 A Eliseo Alonso tíñamolo de man, como se di de xeito coloquial. Era unha persoa moi accesible e sempre presta a colaborar.

 Por iso, eiquí e agora, relembramos súa figura, e exhortamos a nosos representantes municipais a dar comezo á tramitación oficial que corresponda, e de acordo co Regulamento de Honras e Distincións do Concello de A Guarda, se lle tribute unha merecida homenaxe póstuma na vila de A Guarda.

 Vímolo decindo desde fai anos. Temos pendente unha débeda de gratitude con Eliseo Alonso. Quixéramos que estas verbas, cuxo fondo, temos constancia que o comparten moitos veciños de A Guarda; sexan tidas en conta e dese xeito, por parte de quen corresponde, óbrese en consecuencia.

 Agardamos á mellor receptividade a esta proposta que vimos reiterando periódicamente e que quixéramos que desta vez fose tida en consideración. De ser así, A Guarda tería á honra de ser á primeira localidade que recoñece a titulo póstumo a Eliseo Alonso, como unha figura senlleira da cultura miñota.

 Agardamos como acuse de recibo a estas nosas verbas, a inminente comunicación de inicio do correspondente expedente municipal para o fin proposto (...)".

 Na súa intervención Rodríguez Vicente felicitou "(...) ao prezado amigo Luís Almeida, veterano xornalista, fundador e director do xornal dixital Caminha@2000, con motivo da conmemoración do seu 20 aniversario na Rede de redes. É dicir, dúas décadas de actividade informativa, que están precedidas por unha longa etapa como activo redactor na prensa e radio rexional do Alto Minho, e tamén como xornalista en medios dun maior ámeto de difusión. 

 A Luís Almeida, e por extensión, a Caminha@2000, cábelles tamén a altísima honra de editar e publicar unha variada bibliografía de destacados autores que adicaron moito do seu tempo á investigación etnográfica, histórica, política, ..., e tamén á creación poética (...)".

 A xeito de apuntamentos, na súa intervención, Rodríguez Vicente fixo referencia a tradición bibliográfica existente tanto en Caminha como en A Guarda, e salientou que "(...) desde fai máis de un século, a vila de A Guarda sempre tivo imprentas. Nalgunhas delas imprimíronse xornais como La Voz del Tecla, Heraldo Guardés, Nuevo Heraldo, Presente, A Nosa Lucha, A Voz do Miño,..., entre outros. Neles colaboraron destacadas personalidades, xornalistas e correspondentes.
 
 A día de hoxe, A Guarda conta con tres imprentas, ainda que aquela tradición xornalística, de prensa en papel, pasou a ter formato dixital e seus responsables non están vencelllados a ningunha imprenta. Neste caso, os medios electrónicos, aproveitan a tecnoloxía de comunicacións dixitais, para espallar súas novas (...)".

 A continuación fixo uso da palabra Luís Almeida, que agradeceu a acollida a súa proposta, tanto en Caminha como en A Guarda, e fixo unha evocación de varias persoas que ao longo da súa andaina xornalística coñeceu, como por exemplo: Manuel Díaz González "Ligero", Antonio Cividanes Gómez, Antonino Torrón Fernández, Purificación Álvarez Álvarez, José Manuel Domínguez Freitas, José Luís Alonso Riego, Antonio Lomba Baz,..., entre outras, relembrando varias anécdotas e vivencias relacionadas coa actividade que desenvolveron.

 Ademáis de amosar seu apoio á proposta de homenaxe a Eliseo Alonso, tamén relembrou aquela fermosa iniciativa que auspiciara o inesquecible Germano de Sousa Ramalhosa, anfitrión e promotor dos Encontros Luso-Galaicos (que cada ano adicaba a un concello galego), evento que acollía na Casa da Anta, en Lanhelas. Alí, entre outros artistas, cando ainda non eran tan coñecidos como hoxendía, actuaron Carlos Núñez, Milladoiro,..., e por suposto poetas, pintores, escultores,..., galegos e portugueses.

 Polo tanto, como ben relembrou Luís Almeida hai precedentes de actividades conxuntas e o Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño xurdiu para estreitar as relacións entre os veciños dunha e doutra beira do Miño.

  Desde este xornal dixital transfronteirizo facemos votos para que a semente do Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño haxa caído en terra fértil e podamos en edicións vindeiras, voltar a compartir os froitos desa iniciativa. Porque como ben dixo Miguel Alves, presidente da Câmara Municipal de Caminha, "a Cultura é segura".

TUI

EDUCACIÓN ACORDA MANTER DURANTE ESTE CURSO NO CRA MESTRA CLARA TORRES A AULA DE CALDELAS

·  O xefe territorial de Educación mantivo unha reunión de traballo hoxe co equipo directivo, Anpa e Concello  

·As familias solicitaran o traslado destes 18 alumnas e alumnos ao CEP de Caldelas, o que non se executará este curso pola situación ocasionada pola covid-19

O xefe territorial de Educación en Pontevedra, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos responsables da aula de Caldelas 
Foto: X.G. 


Infogauda / Tui 

 O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Augusto Pérez Ares, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos responsables da aula de Caldelas (unha das que integran o Colexio Rural Agrupado (CRA) Mestra Clara Torres de Tui), así como cos representantes municipais e da Anpa do centro, co obxectivo de analizar a situación do centro.  

 Os pais trasladáronlle ao xefe territorial, a Inspección Educativa e a directora do CRA o seu desexo por cambiar esta aula ao Centro de Educación Primaria (CEP) de Caldelas e así trasladar a este colexio aos 18 nenos que a conforman. Deste xeito, deixaría de formar parte do devandito Colexio Rural Agrupado (CRA). 

 Segundo os informou César Pérez Ares, este curso non será posible, xa que dada a actual situación da pandemia, este aula quedaría conformada por dous grupos de 9 alumnos cada unha, xerando dous grupos estables de convivencia de baixa ratio. Por outro lado, de tomarse esa decisión, o CRA Mestra Clara Torres perdería dous profesores, véndose afectado o seu catálogo de mestres, creando un claro prexuízo ao Colexio Rural Agrupado. Ademais, as obras non se poderían acometer a tempo para o traslado dos alumnos ao CEP de Caldelas.   

 Diante desta situación, durante a reunión de hoxe acordouse que para o seguinte curso 2021/2022 a aula de Caldelas pasaría ao CEP desta parroquia de Tui, transformándose así co CEP en CEIP (Centro de Educación Infantil e Primaria). Con este fin, chegouse a un compromiso en firme co Concello de Tui de xeito que se executen as obras necesarias para o traslado de forma conxunta, obras que suporán a reforma de varias aulas para adaptalas aos cursos de Infantil. Deste xeito, desbótase, por informe negativo da Unidade Técnica da Consellería, a proposta de traslado aprobada inicialmente no pleno do Concello, xa que ocuparía espazos exteriores, desaparecendo o patio cuberto e un pequeno ximnasio, ao que tamén se opón o claustro do colexio.

 Os responsables da Anpa desta aula trasladarán agora a decisión tomada hoxe nesta reunión aos pais nunha próxima reunión para recoller a súas opinións sobre os acordos. 

 “Quero agradecer a maiores, que durante a reunión o Concello tamén nos dera traslado da súa decisión de colaborar facendo un importante esforzo coa limpeza dos centros, aplicando así co protocolo contra a Covid-19”, engadiu Pérez Ares.

DEPORTES

JOSE MANUEL SILVA VICENTE, NOMBRADO GERENTE DEL CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS 

José Manuel Silva Vicente
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

  El Club Balonmán Atlético Guardés hizo público en el día de hoy el siguiente comunicado:

JOSÉ MANUEL SILVA VICENTE, GERENTE DEL CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS

 Jesús López González, Presidente del Club, a través de este comunicado, quiere anunciar el acuerdo al que se ha llegado con el Expresidente para que continúe en el organigrama del Club como Gerente de la Entidad, contando con el apoyo unánime de la Junta Directiva.

 Sus principales funciones serán: Colaboración con la Dirección Técnica para las cuestiones relacionadas con la plantilla de División de Honor, representar al Club ante los entes Federativos e integrarse en la comisión económica junto al Presidente y Tesoreros, con el fin de potenciarla en la consolidación y búsqueda de patrocinadores.

A Guarda, 28 de agosto de 2020

O ROSAL

O Concello arranxa a ponte do Urgal tras obter os permisos da Confederación Hidrográfica   

Persoal municipal repuxo as pedras caídas dende hai tempo tras salvar todos os trámites burocráticos da autoridade competente   

A ponte está catalogada como un ben protexido por Patrimonio 
  

Persoal municipal repuxo as pedras caídas dende hai tempo
Fotos: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal rematou esta semana o arranxo da ponte do Urgal, situada no río Carballas, que amosaba un importante deterioro dende hai tempo e que estaba pendente de recuperación tras solicitar os permisos necesarios á autoridade competente, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.  




 Despois da mediación do Equipo de Goberno Municipal e ao estar a ponte considerada como un ben protexido por parte de Patrimonio, a semana pasada a Confederación Hidrográfica concedeu a autorización soamente para a reposición das pedras caídas, xa que ao considerarse zona inundable non se obtén permiso nin para a remodelación nin para a mellora da zona. 

 Con esta actuación dáse solución a un problema que afectaba dende hai tempo a esta ponte, cada vez máis deteriorada ao non poder acometer obras de mellora ou reposición. Dende o Concello quérese poñer en valor o traballo dos operarios municipais, que están a facer un gran labor tamén non ámbito de vías e obras.

TOMIÑO

Tomiño acolle a exposición ‘Río Miño. Memorias transfronteirizas’  

· A mostra estará aberta ao público do 29 de agosto ao 13 de setembro no Mercado de Tomiño. Está organizada pola AECT Río Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa Smart Minho 



Infogauda / Tomiño

 Tomiño é a nova parada da exposición itinerante ‘Río Miño. Memorias transfronteirizas’, unha mostra que transportará ao público as dúas marxes do río con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos e que poderá visitarse dende o 29 de agosto ata o 13 de setembro no Mercado de Tomiño. 

 Esta exposición procura achegar ao público ás augas frías do Miño, un río que divide dous países e une unha cultura con técnicas de pesca e memorias en común, con lugares marabillosos e chea de tesouros vivos, de persoas cun profundo coñecemento e práctica local que agora se descobren. A través de todo o percorrido, as persoas visitantes mergullaranse nas dúas marxes do río e no mundo das persoas que habitan as súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos.  

 Tomiño e Vila Nova de Cerveira, unidas como Eurocidade, son un claro exemplo de que o río Miño lonxe de separar territorios os une. O río é unha fronteira que une a ambos concellos nun proxecto de cooperación transfronteiriza e xestión compartida, de colaboración institucional e de valorización do patrimonio natural e cultural. Un símbolo das relacións entre Galicia e Portugal que agora recolle esta exposición.  

 A mostra está promovida pola AECT Rio Minho e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho) en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial do Rio Minho e o Centro de Estudos Euro-Regionais da Galiza/Norte de Portugal.  

 A exposición amosa unha compilación dos contidos desenvolvidos ao abeiro de dúas accións do proxecto Smart Minho, cofinanciado polo programa Interreg VA, centradas na recuperación e promoción do patrimonio inmaterial transfronteirizo: un estudo das pesqueiras do Río Miño como exemplo do patrimonio cultural herdado polas comunidades ribeiregas do río e o proxecto Tesouros Humanos Vivos, que recolle o testemuño de persoas que posúen un profundo coñecemento ou habilidade que remite a unha práctica cultural inmaterial.

MONDARIZ BALNEARIO

Balneario de Mondariz recupera la filosofía termal celta en un circuito personalizado 

· Un itinerario en cuyo orden reside el equilibrio de nuestro organismo, eliminando tensiones y relajando todo el cuerpo a partir de las propiedades de las aguas mineromedicinales de la villa termal. 

· Basado en las propiedades de las piedras, las aguas y la naturaleza gallega combinadas con el culto al cuerpo y salud natural. 



Amalia Gallego / Mondariz Balneario

 Balneario de Mondariz recupera la filosofía termal celta en un circuito personalizado. Un itinerario en cuyo orden reside el equilibrio de nuestro organismo, eliminando tensiones y relajando todo el cuerpo a partir de las propiedades de las aguas mineromedicinales de la villa termal. 

 Galicia es la tierra de agua y desde siempre mantiene una importante cultura termal. Unas condiciones ambientales únicas, una tierra rica en mineralización dan como fruto este verdadero fruto de la naturaleza. Agua como sinónimo de vida, como fuente y manantial de salud. Esta es la filosofía del Balneario Celta del Balneario de Mondariz: un circuito termal personalizado que es todo un tratamiento estimulante. Inspirado en la sabiduría ancestral de los habitantes del Castro de Troña, en la zona del Condado-Paradanta, y en nuestra propia corriente sanguínea, es un itinerario en cuyo orden reside el equilibrio de nuestro organismo. Elimina tensiones, relaja, vivifica... 




 Los celtas ya conocían y aprovecharon las diferentes aguas minerales del Balneario de Mondariz, no sólo como bebida en general, sino también como tratamientos medicinales para prepararse o recuperarse de las batallas en la zona en la que hoy está la villa termal pontevedresa y  que ellos y romanos denominaban Villa Búrbida.  




 Ya en  el año 863 a. de J.C. el príncipe Baldud había descubierto las propiedades curativas del agua y a partir de los tratados curativos nació lo que hoy es el Circuito Termal Celta del Balneario de Mondariz. El circuito termal celta incluye: 

1.- Ducha efecto peeling para renovar la piel. 

2.- Baño colectivo cubierto con potentes chorros de agua en la zona que acumula mayor tensión, la espalda; y la que más sufre, la zona de los pies.

 Sauna celta, una cueva que recrea las “pedras fermosas” de la Galicia antigua. El tiempo que el cuerpo tarde en responder con sudoración es el mínimo que hay que permanecer. 




3.- Aplicaciones de chorro a presión, un efecto de choque, provoca la reacción orgánica deseada. La piel se tersa, los músculos se hacen elásticos. 

4.- Baño colectivo exterior, un baño de contrastes, frío y caliente. Inspirado en la cultura termal japonesa: cuerpo y mente en armonía. 

 Hora y media de tratamiento. 

 Este circuito se puede completar con un masaje de piedras calientes y aceites para recuperar el cuerpo y el espíritu. 

 Todo un tratamiento que se basa en las propiedades de las piedras, las aguas y la naturaleza gallega combinadas con la filosofía celta de culto al cuerpo y salud natural.

LABORAL

A CIG denuncia o “escurantismo” do novo concurso do servizo de ambulancias convencionais 

Non descarta mobilizacións ou mesmo retomar a convocatoria de folga 

Infogauda / Santiago de Compostela

 A FGAMT-CIG denunciou esta mañá, de forma simultánea en todas as áreas sanitarias, a “desidia” da Xunta de Galiza e nomeadamente da consellaría de Sanidade polo “escurantismo” no novo concurso do servizo de ambulancias convencionais (as que realizan diálises, tratamentos, altas, traslados hospitalarios...), que rematou o pasado 15 de agosto. Asegura que a día de hoxe seguen sen saber cales son as  condicións en que se vai prestar este servizo en diante e demanda unha xuntanza urxente coa administración. De non se producir avanza que non descartan iniciar mobilizacións ou mesmo retomar a convocatoria de folga. 

 A FGAMT-CIG lembra que hai máis dun ano a consellaría de Sanidade comprometeuse con todas as centrais sindicais a mantelas informadas permanentemente de cales ían ser as condicións nas que sairía o novo prego. Previo ás eleccións autonómicas, a raíz de certas informacións nas que se avanzaba a posibilidade de eliminar determinados servizos, como podían ser as diálises ou outros tratamentos deste concurso, as traballadoras e traballadores iniciaron mobilizacións e mesmo chegou a convocarse unha folga que estaba previsto que comezara nos días previos á xornada electoral.  

 Diante desa posibilidade representantes da FGAMT foron recibidos polo Xerente do SERGAS para dar garantías de que non se ían recortar servizos e informar de que se convocaría unha xuntanza despois das eleccións para explicar as condicións e recoller as propostas do sector para as ter en conta na elaboración dos pregos do concurso. Porén, denuncian, “nada disto se produciu”. 

 Aseguran que xa se presentaron dúas solicitudes de reunión que non foron atendidas e mais se intentou falar telefonicamente coa consellaría e non foi posible. As empresas a información que dan é que o concurso se vai prorrogar por un período de seis meses, sen ningún tipo de suba económica o que deixa ao persoal nunha situación moi grave “para o mantemento da calidade do servizo e mais para facer fronte á suba acordada no convenio para o mes de novembro”. Unha suba que, por outra  banda, a propia consellaría coñece porque foi parte na negociación do convenio colectivo. 

Mantemento de todos os servizos 

 O que demandan é que se manteñan todos os servizos que se están prestando neste momento; que non haxa recortes nos postos de traballo; que se realicen melloras na calidade asistencial, nas ambulancias, na masificación, no número máximo de doentes que poden ir en cada vehículo e que se garanta un financiamento que permita atender as condicións pactadas no convenio.  

 No caso de non recibir unha chamada da consellaría para convocar esa reunión, na próxima semana iniciaranse as asembleas para acordar mobilización, sen descartar retomar a convocatoria de folga, no caso de que non sexan atendidas estas demandas.

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscrición da quinta ruta ornitolóxica "Voando nas Rías Baixas"

A Serra do Suído, nos concellos da Lama, Fornelos e Covelo, será o escenario desta nova camiñada guiada e gratuíta que se desenvolverá o 6 de setembro


Infogauda / Pontevedra

  A Deputación de Pontevedra abriu este venres o prazo de inscrición para a quinta das rutas ornitolóxicas programadas dentro da terceira edición da iniciativa "Voando nas Rías Baixas", organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. Esta última ruta  permitirá ás persoas que asistan coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística da Serra do Suído, nos concellos da Lama, Fornelos e Covelo. Ofértanse 15 prazas para a excursión guiada de carácter gratuíto que terá lugar o próximo domingo 6 de setembro. A inscrición debe facerse por vía electrónica na páxina web da Deputación (https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas).

  A Serra do Suído é un sistema montañoso con alto valor ecolóxico, famoso pola presenza de exemplares de lobo ibérico e de aves rapaces. Os seus espazos son ideais para que grandes aves rapaces, coma o voitre leonado, a aguia calzada ou o miñato, os sobrevoen nos meses de primavera e verán. Amais, sobre as pendentes de monte baixo tamén poderán contemplar o voo da tartaña cincenta e a gatafornela. A Serra caracterízase polos altiplanos nos que abunda o monte baixo de queirogas, toxos e carqueixas. As partes baixas teñen fermosos vales e cursos de auga que discorren entre bosques autóctonos ben conservados.

  Esta é a derradeira das rutas programadas nesta edición de "Voando nas Rías Baixas", que neste 2020 pasou pola Enseada de San Simón, o Complexo Intermareal Umia-O Grove, o Esteiro do río Miño e as Brañas de Xestoso. O programa está enmarcado no seo das propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo para sensibilizar á poboación, internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra. Con el, a Deputación de Pontevedra aposta pola promoción do turismo ornitolóxico, un turismo sostible e respectuoso co medio.

  Estas rutas están a realizarse seguindo protocolos de seguridade e hixiene para facer fronte á pandemia da covid-19. Deste xeito, foi reducido o aforo de 25 a 15 participantes e establécense normas que inclúen o distanciamento interpersoal ou a limpeza e hixiene.

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra inxecta outros 6 millóns de euros aos concellos para infraestruturas, emprego e actuacións de desenvolvemento sostible  

As achegas financiarán investimentos do Plan Concellos, os contratos en prácticas de máis de 100 persoas co "O teu primeiro emprego" e a renovación sustentable da iluminación exterior nos municipios

A presidenta da Deputación de Pontevedra, na rolda de prensa desta mañá
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

  A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe novos investimentos para os concellos da provincia por case seis millóns de euros (5.916.722,25€). Da citada cantidade, 2,2 millóns corresponden a achegas do Plan Concellos, 654.600 euros son para a contratación de 111 persoas no marco do programa de fomento de empregabilidade "O teu primeiro emprego" nos concellos, e os 3 millóns restantes permitirán a 43 municipios realizar obras de renovación sostible das instalacións de iluminación exterior ao abeiro das convocatorias do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do IDAE.

  No que atinxe ao Plan Concellos, a presidenta Carmela Silva informou que as achegas da Liña 1 de Investimentos, de 1,8 millóns de euros, permitirán aos municipios de Baiona, O Grove, Tomiño, Vilagarcía, Vila de Cruces, Meaño, Moaña e Sanxenxo levar a cabo distintas obras de mellora de firmes, pavimentación de viarios, saneamento, humanizacións, renovación do alumeado público e proxectos de urbanización entre outros. Deste xeito, destínanse 109.589,29 euros a Baiona para financiar a pavimentación da zona dos Tendais, outros 105.918,44 euros serán para que O Grove realice a humanización do contorno do Sineiro (Fase I), Tomiño contará con 140.006,3 euros para a mellora da rede de saneamento no entorno de Vilachán, Vilagarcía de Arousa recibirá 230.384 euros para a humanización da rúa Camilo José Cela e Vila de Cruces disporá de 178.258,95 euros para a renovación das instilacións de alumeado público coa redución de emisións de CO2. Pola súa banda, Meaño contará con dúas achegas dun total de 357.333 euros para a ampliación e pavimentación dos camiños de Vilaxuega e Abuín, e Moaña recibirá outras dúas achegas valoradas en 419.576,79 euros para o proxecto de urbanización Polígono 11 e para a mellora do parque infantil da praia no termo municipal de Moaña. Así mesmo, para Sanxenxo aprobouse unha subvención de 216.272,98 euros para a mellora do viario de acceso á capela de O Santo, en Nantes.

  Amais, a Xunta de Goberno aprobou unha nova relación de subvencións ao abeiro da Liña 2 do Plan, por importe de 241.703,82 euros, coas que os concellos de Cambados, Gondomar, O Grove, Nigrán, Poio, Ponteareas, Redondela e Soutomaior poderán realizar tarefas de limpeza e mantemento de distintos servizos municipais  e tamén financiar actividades de índole cultural e deportiva. No caso de Soutomaior abordará con esta achega os pagos de facturas e outros gastos derivados da crise da Covid-19. Por último, no que se refire á Liña 3 de Emprego, a Deputación aprobou a modificación, por reaxustes da Covid-19, dunha achega de 208.613,88 euros para que o Concello de Cerdedo-Cotobade poida contratar a un total de 24 traballadores e traballadoras.
 
"O teu primeiro emprego" nos concellos

  Carmela Silva tamén deu conta da aprobación da relación de concellos seleccionados para participar en "O teu primeiro emprego 2020". En concreto, son 44 concellos nos que realizarán prácticas 111 titulados/as, 73 contratos destinados a persoas con titulación universitaria e 38 para persoas tituladas en ciclos superiores de FP. A contía total da subvención da Deputación para estes contratos é de 654.600 euros.

  Os perfís que en maior medida solicitaron os concellos foron o de diplomatura ou grao en Xestión e Administración Pública e diplomatura ou grao en Traballo Social, no caso das persoas universitarias; e no caso de FP, buscan sobre todo persoas tituladas nos ciclos superiores de Administración e Finanzas, e Guía, Información e Asistencias Turísticas. Os concellos seleccionados son: Barro, Bueu, Caldas, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e  Vilanova de Arousa.
 
Renovación iluminación sustentable

  Por último, a Xunta de Goberno vén de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación das "Obras de renovación das instalacións de iluminación exterior", cun orzamento de 3.054.462,15 euros. Estas obras, que contan co financiamento a través dos fondos FEDER de crecemento sostible 2014-2020, favorecerán o paso a unha economía baixa en carbono. A actuación comprende a renovación do alumeado público exterior nos concellos mediante a substitución das luminarias actuais por outras LED máis eficientes.

  As obras divídense en cinco lotes e abranguen 43 concellos da provincia: Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Guarda, Meis, Nigrán, Portas, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Tui no lote 1; Arbo, Covelo, Crecente, Meaño, As Neves, Oia, Poio, Pontecesures, Porriño, Silleda, Tomiño e Vilanova de Arousa no lote 2; Baiona, Cuntis, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Pazos de Borbén, O Rosal e Soutomaior no lote 3; e Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Gondomar, A Lama, Mondariz-Balneario, Salceda de Caselas e Valga no lote 4. No lote 5 inclúense proxectos de alumeado nos Bens de Interese Cultural (BIC) dos concellos de Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa. Nestes sete concellos actuarase en 370 puntos de luz para mellorar o alumeado dos BIC, o que supoñerá un aforro enerxético medio do 81,14%.

DEPORTES

Galicia permite o deporte con contacto para os seus mellores deportistas, os que teñen máis necesidades e os equipos que poidan sufrir prexuízo pola situación noutras comunidades  

Os protocolos dos eventos deportivos deberán axustarse, con carácter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación á concreta modalidade deportiva segundo o establecido no protocolo FISICOVID-DXTGALEGO

Infogauda / Galicia

  O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a Orde do 27 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 Deste xeito, engádense dúas modificacións do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, relativas á práctica deportiva. No primeiro caso, a partir do día de hoxe, permítese o contacto físico na práctica da actividade deportiva federada para os mellores deportistas de Galicia -deportistas galegos de alto nivel e deportistas de alto nivel recoñecidos polo Consello Superior de Deportes clasificados para Tokio 2020 ou que se encontren en proceso de clasificación-; os deportistas con maiores necesidades -deportistas de especialidades deportivas adaptadas individuais con guías ou persoas de apoio-; e os equipos que poidan padecer prexuízos pola situación noutras comunidades -equipos galegos que participen en competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal con previsión de inicio da competición, salvo que o protocolo da federación española respectiva estableza outra cousa-.


 No primeiro caso, relativo aos deportistas de alto nivel, os adestramentos deberán celebrarse en grupos estables, permitíndose a participación necesaria de sparrings, e suxeitos a medidas de protección específicas que serán comunicadas á autoridade deportiva autonómica para o seu coñecemento e supervisión. No segundo caso, para os deportistas de especialidades adaptadas, os adestramentos estarán suxeitos a medidas de protección específicas que serán comunicadas á autoridade deportiva autonómica para o seu coñecemento e supervisión, e sempre realizados en grupos estables de adestramento. E no terceiro caso, no dos equipos que participan en competicións non profesionais de ámbito estatal, a práctica de adestramentos e a competición deberá realizarse en grupos de composición estable e suxeitarse a un protocolo en que se teñan en conta medidas de protección específicas. Este protocolo deberá ser presentado para a súa aprobación ás autoridades deportivas e sanitarias de Galicia con carácter previo ao inicio das actividades.

 Cómpre salientar que a celebración de competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal en Galicia axustarase ao protocolo da respectiva federación deportiva española segundo o disposto no punto III do Protocolo básico de actuación para a volta aos adestramentos e o reinicio das competicións federadas e profesionais aprobado polo Consello Superior de Deportes pola Resolución do 4 de maio de 2020 (BOE do 6 de maio). Para o suposto de que as federacións deportivas españolas consideren necesario realizar adaptacións do Protocolo básico para as competicións que se desenvolvan no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán contar coa autorización expresa das autoridades sanitarias e deportivas autonómicas, naqueles casos en que non dispoñan da aprobación previa do Consello Superior de Deportes.

FISICOVID-DXTGALEGO

 A segunda modificación establecida apunta que os protocolos dos eventos deportivos, elaborados baixo a responsabilidade dos organizadores dos eventos, deberán axustarse, con carácter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación á concreta modalidade deportiva segundo o establecido nos protocolos aprobados consonte a Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproba o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia (DOG do 19 de xuño).

 Para estes efectos, as autoridades competentes, naqueles eventos que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, darán traslado do protocolo específico á autoridade deportiva para o seu coñecemento e supervisión.

CULTURA

A Xunta de Galicia porá en valor no Gaiás a cultura urbana feita por mulleres en Galicia nunha xornada de faladoiros e jam pictórica 

 'Mulleres e cultura urbana’ celebrarase o 12 de setembro no marco do ‘II Delas Fest. Festival feminista de arte urbana e contextual’


      Foto: X.G.

Infogauda / Galicia

 A Xunta de Galicia porá en valor a cultura urbana feita por mulleres da Comunidade galega nunha xornada que se celebrará o sábado 12 de setembro no Gaiás e que inclúe faladoiros, unha mesa de debate, un encontro de improvisación pictórica e un concerto de peche protagonizado pola compositora e intérprete viguesa High Paw.

 Mulleres e cultura urbana encádrase no marco da segunda edición do festival Delas Fest. Festival feminista de urbana e contextual, que se celebra ata o 20 de setembro nas localidades de Ames, Teo, Santiago de Compostela e Brión. Impulsada por 7H Cooperativa Cultura, a xornada da Cidade da Cultura está enxerida dentro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da consellería de Cultura e Turismo.

 A actividade, de balde previa inscrición, desenvolverase no Auditorio do CINC e no Xardín do Teatro da Cidade da Cultura e divídese en dúas sesións: unha pola mañá teórica e máis deliberativa - para a que xa se pode facer a inscrición- e outra pola tarde, que inclúe unha jam pictórica con spray e unha actuación musical de peche, para a que se abrirá a inscrición nos vindeiros días.

Faladoiros e mesa de debate

 A xornada da mañá do sábado 12 arrancará ás 10,00 horas no Auditorio do CINC do complexo Gaiás con dous faladoiros ao redor do traballo artístico no espazo público, protagonizados pola creadora colombiana especialista en xénero Lina Castellanos e a muralista e docente universitaria viguesa Lorena Arévalo.

 A continuación, a comisaria do Delas Fest, Clara R. Cordeiro, moderará unha mesa redonda na que as artistas galegas Eva Comesaña, Festa, IRA, Iria Prol e Marcia Vázquez examinarán o estado da cultura urbana no noso país desde as súas experiencias en diferentes disciplinas.

Jam pictórica e concerto de peche

 Na quenda da tarde, o encontro adquire un carácter más festivo coa celebración do encontro de improvisación pictórica Delas Jam. Carola Bagnato (Mar de Plata), Festa (Compostela), IRA (Compostela), Killa.eK (Quito), Porte (Compostela), Sax (Vigo), Shen Oner (Huesca) e Sphiza (Porto) son as oito artistas seleccionadas para participar na actividade, destinada a xerar un espazo lúdico para o diálogo e a experimentación pictórica.

 A creadoras, especialistas en graffiti, foron gañadoras das oito bolsas de creación que 7H Cooperativa Cultural lanzou co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Cidade da Cultura e Montana Colors, empresa catalá que facilita o spray necesario para as intervencións.

 As pezas serán realizadas sobre superficies de papel de celofán, situadas entre as árbores do Xardín do Teatro do Gaiás, onde tamén se habilitará un espazo para que as mulleres e cativada que queiran experimentar tamén poidan facelo e de balde.

 Coma colofón da xornada, a compositora e cantante viguesa High Paw, ofrecerá un concerto co seu persoal estilo de soul, reggae, roots, raggamuffin e letras feministas.

Prazas limitadas e seguimento por streaming

 Para asistir como público ao evento, é preciso rexistrarse na páxina web da Cidade da Cultura –www.cidadedacultura.gal– onde hoxe está aberto o proceso de inscrición de 40 prazas para asistir ás sesións da mañá do sábado 12 de setembro.

 Para as actividades da tarde, na que tamén será preciso rexistrarse, o proceso de inscrición habilitarase nos próximos días. As persoas que non poidan acudir presencialmente aos faladoiros e a mesa redonda poderán seguir a xornada en streaming na canle de Youtube de 7H Cooperativa Cultural.

CAMINHA

Boletim da Sessão nº 441 - "O Desprezo" de Jean-Luc Godard (1963) 

Sexta-feira, 28 de agosto às 21:45 no Teatro Valadares

Uso de máscara obrigatório. Lotação Limitada. Entrada Gratuita




Locus Cinemae / Caminha

 “Qualquer tipo de texto sobre um filme como O Desprezo (Le Mépris, 1963) só é cabível caso seja levada em consideração que tal texto é incapaz de existir verdadeiramente caso não seja ao menos ligeiramente didático.  

 Em outras palavras, falar de um filme como O Desprezo é ter que comentar sua ordenação de acontecimentos, de inspirações e, sobretudo, de imagens. Jean-Luc Godard foi até a Itália filmar a adaptação de um romance de Alberto Moravia (responsável por outro livro que rendeu outro grande filme, O Conformista [Il Conformista, 1970], de Bernardo Bertolucci), nos estúdios da Cinecittá e em locação em Capri. Brigitte Bardot protagoniza o filme, Fritz Lang faz uma participação como Fritz Lang. Em tela, uma espécie de adaptação da Odisséia, de Homero. Tudo em O Desprezo é sobre a imagem. E sua compreensão só é possível de forma contemplativa de tais imagens e de como elas constituem uma lógica própria na carreira de Godard – e no cinema como um todo.  

 Godard, antes de cineasta, era crítico da renomada Cahiers du Cinema (renomada hoje, principalmente por conta do próprio Godard, Truffaut, Rohmer, Resnais, Chabrol, que de ensaístas passaram à função de direção depois da revista), um grande entusiasta do cinema e do poder que este tem. Junto dos diretores supracitados, Godard foi responsável pelo resgate e pela melhor compreensão do cinema de muitos cineastas, como Hitchcock, Howard Hawks e Nicholas Ray, por exemplo, que para muitos eram tidos como artistas operários, diretores de meros entretimentos. O amor pelo cinema e pela força do cinema desses diretores e de tantos outros foi a motivação que impulsionou o cinema realizado por Godard. Acontece que o marco primeiro do seu cinema, Acossado (À Bout de Souffle, 1959), propunha uma quebra com certos paradigmas narrativos, com finalidade de compreender uma nova lógica narrativa possível que não necessariamente passasse pelo que já era tido como convenção. As quebras na linearidade, a montagem com jump cuts, os movimentos diretos, tudo em Acossado funcionou como uma nova inspiração para os caminhos futuros do cinema. Porém é em O Desprezo que Godard finalmente afina sua tentativa de invenção com a particularidade que o cinema tem de mais fascinante: o elogio à imagem e ao sonho.”  

 Thiago Macêdo Correia, http://www.cineplayers.com/critica.php?id=207  

FICHA TÉCNICA:  
Título original: Le Mépris, França / Itália (1963)  
Realização: Jean-Luc Godard  
Produção: Carlo Ponti (França/Itália)  
Argumento: Jean-Luc Godard, baseado no romance homónimo de Alberto Moravia   
Música: Georges Delerue  
Fotografia: Raoul Coutard  
Guarda-roupa: Tanine Autré  
Montagem: Agnès Guillemot  
Duração:102 minutos  

FICHA ARTÍSTICA:  
Brigitte Bardot (Camille Javal)  
Michel Piccoli (Paul Javal) 
Jack Palance (Jeremy Prokosch)  
Giorgia Moll (Francesca Vanini)  
Fritz Lang (O próprio)  
Jean-Luc Godard (Assistente de Fritz Lang)  
Raoul Coutard (Cameraman)  
Linda Veras (Siren)

https://www.youtube.com/watch?v=rF0Ju0ONwGU
 
Programação      
Ciclo Play it Again     5 Filmes, 5 Géneros: Comédia, Drama, Thriller, Western, Nouvelle Vague
     
28 de agosto, “O Desprezo”, Jean-Luc Godard,  França / Itália , 1963, Sessão 441 (M/12)     
Ciclo Outras Cinematografias    
04 de setembro, “O Gosto do Saké”, Yasujirô Ozu, Japão, 1962, Sessão 442 (M/12)  
11 de setembro, “Rapsódia em Agosto”, Akira Kurosawa, Japão, 1991, Sessão 443 (M/12)  
18 de setembro, “Gato Preto, Gato Branco”, Emir Kusturica, Jugoslávia / França / Alemanha / Áustria / Grécia , 1998, Sessão 444 (M/12)  
25 de setembro, “Uzak – Longínquo”, Nuri Bilge Ceylan,  Turquia , 2002, Sessão 445 (s/ classificação)