19 de ago. de 2020

A GUARDA / CAMINHA

A Guarda acollerá os días 21 e 22 de agosto o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño 

En Caminha serán os días 21, 22 e 23 deste mes

 

Infogauda / A Guarda / Caminha

A Câmara Municipal de Caminha (Portugal) e o Concello de A Guarda, ultiman os preparativos para o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño, un evento cultural promovido polo xornalista caminhense Luís Almeida, para conmemorar o XX Aniversio do Jornal Digital Caminha2000; que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos dous concellos veciños Caminha e A Guarda, si ben a programación na vila lusa inclúe tamén o domingo día 23.

 O evento terá dous espazos diferenciados. En Caminha na Praça do Conselheiro Silva Torres (Terreiro) e na Guarda na Praza de Avelino Vicente (As de Copas), onde se realizarán presentacións de libros, actuacións en directo, recitais de poesía, contacontos, entre outras accións programadas nesta primeira edición.  

 Nesta primeira edición participarán os concellos portugueses de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço e Paredes de Coura e os concellos galegos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, e Crecente. Todos eles aportarán a mellor selección dos exemplares producidos no Baixo e Alto Minho, ou que versen sobre esta rexión, cun total de máis de 150 títulos diferentes. 

 O evento conta coa organización da Câmara Municipal de Caminha, do Concello de A Guarda, da Junta de Freguesia de Caminha e Vilarelho e do Jornal Digital Caminh@2000.  

 O I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño terá inicio o venres día 21 de agosto, en horario de 20:00 a 22:00h (ESP) e continuará na xornada do sábado 22 en horario de 11:00 a 14:00 h e pola de 18:30 a 21:30 h (ESP). 

PROGRAMACIÓN 

I ENCONTRO DO LIBRO LUSO-GALAICO DA RIBEIRA DO RÍO MIÑO 

21 agosto 20:00H – 22:00H | 22 agosto 11:00 h. a 14:00 h. e 18:30 h. a 21:30 h   (Praza Avelino Vicente -  A Guarda) 

VENRES 21

De 20:00 h. a 22 h 

- 20:00 horas: Inicio do evento coas personalidades políticas e os técnicos de cultura dos respectivos concellos participantes. 

-  20:45-21:25 horas: Inauguración do evento con Aser Álvarez González. Director de Arraianos Producións. Presentación da publicación Galicia Rural, un proxecto documental multimedia elaborado en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, que propón ideas para unha reflexión sobre a realidade, os desafíos e as posibilidades de futuro do mundo rural galego.  

- 21:25-21:55 horas: Carvalho Calero sem fronteiras. Unha viaxe audiovisual pola vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero a través dun recital poético e musical de Moisés Quintas e Aser Álvarez. Producido por Arraianos Producións.  

- 22:00 horas: Peche do venres. 

SÁBADO 22

De 11:00 h. a 14:00 h. e pola tarde de 18:30 h. a 21:30 h. 

- 11:00horas: Apertura do sábado. 

- 11:05-11:55 horas: Conta Contos con Marisol Diz Amil, bibliotecaria de A Guarda e Liliana Geraldes, a cal presentará o seu libro infantil Clara e a illa de plástico 

- 12:00-12:40 horas: Ricardo Rodríguez Vicente (Infogauda) e Luís Almeida (promotor do evento e director de Caminha@2000). 

 Ricardo Rodríguez presentará a Luís Almeida e falará das relacións entre Caminha e A Guarda.

 Luis Almeida falará sobre os seus 20 anos a fronte da súa empresa e da comunicación rexional. 

- 12:45-13:15 horas: Puri Ameixide presentará seu libro "O paso do Miño en 1809: Historia e Literatura á lúz da lúa". 

 Puri Ameixide, profesora de lingua e literatura galegas no IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, é autora das novelas Nada se esquece (Redelibros, 2013) e Claro de Lúa (Xerais, 2018).  

 Claro de lúa transcorre no Baixo Miño a comezos do XIX, cando o paso do Miño polas tropas napoleónicas camiño do Porto, aportando unha visión desta guerra moi diferente da chamada Guerra da Independencia. 

- 13:15-13:45 horas: Actuación musical. Academia de Música Fernándes Fâo 

- 14:00 horas: Peche da mañá do sábado.  

- 18:30 horas: Apertura pola tarde. 

- 19:15 -19:45 horas: O Rosal estará representado por Praxíteles González Martínez, autor de varios libros: Embajadores de los infiernos. Historia y lenguaje de los "cabaqueiros"; Riberas del Baixo Miño; A Terra das nosas raíces; Yo también fui contrabandista en el Estuario del Miño;  Yo también emigré a la República Federal de Alemania (1960-1980),..., que fará un percorrido a través das súas obras. 

- 20:00-20:30 horas: O historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez, autor de varios traballos de investigación (emigración a América, casas de indianos, alcaldes de A Guarda, sociedades de A Guarda, sindicalismo no Baixo Miño,...) e dos libros “Galicia Puerto Rico en sintonía, La emigración guardesa a la República Dominicana (Siglos XIX y XX), “El Recreo Artístico Guardés 1939-1980”, La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928)”, “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939) e “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (3ª parte: 1939-1979). Una larga y fructífera permanencia”, Colegio PP. Somascos de A Guarda (1957-2007), El Convento de las Benedictinas de A Guarda 1559-1984Hospital Casa-Asilo de A Guarda (1918-2018), entre outros, falaranos desta vez sobre os temas históricos abordados nos seus libros. 

- 20:45-21:15 horas: Recital de poesía a cargo de Krisalida, poeta portuguesa da Ribeira do Miño. 

- 21:30 horas: Peche do evento.  

I ENCONTRO DO LIVRO LUSO-GALAICA DA RIBEIRA MINHO 

21 a 23 agosto | 15H00 às 23H00  

(Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha) 

SEXTA-FEIRA 21 AGOSTO 

15H00 – ABERTURA DA FEIRA 15H30 - 100 anos - José Correia |Aniversário de um artesão do concelho de Caminha  apresentação do vídeo do José Correia – Caminha2000  

18H00 – ABERTURA OFICIAL   [Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres] 

•    Presidente da Câmara Municipal de Caminha 

•    Alcalde do Concello de A Guarda 

•    Presidente da União de Freguesias de Caminha e Vilarelho

•   Luís Almeida, Diretor do Jornal Caminha2000  

22H00 - RECITAL DE MÚSICA | ACADEMIA DE MÚSICA FERNANDES FÃO  (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres)

- APRESENTAÇÃO DO LIVRO “PEIXES DO RIO MINHO – RECEITAS COM HISTÓRIA”, de João Guterres Moderador: Paulo Torres Bento, Historiador   

SÁBADO 22 AGOSTO  

16H00 – “O MUNDO ENCANTADO DOS LIVROS” – Hora do Conto através de um livro de Joana Estima C. da Rocha | Porta de Cena (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres) 

18H00 – Aser Álvares González – Diretor de Arraianos Producións – apresentação de Galicia Rural” - projeto documental multimédia que propõe ideias para uma reflexão sobre a realidade, os desafios e as possibilidades de futuro do mundo rural galego. (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres) 

19H00 – CORO FUSCALHEIRO, de A Guarda  (Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha)

DOMINGO 23 AGOSTO  

16H00 – Hora do conto e Workshop com a autora Liliana Geraldes Apresentação e animação do livro “Clara e a Ilha de Plástico” de Liliana Geraldes  (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres) 

17H00 – RECITAL DE POESIA DE OBRAS DE AUTORES DO CONCELHO DE CAMINHA | Krisálida  (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres)     

Ningún comentario:

Publicar un comentario