7 de out. de 2024

A GUARDA

Marta Verde Rodríguez recibiu a Medalla ao Mérito Filatélico 


Marta Verde recibe a Medalla de mans da vicesecretaria de FESOFI, María Elisa Abad Suárez (Marila)
A directora de Filatelia e Relacións Institucionais de Correos, Nuria Lera, felicitando a Marta Verde
Nieves García (Secretaria da Comisión Filatélica do Estado); Alejandra González (Secretaria Xeral Técnica do Ministerio de Transportes); Idoia Saénz, Nuria Lema (directora de Filatelia e Relacions Institucionais de Correos); Marta Verde, Rafael Crespo (Subdirector xeral de Réxime Postal); Rafael Guerra (Subsecretario do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible); e Miguel Ángel García (Presidente de Honra de FESOFI)
Marina Rodríguez, Lina Abadín, Marta Verde, Nuria Lema, María Luisa Abad e José Barros. Os asociados da Sociedade Filtélica Miño asistentes ao acto coa directora de Filatelia de Correos
Vista das persoas que asistiron a Cea de Palmarés que se celebrou nun dos salóns do Hotel Sercotel, de Valladolid


Sociedade Filatélica e Vitolfílica Miño / Redacción

 Nunha noite de emocións e recoñecemento ao esforzo e a paixón polo coleccionismo de selos, Marta Verde Rodríguez, membro da Sociedade Filatélica Miño, foi distinguida coa prestixiosa Medalla ao Mérito Filatélico 2024, por resolución do Consello da Orde civil do Mérito Postal e Medalla ao Mérito Filatélico do Ministerio de Transportes e Movilidade Sustentable, na reunión celebrada o 16 de setembro de 2024. 

 O galardón foi entregado na tradicional Cea Palmarés celebrada no marco da Exposición Filatélica Nacional (EXFILNA), que este ano tivo lugar en Valladolid o 5 de outubro.  

 A ceremonia, considerada un dos eventos máis importantes do calendario filatélico español, contou coa presenza de destacadas personalidades do mundo da filatelia, autoridades locais e representantes de diversas sociedades filatélicas. Marta Verde, cuxo nome é amplamente recoñecido no ámbito do coleccionismo, foi ovacionada pola súa incansable dedicación á filatelia e a súa inestimable contribución á promoción desta disciplina en Galicia e máis aló. 

 A Sociedade Filatélica e Vitolfílica Miño celebra o recoñecemento á nosa socia con orgullo, resaltando o seu papel como dinámica participante en actividades, exposicións e conferencias que chegaron a mozas e adultos ao apaixonante mundo dos selos. 

 “Este premio non só perténceme a min, senón a todos aqueles que comparten comigo o amor pola filatelia e a historia que encerran os selos. Este recoñecemento nunca o esquecerei e sempre lembrarei as palabras do presidente de FESOFI, José Antonio Arruego, do porqué son merecedora deste galardón. Todo isto anímame a seguir axudando e traballando moito máis para difundir o mundo do coleccionismo, a filatelia; así que, que se preparen todas e todos aos que lles dei a “turra” estes días”, expresou Marta. 

 A Exfilna 2024, que se celebrou do 2 ao 6 de outubro en Valladolid, reuniu a afeccionados e expertos do coleccionismo de selos de todo o país. Ademáis da exposición competitiva, a entrega da Medalla ao Mérito Filatélico é un dos momentos máis esperados do evento, un recoñecemento que honra non só a paixón polo coleccionismo, senón tamén o compromiso coa difusión cultural. 

 Con este galardón, Marta Verde únese a unha selecta lista de filatelistas españois que deixaron e deixan pegada neste mundo tan singular, consolidándose como unha referente na filatelia nacional.   

A GUARDA

A Guarda organiza unha xornada de eliminación da especie invasora “uña de gato”   

 Para este domingo día 13 de outubro,  ás 10:30 horas na Atalaia 




Infogauda / A Guarda 

 O departamento de Medio Ambiente do Concello de A Guarda organiza para este domingo día 13 de outubro, unha xornada de eliminación da especie invasora “uña de gato” (Carpobrotus edulis).  

 A actividade comezará ás 10:30 horas na Atalaia e terá unha duración de dúas horas. Recoméndase traer roupa axeitada á meteoroloxía e á actividade. Para inscribirse, as persoas que desexen participar poden facelo a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou a través do teléfono 676 67 48 37.  

 A uña de gato, chamada así coloquialmente, esténdese formando tapices homoxéneos que impiden o desenvolvemento das especies autóctonas e altera o ciclo de nutrientes.   

 Un aspecto curioso desta planta é o proceso coñecido como competencia polínica: produce tanto pole, que atrae e monopoliza a moitos polinizadores que deixan de desempeñar o seu rol ecolóxico coas especies autóctonas.  

O ROSAL

Música, telleiros, murgas e sabores locais na Festa do Outono do Pilar, no Rosal  

•  A praza do Calvario acollerá do 11 ao 13 de outubro unha ampla programación con homenaxe aos telleiros, concertos, contacontos, a III Feira de Produto ou o IV Memorial Irmáns Flores  

  


Infogauda / O Rosal 

 O Rosal volverá vibrar esta fin de semana cunha das súas celebracións máis emblemáticas, a Festa do Outono do Pilar. Unha cita que regresa un ano máis cunha programación especial que encherá a Praza do Calvario de cultura, tradición e sabores locais. Do 11 ao 13 de outubro, a veciñanza poderá desfrutar como cada ano dun evento que combina o produto local, coa música, actividades para toda a familia, arte e homenaxe aos cabaqueiros nun ambiente festivo e de lecer único.  

 “A Festa do Outono do Pilar non é só unha celebración, é un reflexo do noso orgullo como rosaleiros e rosaleiras e da nosa capacidade para preservar e compartir as nosas tradicións”, destacou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. A rexedora resaltou que este ano contarase “cunha programación máis diversa que nunca, pensada para todos os públicos” e convidou a veciñanza e visitantes a unirse á celebración. 

Presentación do libro ‘As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño’

 A Festa do Outono do Pilar arrancará o venres 11 de outubro coa presentación do libro ‘As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño’, unha obra do escritor e documentalista Xabier Maceiras que documenta o vínculo entre O Rosal, A Guarda e A Laracha e a súa importancia na industria artesanal de Galicia dende inicios do século XX. O libro pon de manifesto a importancia do Baixo Miño na historia das telleiras larachesas e recolle testemuños de veciños como o de José Álvarez Alonso (Pepe O Buraco), telleiro (cabaqueiro, na xerga gremial) e memoria viva da historia do Rosal. A presentación será ás 20.00 horas no Centro Social Polivalente, con entrada de balde. 

Actuación do grupo Sun Iou

 A xornada continuará coa actuación do grupo Sun Iou, unha banda galega que mestura rock, punk, pop e música raíz da terra, fusionando a gaita coas guitarras dun xeito diferencial  e reivindicando a autenticidade dun proxecto que nace para deixar pegada. O concerto, de balde, será ás 22.00 horas na Praza do Calvario, na que se habilitará unha carpa no caso de choiva.  

Feira de Produtos do Rosal

 O sábado 12 comezará coa apertura de portas ás 11.00 horas da terceira edición da Feira de Produtos do Rosal, un espazo de encontro e exposición, degustación e venda que contará coa participación de produtoras e produtores do municipio e da comarca. Na mesma carpa da Feira dos Produtos as e os visitantes poderán desfrutar da sesión vermú ás 13.00 horas a cargo do grupo SonGodin’s, que interpretará en directo con notas de guitarra, unha sutil percusión e voces moi melódicas versións de cancións pop das décadas dos 70, 80 e 90. Por outra banda, ás 12.00 horas terá lugar a misa cantada pola Coral Ecos do Folón e banda da Agrupación Musical do Rosal.  

 Pola tarde, ás 17.00 horas, o escritor Xabier Maceiras volverá ser o protagonista lendo o pregón e dando comezo á demostración do traballo dos cabaqueiros. Xa ás 18.00 horas a cativada e as súas familias poderán desfrutar de ‘Filipa cos Contos’, unha sesión contacontos moi participativa coa que se busca abrir a Festa do Outono do Pilar a todos os públicos con dinámicas e actividades para toda a familia.

IV Memorial Irmáns Flores

 A xornada rematará co cuarto Memorial Irmáns Flores, unha homenaxe aos músicos rosaleiros organizada pola asociación Gaiteiros da Xistra que contará cun encontro de murgas populares coa actuación de Silva Redonda, de Zurrumalla e de Cantigas e Frores. O acto será ás 20.00 horas na Praza do Calvario, aínda que se trasladará ao auditorio municipal do Rosal en caso de mal tempo.  

Concerto da banda de música da Agrupación Musical do Rosal

 O domingo 13, pechando a fin de semana, a banda de música da Agrupación Musical do Rosal ofrecerá un concerto ás 16.30 horas no auditorio municipal. 

Exposición colectiva de Severino e Carmen P. Ulloa

 Ademais, ao longo dos tres días da Festa do Outono do Pilar, a sala de exposicións do Concello estará aberta ao público coa exposición colectiva de Severino e Carmen P. Ulloa, unha invitación a xogar coa cor e as formas, onde a vida cotiá racha e abre para facer á e ao espectador partícipe da expresión plástica. 

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A asociación Studio 88 organiza un curso de baile latino (bachata, cumbia, merengue, salsa,...)

 Os xoves, de 19:30 a 20:30 horas, na Sociedade Os Amigos, de Camposancos




Infogauda / Camposancos

 Rosa María Martinez, secretaria da Asociacion Studio 88, da a coñecer o inminente comezo dun curso de baile latino (bachata, cumbia, merengue, salsa,...), que vai celebrarse os xoves de 19:30 a 20:30 horas, na Sociedade Os Amigos, de Camposancos.

 O curso comezará ao formarse grupo.

 Todas as persoas que se inscriban sen parella terán que formalizala na propia clase coas persoas inscritas ao curso. 

Inscricións (teléfono e WhatsApp): 606 54 06 73  

CAMINHA

Unidade Móvel de Saúde vai às freguesias mais distantes três dias por semana proporcionando cuidados aos mais velhos

 “CAMINHA - dar mais qualidade aos anos” arrancou hoje numa parceria com a ULSAM


A partir de hoje, três vezes por semana, a Unidade Móvel de Saúde vai estar nas freguesias mais distantes do concelho

Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 A partir de hoje, três vezes por semana, a Unidade Móvel de Saúde vai estar nas freguesias mais distantes do concelho: Arga (Baixo, Cima e São João), União das Freguesias de Gondar e Orbacém e Freguesia de Dem, com uma equipa multidisciplinar, pronta para um atendimento de proximidade, destinado a pessoas com 65 ou mais anos. O projeto, que começou hoje em Arga de Baixo, tem por nome “CAMINHA - Dar mais Qualidade aos Anos” e resulta de um protocolo firmado entre o Município de Caminha e a ULSAM - Unidade Local de Saúde de Viana do Castelo.

 A Câmara Municipal de Caminha acredita numa política de Saúde adaptada às pessoas e de proximidade. Assim e mediante o protocolo já estabelecido entre o Município de Caminha e a ULSAM. procedeu, a partir de hoje, à reativação da Unidade Móvel de Saúde de Caminha, com o projeto itinerante “CAMINHA – Dar mais Qualidade aos Anos”, que visa a proximidade de cuidados de saúde às populações idosas, que residem nas freguesias mais distantes.

 A Unidade Móvel de Saúde, como referimos, é composta por uma equipa multidisciplinar, que engloba profissionais de saúde e terá a sua intervenção focada na promoção de estilos de vida saudável e na promoção de uma gestão do regime terapêutico eficaz.

 O seu funcionamento é assegurado pela UCC - Unidade de Cuidados na Comunidade de Caminha, no que respeita a materiais bem como à equipa de saúde, competindo ao Município a disponibilização da viatura, a sua manutenção e a disponibilização do motorista.

 Os objetivos essenciais são melhorar a acessibilidade aos cuidados de saúde dos utentes que residem em freguesias mais distantes das unidades de saúde e efetuar uma intervenção de saúde de proximidade realizada pela equipa da Unidade de Cuidados na Comunidade de Caminha. Os horários e a rota de itinerância já estão definidos até final de dezembro.




Horário de atendimento - 09h00 - 12h30

População alvo - Pessoas com 65+ anos

Local - A Unidade Móvel de Saúde estará estacionada junto às Juntas de Freguesia

Para mais informações poderá contatar:

Unidade de Cuidados Continuados de Caminha (UCC) - 967 064 888

Câmara Municipal de Caminha - 258 710 300

TOMIÑO

Tomiño ponse en marcha coas súas ‘Andainas saudables’  

•  O Concello pon en marcha unha andaina semanal con saída do Centro de Saúde todos os xoves de 10.00 a 11.00 horas   

  A actividade, de balde, forma parte da axenda ‘Impacto saudable’ para promover o deporte e benestar entre a veciñanza  




Infogauda / Tomiño

 Camiñar non é só un exercicio, senón unha forma de conectar co corpo e a contorna e de dar os primeiros pasos cara a unha vida máis saudable. Por este motivo, o Concello de Tomiño pon en marcha as súas ‘Andainas saudables’, unha iniciativa enmarcada na programación da axenda ‘Impacto saudable’ que busca promover o deporte e os hábitos de vida sas entre toda a veciñanza, especialmente entre as persoas de idade adulta.    

 A alcaldesa, Sandra González, destacou a relevancia deste proxecto para a saúde de tomiñeses e tomiñesas, xa que “estas actividades permítennos coller novos hábitos de vida pensando no noso benestar e na nosa saúde nun ambiente enriquecedor e guiado por profesionais cualificados en cada paso do camiño”. A rexedora animou a todas as persoas a sumarse a estas camiñadas e facer da actividade física unha parte esencial das súas vidas diarias. 

 As andainas comezarán este 10 de outubro e celebraranse todos os xoves de 10.00 a 11.00 horas. As persoas interesadas en participar non deberán inscribirse previamente, soamente presentarse no punto de encontro do Centro de Saúde ás 09.45 horas. Casa sesión incluirá paseos guiados pola contorna municipal complementados con pequenos exercicios de forza, equilibrio ou estiramentos. 

 A actividade estará cofinanciada ao abeiro das axudas as entidades locais pertencentes á Rede Española de Cidades Saudables que realicen actuacións estratéxicas, innovadoras e de calidade ao abeiro da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no marco do convenio entre o Ministerio de Sanidade e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

TUI

O Mes da Biblioteca oferta actividades para todas as idades na Biblioteca Municipal 

 Contacontos para público infantil, celebración do Día das Escritoras dedicado a Emilia Rosende, e o encontro dos clubs de lectura con Rexina Veiga forman parte do programa previsto 




Infogauda / Tui

 A Biblioteca Municipal de Tui  celebra o Mes da Biblioteca cun programa de actividades para todas as idades que se desenvolverá dende este venres 11 de outubro até o 25 deste mes.  

 Así por unha banda a celebración o 24 de outubro do “Día da biblioteca” é unha ocasión que aproveita a Biblioteca Municipal de Tui para ofertar un programa de actividades para os seus usuarios e usuarias máis cativas.  

 Este programa para público infantil e familiar ábrese este venres, 11 de outubro, ás 17.30 h con “A maleta. Contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua galega” da man de contAZ, dirixido ao nenos e nenas a partir dos cinco anos de idade.  O xoves 17 ás 17.30 h será a quenda do espectáculo “Filipa cos contos” con Bandullo Azul destinado a nenos e nenas con idades entre 4 e 12 anos. 

 O xoves 24, Día da Biblioteca, ás 17.30 h Fantoches Baj presentarán o contacontos “Burromaquia” para rapaces e rapazas dende os 3 anos.  

 Por outra banda a Biblioteca súmase á celebración anual, o 16 de outubro, do “Día das escritoras” que este ano 2024 estará dedicado a autora tudense Emilia Rosende, celebrándose unha mesa redonda que contará coa presenza da propia autora.  

 Finalmente o mércores 23 de outubro os participantes nos dous Clubs de Lectura que coordina a biblioteca tudense, “María Tydeska” e “Tempo de mulleres”, manterán un encontro coa escritora Rexina Veiga sobre o seu libro “O teu perfil na miña sombra”.  

 Por último, cómpre lembrar que ata venres 25 de outubro continúa aberta ao público a mostra de gravados “A exposición secuestrada. Estampa Popular Gallega. Tui – 1968” na Sala Municipal de Exposicións.  

 A concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente Solla, lembra que o lema deste ano 2024 do “Día da Biblioteca”, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.  

 A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez máis informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.  

 Máis aló dos ODS relacionados coa Cultura e o Coñecemento aos que claramente contribúen as bibliotecas, estas institucións fomentan: a educación de calidade, a igualdade de xénero, a consolidación de institucións máis democráticas, a difusión de información veraz, a redución da pobreza, o coidado do medio ambiente...  

 Como institucións democráticas, as bibliotecas son espazos accesibles abertos á participación da cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento, de posta en marcha de novas ideas e proxectos, sendo especialmente relevantes en zonas rurais e/ou pouco poboadas.    

Programación  

Venres 11 

A maleta. Contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua galega” con contAZ Biblioteca Municipal: 17.30 horas 

Mércores 16 – Día das escritoras 

Dedicado a Emilia Rosende. Mesa redonda coa participación da propia autora. Biblioteca Municipal – 19.30 horas 

Xoves 17 

Espectáculo “Filipa cos contos” con Bandullo Azul Biblioteca Municipal – 17.30 horas Mércores 23 Encontro dos Clubs de Lectura con Rexina Veiga sobre o seu libro “O teu perfil na miña sombra” – 19.00 h. 

Xoves 24 – Día da Biblioteca 

Contacontos “Burromaquia” con Fantoches Baj Biblioteca Municipal: 17.30 horas 

Ata 25 de outubro 

“A exposición secuestrada. Estampa Popular Gallega. Tui – 1968” en Sala Municipal de Exposicións.

VALENÇA DO MINHO

Valença vai construir a “Fortaleza dos Pequeninos” 


A Câmara Municipal de Valença vai avançar com a construção do parque infantil “Fortaleza dos Pequeninos”
Foto: C.M.V. do M.

Vitor Salvador / Valença do Minho   

 A Câmara Municipal de Valença vai avançar com a construção do parque infantil “Fortaleza dos Pequeninos”, no recinto do Jardim das Amoreiras, na Fortaleza.  

 A obra foi consignada em 4 de outubro e implicará um investimento de cerca de 70 mil euros.  

 Entre os equipamentos lúdicos programados, para o espaço, destaca-se a recriação de um castelo de três torres, com rede de escalada, escorrega, ponte de passagem, barra de bombeiros e muro de escalada. O espaço contará, ainda, com um baloiço duplo de troncos, um Cadeirão do Rei e uma mola de troncos e um monóculo.  

 O parque será todo resguardado com uma “muralha” de vedação, em madeira e com uma abertura, como pórtico de entrada. Um dos elementos que se destacará na vedação serão as guaritas, com cúpulas nos baluartes da muralha vedação ao recinto. 

 A “Fortaleza dos Pequeninos” pretende ser um espaço que inspire os mais jovens a divertirem-se num centro histórico, como é a Fortaleza, em elementos lúdicos que remetem para a história, a memória e o significado do conjunto da Fortaleza de Valença. Como recordação poderão, ainda, levar uma foto com as letras “Fortaleza dos Pequeninos” tendo a Fortaleza por pano de fundo.  

 50 anos depois Valença volta a ter um parque infantil no centro histórico, precisamente no mesmo local, o Jardim das Amoreiras.  

 Para o Presidente da Câmara Municipal, José Manuel Carpinteira “este equipamento pretende dar resposta a uma carência de espaços lúdicos infantis, no interior da fortaleza e esperamos que venha a ser um espaço que encante e fique na memória das famílias valencianas e dos turistas”.

VALENÇA DO MINHO

Eurocidade debate Governação e Liderança Educativa em Portugal e Espanha 

 Na próxima quarta e quinta-feira, 9 e 10 de outubro



   

Vitor Salvador / Valença do Minho

 A Eurocidade Tui.Valença recebe o seminário “Governação e Liderança Educativa”, na próxima quarta e quinta-feira, 9 e 10 de outubro.  

 Este seminário pretende ser um espaço de reflexão e debate sobre a liderança escolar e a pedagogia inclusiva e partilhada, entendida como condição essencial para a melhoria da qualidade da educação e da governança dos sistemas educativos.  

 Esta edição dará particular relevo à promoção adequada da cultura ibero-americana, a internacionalização da educação, a governação e a liderança educativa e a transformação digital dos sistemas educativos.  

 O seminário abre dia 9 de outubro, às 15h30, no auditório da Escola Superior de Ciências Empresariais (ESCE), com a sessão de boas vindas, seguida da comunicação de abertura “Liderança Escolar: a relação entre liderança, poder e democracia”, a cargo do valenciano Professor Doutor António Sampaio da Novoa, da Universidade Nova de Lisboa.  

 Seguem-se mais duas mesas de diálogo, com especialistas portugueses e espanhóis sobre “O papel da inspeção em educação e a governação das escolas” e “Liderança partilhada. Desafios e opções”.  Dia 10 de outubro, quinta-feira, o seminário decorrerá no Hotel Alfonso I, em Tui e contará com quatro mesas de diálogo subordinadas aos temas “Liderança educativa democrática”, “Formação para a liderança escolar: capacitação para a gestão organizacional, o controlo e a responsabilização”, “Gestão e burocracia nos processos de digitalização nas escolas” e “Experiências de sucesso de liderança escolar Espanha – Portugal”.  

 A iniciativa é da Organização de Estados Ibero – Americanos para a Educação, Ciência e Cultura (OEI), da Conselleria de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e conta com a colaboração da Câmara Municipal de Valença, do Concello de Tui e do Centro de Formação do Vale do do Minho.

MOS

Xunta Local de Seguridade  

Abel Losada valora a intención de Mos de adherirse a VioGén 

O subdelegado felicita á alcaldesa pola decisión de sumarse ao Sistema Integral de Protección das Vítimas de Violencia de Xénero, que se materializará cun acto na Subdelegación o próximo xoves 

O Concello ten 34 casos activos, pero ningunha vítima con risco alto ou extremo 

Losada lamenta que o Concello perda este ano máis de 4.000 euros dos fondos do Pacto de Estado por non ter gastado os do exercicio anterior 


O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presidiu xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, a Xunta Local de Seguridade de Mos
Foto: S. de G.

Infogauda / Mos

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presidiu xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, a Xunta Local de Seguridade de Mos, na que se deu conta da inminente incorporación deste Concello á rede VioGén para a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero. A adhesión ao protocolo previo será asinada nun acto na Subdelegación do Goberno o próximo xoves. 

 O subdelegado felicitou á alcaldesa polo paso de adherirse a VioGén nunha Xunta de Seguridade na tamén tomaron parte membros da Corporación, persoal municipal, mandos da Garda Civil e da Policía Local, e a xefa da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, María José Rodríguez. Para entrar en VioGén é necesario contar cunha dotación mínima de 4 policías locais. Mos convértese, deste xeito, no 18º municipio da provincia en adherirse. 

 A incorporación de Mos implica que a Policía Local pasará a colaborar coa Garda Civil no seguimento e protección das vítimas. O corpo municipal terá a responsabilidade unicamente nos casos de risco baixo ou non apreciado que se determinen no protocolo de colaboración entre ambos corpos, unha vez asinado o convenio coa Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior. 

 Na Xunta Local deuse conta de que neste municipio hai 34 casos activos, con 12 vítimas de risco non apreciado, 20 con risco baixo e 2 con risco medio. Non hai ningunha con risco alto ou extremo. Ademais, informouse de que a Mos correspondéronlle este ano 6.173 euros do Pacto de Estado de Violencia de Xénero, pero só ingresará 2.039 euros, pois a cantidade restante foille detraída na resolución publicada polo Ministerio de Igualdade por ter deixado Mos sen xustificar máis de 4.000 euros dos asignados no exercicio anterior. O Pacto de Estado estipula que os fondos que os municipios non xustifican pasan aos remanentes que se reparten entre os que si xustifican o 100% da súa asignación. 

 Pola súa banda, a Garda Civil informou de que Mos é un “concello seguro”, como demostra o dato de que a taxa de criminalidade é de 30,31 delictos por cada mil habitantes, moi por debaixo da media nacional, que está en 39,16 euros. As estatísticas do que vai de ano apuntan, de feito, a un descenso dun 3,02% con respecto ao mesmo período do ano pasado. 

 Finalmente, deuse conta do balance do Plan Director para a Convivencia nos Centros Educativos, no que a Garda Civil ofreceu 29 charlas informativas a 1.153 alumnos e alumnas do municipio e a 89 profesores e profesoras. Dende a Subdelegación do Goberno resaltouse que estase a facer unha aposta pioneira para levar estas actividades formativas tamén ao colectivo de nais e pais. A este respecto, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra organizou xa unha xuntanza informativa con ANPA de toda a provincia e, a resultas dela, creouse un formulario específico para que estas asociacións poidan solicitar charlas do Plan Director específicas para nais e pais. A iniciativa xa está a dar resultados neste comezo do curso escolar. Abel Losada pediu ao Concello que colabore difundindo a existencia deste programa dende a Concellería de Educación e dende a propia Alcaldía.

PESCA

INTERFISH-ESPAÑA ANUNCIA A CONTINUIDADE DO RONQUEO DE PEIXE ESPADA TRAS O SEU ÉXITO EN GOURMETS E CONXEMAR    

• O espectáculo, realizado pola interprofesional pesqueira coa asistencia dos expertos de Matrice  Tuna, atraeu a atención de numerosos asistentes e autoridades, que gozaron da destreza e tradición na arte do despezamento, unha técnica que combina respecto polo produto e o compromiso coa sustentabilidade.  

• En paralelo ao éxito do ronqueo, INTERFISH -España deu conta en Vigo da súa campaña para incentivar o consumo de peixe "Coñeces os nosos Peixes Protectores?", que pon o foco nos beneficios nutricionais e na versatilidade na cociña de especies como o peixe espada, a tintorera e o marraxo, que destacan por ser unha excelente fonte de proteínas e omega-3.

   





Mar Bermúdez / Vigo

 A extraordinaria acollida do ronqueo de peixe espada nas feiras Gourmets e Conxemar levou a INTERFISH-España  a garantir a súa continuidade para futuras edicións. Este evento, que espertou un gran interese entre os visitantes e medios de comunicación, foi valorado como unha das actividades máis destacadas de ambos os salóns debido á súa espectacularidade  

 O acto contou coa asistencia de dous  profesionais de Matrice Tuna e atraeu a atención de numerosos asistentes e autoridades como o conselleiro do Mar ou o alcalde de Vigo, quen puido gozar da destreza e tradición na arte do despezamento de peixe espada, unha técnica que combina respecto polo produto e compromiso coa sustentabilidade. 

 Juan Carlos Martín Fragueiro, presidente de INTERFISH-España, destacou ante os medios que “o impacto positivo e a aceptación que tivemos en Madrid e Vigo aconséllanos  repetir este evento en futuras feiras. Para a organización é fundamental manter vivas as nosas tradicións pesqueiras e conectar ao consumidor coa calidade e sustentabilidade dos nosos produtos”. De feito, o ronqueo non só permitiu aos asistentes coñecer de preto unha práctica ancestral, senón tamén comprender a importancia de preservar os recursos mariños para as xeracións futuras. 

Campaña "Coñeces os nosos peixes protectores?” 

 En paralelo ao éxito do ronqueo, INTERFISH-España levou a Conxemar a súa campaña de incentivación ao consumo "Coñeces os nosos peixes protectores?". Esta iniciativa pon o foco nos beneficios nutricionais e na versatilidade na cociña do peixe espada, tintorera e marraxo, especies que, ademais de ser unha excelente fonte de proteínas, omega-3, vitaminas do grupo B e minerais como selenio, fósforo e magnesio, destácanse por ser opcións alcanzables economicamente para os consumidores. Estes peixes non só contribúen a manter unha boa saúde cardiovascular, fortalecer o sistema inmunológico e apoiar o funcionamento cerebral, senón que tamén ofrecen unha alternativa accesible e saudable dentro da dieta. 

 A campaña tamén subliña a importancia de prácticas pesqueiras responsables, que axudan a preservar os ecosistemas mariños. A proposta conta co firme respaldo dos socios da interprofesional pesqueira - OPP-7 Burela, OPP-8 Opromar, Orpagu, OPNAPA e Conxemar -, que comparten o compromiso de promover unha pesca sostible e alcanzable. 

 INTERFISH-España segue traballando para concienciar aos consumidores sobre a importancia de elixir produtos do mar que contan cun Plan de Mellora da Pesqueira do palangre de superficie, contribuíndo así á protección dos recursos pesqueiros para as xeracións futuras. Deste xeito, "Coñeces os nosos peixes protectores?" non só resalta os valores nutricionais destes produtos e a súa accesibilidade económica, senón tamén o seu papel crave na conservación dos océanos.


PONTEVEDRA

A Deputación e FADEAL levan esta semana as xornadas de concienciación sobre o alzheimer a Vilaboa e O Rosal 

 O obxectivo desta iniciativa, para a que a institución provincial achega 15.000 euros, é organizar sesións informativas en todos os concellos da provincia


As xornadas “Alzheimer de preto”, organizadas pola Federación Atlántica de Asociacións de Familias de Persoas con Alzhéimer e outras demencias (FADEAL) e a Deputación de Pontevedra, continúan o seu percorrido pola provincia

Foto: Rafa Estévez

Infogauda / Pontevedra

 As xornadas “Alzheimer de preto”, organizadas pola Federación Atlántica de Asociacións de Familias de Persoas con Alzhéimer e outras demencias (FADEAL) e a Deputación de Pontevedra, continúan o seu percorrido pola provincia e chegarán esta semana a Vilaboa, este martes 8 de outubro, na Casa da Cultura de Riomaior, e O Rosal, o xoves 10 no Centro Social Polivalente, en ambos casos de 16:00 a 20:00 horas. A través desta iniciativa, para a que a institución provincial achega 15.000 euros, organizaranse sesión formativas sobre esta enfermidade nos 61 concellos da provincia.  

 O obxectivo destas xornadas é que familias coidadoras, persoas diagnosticadas e a poboación en xeral poderán coñecer de preto a enfermidade, a súa evolución ou pautas para facilitar o día a día dos doentes, isto é, información, asesoramento e orientación a todas as persoas interesadas de todos os recunchos da provincia, atendendo especificamente as persoas que residen no rural. Concretamente, abordaranse os primeiros pasos tralo diagnóstico desta ou outras enfermidades neurodexenerativas, darase orientación sobre recursos asistenciais e sanitarios, tratamentos farmacolóxicos e non farmacolóxicos, así como facilitaranse novidades en canto a investigación, pautas para o manexo no fogar ou fóra del, ou tramitación documental e asesoramento legal.  

 O proxecto financiado pola Deputación será xestionado a través das entidades asociadas da federación, que serán as encargadas de realizar as sesións informativas ao longo da provincia: a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Pontevedra (AFAPO), a Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras demencias da Comarca do Morrazo (AFAMO), a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA) e a Asociación de Familiares de Enfermos con Alzhéimer (AFASAL).

OPINIÓN

Palestina. Un año de genocidio, 76 años de ocupación  




 Josep Lluís del Alcázar*

 Un año después del 7 de octubre, Israel sigue con el genocidio en Gaza, con más de 42.000 muertos y cerca de 100.000 heridos, más miles de desaparecidos bajo los escombros. Endurece la ofensiva en Cisjordania con cientos de muertos y miles de detenidos/as. Ahora ataca a Líbano con cerca de 2000 muertos (más que en la guerra del 2006) y 10.000 heridos. Ha bombardeado Siria y amenaza con extender la guerra a Irán. En una huida hacia delante Netanyahu pretende una mayor implicación de EEUU y de otros imperialismos europeos, que son imprescindibles para su ofensiva global en la región.   

 En Líbano, los bombardeos efectuados con aviones F-35 facilitados por EEUU, fueron precedidos por los ataques terroristas cuando cientos de “buscapersonas” y al día siguiente “walkie-talkies”, se hicieron estallar simultáneamente en diferentes zonas del Líbano, matando a 46 personas e hiriendo a más de 3.000. Netanyahu tenía necesidad de presentar un “éxito” después de que no puede ocultar el fracaso de la operación en Gaza respecto a los tres objetivos fijados: ni han liberado a los rehenes, ni controla a Gaza ni se ha eliminado a Hamás y la resistencia palestina. 

 Sabe que continuar el genocidio y extender el conflicto es sinónimo de continuar en el gobierno de la extrema derecha sionista. A su vez los tambores de guerra le permiten prohibir nuevas manifestaciones y acallar las voces que exigen su dimisión y un acuerdo para el alto el fuego que permitiera liberar a los rehenes. A la crisis política cabe añadir que más de medio millón de israelíes han abandonado el país y una grave crisis económica. La política es seguir desangrando a Gaza, donde ha lanzado más bombas que EEUU en la invasión de Irak y acelerar en Cisjordania la expulsión de palestinos de sus tierras y casas para darlas a los colonos. El estado sionista arma y da carta blanca a los colonos para cometer violencia y asesinatos de palestinos. La expansión, ocupando más territorio, y la limpieza étnica se profundizan, impulsando su proyecto del Gran Israel. 

 El ministro de educación de Israel lo decía claro: “no hay diferencia entre Hezbollah y Líbano. Líbano será aniquilado. Dejará de existir”. La destrucción en el sur del Líbano es brutal, siguiendo el patrón de Gaza. Cientos de miles de personas han tenido que huir hacia el norte, mientras los sirios (más de 1,5 millones) que tuvieron que huir y ya vivían en condiciones durísimas en Líbano están presionados para que regresen a Siria. 

 Pero al igual que –pese a su absoluta superioridad tecnológica y militar- no ha logrado el control de Gaza, la resistencia en Líbano también está provocando muertes en las tropas invasoras. Mientras, las tropas de la ONU con soldados españoles incluidas, que por los acuerdos de 2006 deberían impedir acciones militares en el sur del Líbano, se esconden en sus cuarteles para dejar operar al ejército sionista. Y, por último, el gobierno israelí declara persona non grata al secretario general de Naciones Unidas Todo ello deja en evidencia el carácter agresivo y fascista del sionismo, y el gobierno de Netanyahu.

 ¿Cómo es posible tanta prepotencia e impunidad del estado de Israel? Israel no es sólo el proyecto racista del sionismo, es un proyecto estratégico del imperialismo mundial. Un enclave imperialista en un sitio vital para el control de una zona de grandes recursos energéticos. Un portaaviones imperialista contra los pueblos de Oriente Medio. Como decía Biden "si no existiera debería inventarse". Israel se sabe imprescindible. Y son estas potencias las que han subordinado los regímenes árabes (desde Egipto y Jordania a Marruecos), al proyecto imperialista, al estado de Israel. Sin esa complicidad imperialista y los recursos que le destinan el estado de Israel sería inviable. 

 Caen todas las caretas. EEUU deja de lado las falsas palabras de paz, para anunciar que apoya el ataque de Israel al Líbano y una eventual respuesta conjunta (posiblemente con algún otro estado europeo) contra Irán. Aprueban una nueva ayuda militar en Israel de 8.700 millones de dólares, incrementando las tropas en la región, los buques de guerra y aviones de combate. La Unión Europea, con Alemania a la cabeza (que vende el 30% del armamento que importa Israel) son cómplices del genocidio sionista. Y en Alemania, Francia o Reino Unido se reprimen las masivas manifestaciones de solidaridad con el pueblo palestino. 

 El gobierno Sánchez-Díaz se escandaliza de lo que está pasando, pero ni corta el comercio de armamento con Israel, ni rompe relaciones. Limitarse al reconocimiento que hizo del estado palestino, con la supuesta defensa de ambos estados, es en esta situación complicidad con Israel. Lo mismo denunciamos del gobierno de la Generalitat que mantiene una oficina en Tel Aviv con un impulso preferencial de las relaciones comerciales. 

 No hay otro camino que fortalecer la solidaridad. Todo el apoyo a la resistencia del pueblo palestino y ahora libanés. Las movilizaciones han llenado las calles de todo el mundo. También en EEUU con las importantes movilizaciones de la juventud estudiantil, también de judíos no sionistas, con concentraciones de protesta en las convenciones demócratas. Los pueblos se identifican con el pueblo palestino como símbolo de lucha contra la opresión imperialista. Hay que hacer tambalear el entramado de complicidad imperialista, aislar al régimen sionista, exigir a todos los niveles -desde las administraciones locales, universidades, gobiernos autonómicos y centrales- el boicot y la ruptura de toda relación con el régimen y las empresas de Israel. Por eso fue tan importante la resolución que consiguieron los y las universitarias en las acampadas, especialmente de la Universidad de Barcelona. 

* Miembro de Lucha Internacionalista