Marta Verde Rodríguez recibiu a Medalla ao Mérito Filatélico
Nunha noite de emocións e recoñecemento ao esforzo e a paixón polo coleccionismo de selos, Marta Verde Rodríguez, membro da Sociedade Filatélica Miño, foi distinguida coa prestixiosa Medalla ao Mérito Filatélico 2024, por resolución do Consello da Orde civil do Mérito Postal e Medalla ao Mérito Filatélico do Ministerio de Transportes e Movilidade Sustentable, na reunión celebrada o 16 de setembro de 2024.
O galardón foi entregado na tradicional Cea Palmarés celebrada no marco da Exposición Filatélica Nacional (EXFILNA), que este ano tivo lugar en Valladolid o 5 de outubro.
A ceremonia, considerada un dos eventos máis importantes do calendario filatélico español, contou coa presenza de destacadas personalidades do mundo da filatelia, autoridades locais e representantes de diversas sociedades filatélicas. Marta Verde, cuxo nome é amplamente recoñecido no ámbito do coleccionismo, foi ovacionada pola súa incansable dedicación á filatelia e a súa inestimable contribución á promoción desta disciplina en Galicia e máis aló.
A Sociedade Filatélica e Vitolfílica Miño celebra o recoñecemento á nosa socia con orgullo, resaltando o seu papel como dinámica participante en actividades, exposicións e conferencias que chegaron a mozas e adultos ao apaixonante mundo dos selos.
“Este premio non só perténceme a min, senón a todos aqueles que comparten comigo o amor pola filatelia e a historia que encerran os selos. Este recoñecemento nunca o esquecerei e sempre lembrarei as palabras do presidente de FESOFI, José Antonio Arruego, do porqué son merecedora deste galardón. Todo isto anímame a seguir axudando e traballando moito máis para difundir o mundo do coleccionismo, a filatelia; así que, que se preparen todas e todos aos que lles dei a “turra” estes días”, expresou Marta.
A Exfilna 2024, que se celebrou do 2 ao 6 de outubro en Valladolid, reuniu a afeccionados e expertos do coleccionismo de selos de todo o país. Ademáis da exposición competitiva, a entrega da Medalla ao Mérito Filatélico é un dos momentos máis esperados do evento, un recoñecemento que honra non só a paixón polo coleccionismo, senón tamén o compromiso coa difusión cultural.
Con este galardón, Marta Verde únese a unha selecta lista de filatelistas españois que deixaron e deixan pegada neste mundo tan singular, consolidándose como unha referente na filatelia nacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario