7 de out. de 2024

A GUARDA

A Guarda organiza unha xornada de eliminación da especie invasora “uña de gato”   

 Para este domingo día 13 de outubro,  ás 10:30 horas na Atalaia 




Infogauda / A Guarda 

 O departamento de Medio Ambiente do Concello de A Guarda organiza para este domingo día 13 de outubro, unha xornada de eliminación da especie invasora “uña de gato” (Carpobrotus edulis).  

 A actividade comezará ás 10:30 horas na Atalaia e terá unha duración de dúas horas. Recoméndase traer roupa axeitada á meteoroloxía e á actividade. Para inscribirse, as persoas que desexen participar poden facelo a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou a través do teléfono 676 67 48 37.  

 A uña de gato, chamada así coloquialmente, esténdese formando tapices homoxéneos que impiden o desenvolvemento das especies autóctonas e altera o ciclo de nutrientes.   

 Un aspecto curioso desta planta é o proceso coñecido como competencia polínica: produce tanto pole, que atrae e monopoliza a moitos polinizadores que deixan de desempeñar o seu rol ecolóxico coas especies autóctonas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario